A tuberculose

Que é a tuberculose?

A tuberculose é causada por Mycobacterium tuberculose, unha bacteria que case sempre afecta aos pulmóns. A afección é curable e pódese previr. A infección transmítese de persoa a persoa a través do aire. Cando un enfermo de tuberculose pulmonar tose, espirra ou chuspe, expulsa bacilos tuberculosos ao aire. Abonda con que unha persoa inhale uns poucos bacilos para quedar infectada.

 

A tuberculose: un problema mundial en aumento

  • A tuberculose é a segunda causa mundial de mortalidade, despois da sida, a nivel mundial, causada por un axente infeccioso.
  • En 2013, 9 millóns de persoas enfermaron de tuberculose e 1,5 millóns morreron por esta enfermidade.
  • Máis do 95% das mortes por tuberculose aconteceron en países de ingresos baixos e medianos, e esta enfermidade é unha das cinco causas principais de morte nas mulleres entre os 15 e os 44 anos.
  • A tuberculose é a causa principal de morte das persoas infectadas polo VIH, pois causa unha cuarta parte das defuncións neste grupo.
  • A taxa de mortalidade por tuberculose diminuíu un 45% entre 1990 e 2013.
  • Calcúlase que entre 2000 e 2013 se salvaron 37 millóns de vidas mediante o diagnóstico e o tratamento da tuberculose.
  • En España, cada ano hai preto de 10.000 casos e a metade son altamente contaxiosos

    Na miña opinión temos moita sorte de estar tan avanzados en medicina, antigamente era unha enfermidade cun grande índice de mortalidade

Fontes:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Aaron Martínez

     

    Tags: ,