Máis información, menos riscos…

O tema da saúde está directamente relacionado cos nosos hábitos de vida, estes inflúen directamente nos tres aspectos que definen o noso benestar: o físico, o mental e o social…

No caso do consumo de drogas (tanto legais como ilegais), ten especial importancia o noso comportamento e as decisións que tomamos en cada momento.

Moitos organismos oficiais lanzan cada ano campañas en contra do consumo, canta máis información teñamos dos seus efectos, mellor preparados estaremos para dicir non ao consumo.

Neste caso propóñovos dous enlaces cun toque de humor para un problema moi serio…, o importante é que nos faga pensar… ese é o obxectivo.

O primeiro é unha curta feita en Alemania sobre os efectos das 10 drogas máis coñecidas, neste caso nun condutor.


O segundo, máis impactante aínda, mostra o enganoso que resulta o efecto do alcohol. Cando a xente abusa desta droga os efectos non son o que parece…


Trátase dun vídeo interactivo encargada á axencia Bocca de Copenhagen.

Coñecedes algunha campaña máis deste tipo?. Pensades que son efectivas…?

 

Tags: ,