A hepatite C, un problema moi preto de nós.

A hepatite C é unha enfermidade que afecta ao fígado causada polo virus do mesmo nome, que pode causar unha infección tanto aguda como crónica, cuxa gravidade varía dende un simple dor leve ate unha enfermidade grave de por vida. O virus da hepatite C transmítese a través do sangue. En todo o mundo hai entre 130 e 150 millóns de persoas infectadas, e morren entre 300.000 e 500.00 persoas ao ano por enfermidades relacionadas coa hepatite C.

O tratamento habitual para a hepatite C é unha combinación de terapia antivírica con interferón e ribavirina, eficaz contra todos os xenotipos de virus da hepatite, grazas ao traballo dos científicos deron lugar ao desenvolvemento de novos fármacos antivíricos contra a hepatite C moito máis eficaces, seguros e mellor tolerados que as terapias precedentes. Eses fármacos, coñecidos como axentes antivíricos orais de acción directa simplifican o tratamento da hepatite C, dado que reducen considerablemente as necesidades de seguimento e aumentan as taxas de curación. Aínda que os custos de produción destes axentes antivíricos son baixos, os prezos inicialmente fixados polos fabricantes son moi elevados e, probablemente, dificultarán o acceso, mesmo en países de ingresos altos. En países desenvolvidos como EEUU ou España o custo destes tratamento oscila entre 25.000 e 75.000 euros mentres que en paises como India o custo deste tratamento e moito menor, isto débese a que o custo de fabricación deste tratamento é moi baixo polo que a farmaceutica que ten a patente gaña de todas formas incluso baixando o prezo en paises subdesenvolvidos.

Dende o meu punto de vista pareceme algo totalmente inadmisible que a saúde de miles de persoas esté nas mans dunha farmaceútica que o único obxetivo que ten e enriquecerse a costa de persoas que están enfermas e en moitos casos precisan o tratamento para seguir vivindo. Eu creo que a solución sería nacionalizar a patente deste tratamento, xa que a constitución española permite este tipo de accións en casos nos que está en xogo a vida de miles de persoas. E non creo que o ministerio de saúde esté adoptando unha postura adecuada intentando negociar o precio deste tratamento, xa que mentres negocian o precio, moitas persoas en España están morrendo a causa desta enfermidade.

imagen

foto de anticapitalistes.net

Fonte de información:

www.who.int/mediacentre/factsheets/fs164/es : Páxina oficial da OMS

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Lois Gómez

 

Tags: , ,