Os transplantes
Un transplante é a substitución dun órgano ou tecido danado dun individuo por outro que funcione correctamente, é moi importante a existencia de doadores, sen eles non habería transplantes.
O que levou aos médicos a desenvolver a técnica cirúrxica dos transplantes foi a necesidade de prolongar os anos de vida en pacientes con órganos danados. A época científica dos trasplantes foi no século XX e na segunda metade foi cando se desenvolveu os medicamentos para evitar os rexeitamentos.
O rexeitamento prodúcese cando o organismo non recoñece como propio un órgano implantado, para evitar este rexeitamento utilízanse os fármacos inmunosupresores. Estes fármacos suprimen a resposta inmunolóxica a un estímulo antíxeno interno ou externo.
Poden recibir un transplante calquera persoa que teña un órgano danado e non se poida curar de outra forma. Isto lle evitaría a morte ou lle daría unha mellor calidade de vida.
Tipos de transplante:
- Autotransplante: é o tecido reimplantado no propio individuo, dunha parte sa a outra danada.
- Isotransplante: é o transplante realizado entre individuos xeneticamente iguales como é o caso de xemelgos.
- Alotransplante: é o transplante realizado entre individuos dunha mesma especie pero con diferente constitución xenética.
- Xentransplante: é o transplante realizado entre individuos de diferentes especies.
España encontrase como un dos países con máis transplantes realizados que están rexidos pola ley dos trasplantes.Esto é unha boa nova porque quere dicir que nos encontramos como un dos países máis solidarios.
Fontes de información e imaxes
http://www.iqb.es/farmacologia/notas/inmunosupresores.htm
www.ont.es. Páxina web adicada a ofrecer a información necesaria para a xente interesada nos transplantes. Elaborada pola organización nacional de transplantes. http://www.ont.es/informacion/Paginas/Trasplante.aspx
www.aplenopulmon.org. Páxina web educativa de ciencias naturais. Elaborada pola asociación “A pleno pulmón´´. http://www.aplenopulmon.org/tipos-de-trasplante.html
A imaxe é de casiano.com
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Noelia Pena