Os antiobióticos

 Denomínase antibiótico (do grego, anti, ‘contra’; bios, ‘vida’), a calquera composto químico utilizado para eliminar ou inhibir o crecemento de organismos infecciosos. Unha propiedade común a todos os antibióticos é a toxicidade selectiva: a toxicidade cara aos organismos invasores é superior á toxicidade fronte aos animais ou seres humanos. A penicilina é o antibiótico máis coñecido, e foi empregado para tratar múltiples enfermidades infecciosas, como a sífilis, a gonorrea, o tétanos ou a escarlatina. A estreptomicina é outro antibiótico que se emprega no tratamento da tuberculosis. Nun principio, o término antibiótico só se empregaba para referirse aos compostos orgánicos producidos por bacterias ou hongos que resultaban tóxicos para outros microorganismos. Na actualidade tamén se emprega para denominar compostos sintéticos ou semisintéticos. A principal categoría de antibióticos son os antibacterianos, pero inclúense os fármacos antipalúdicos, antivirales e antiprotozoos.

Así mesmo, todos os antibióticos poden producir algún efecto secundario: náuseas, diarrea e dor de estómago, son os máis comúns. Algunhas persoas poden desenvolver unha reacción alérxica leve en forma de erupción cutánea e picor, ou grave en forma de dificultade respiratoria. Algúns antibióticos destrúen bacterias que viven no noso organismo e que son útiles para algúns dos seus procesos e estas bacterias “boas” son reemplazadas por outras que causan diarrea ou facilitan unha infección por hongos.

O máis problemático é a resistencia dunha bacteria a un antibiótico que antes era efectivo. É máis probable que a resistencia desenvólvase tras un tratamento antibiótico prolongado ou polo emprego de antibióticos que destrúen a unha gran variedade de bacterias. A resistencia bacteriana aos antibióticos é un problema en aumento e existe certa preocupación de que nun futuro algunhas infeccións non poidan ser tratadas cos antibióticos actuais porque estes xa non serán eficaces contra ela. Esta resistencia está causada polo uso indiscriminado de antibióticos, en especial para o tratamento das infeccións víricas comúns como o resfriado ou a gripe e outras infeccións das vías aéreas.

Na miña opinión, os antiobióticos son un gran descubrimento que nos axudan a combatir infeccións causadas por bacterias, pero sempre que fagamos un bo e razonado uso deles.

imagen

Imaxe sacada da Biquipedia (Wikipedia en aragonés).

http://an.wikipedia.org/wiki/Antibiotico

Fontes:

 http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29701428/salud/anti.htm->Portal educativo da Xunta de Andalucía.

 http://www.medicina21.com/doc.php?apartat=Paciente&id=775 -> Artigo do Dr. Salvador Giménez que está nunha web chamada “Medicina21″ de divulgación da ciencia e da medicina.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Laura Fernández

 

Tags: