Os transxénicos.

Un transxénico é un organismo vivo que é creado artificialmente manipulando os seus xenes. As técnicas de enxeñaría xenética consisten en illar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e mesmo humano) para introducilos no material hereditario doutro. A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Estes produtos, desataron unha gran polémica a partir dos 90, cando se comezaron a comercializar. Cultivando sobre todo millo, soia, colza e algodón causaron debate con persoas a favor e tamén, en contra.

Dunha banda, están demostrados os beneficios que achegan ao ser produtos moito máis resistentes ás pragas que afectan as colleitas, aos herbicidas e aos fenómenos climáticos. Ademais, cos transxénicos facilítanse os labores de cultivo e recolección. Pero, son estas razóns suficientes para estar a favor?

Os seus opositores ven neles un perigo medioambiental e consideran o seu consumo un risco para a seguridade alimentaria. E é que, o incremento do uso de tóxicos na agricultura produce contaminación xenética; contaminación do chan; perda de biodiversidade; desenvolvemento de resistencias en insectos e ”malas herbas” de efectos non desexados noutros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles. Ademais alterar a xenética dun alimento pode supor a aparición de axentes novos que xeren intolerancia ou algunha clase de alerxia alimentaria.

Algúns organismos preocúpanse por analizar esta clase de alimentos. Greenpeace, ONG dedicada ao coidado do medio ambiente, preocúpase, non só por preservar a natureza, senón pola saúde e advirte dos problemas que poden xurdir se se usan transxénicos. (Lista de alimentos transxénicos da web de greenpeace: http://www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/transgenicos/Guia_Roja_Verde_Alimentos_Transgenicos_Actualizada.pdf )

Na miña opinión penso que os alimentos transxénicos poden ser sustituídos por outro tipo de produtos, como a agricultura ecolóxica, moito máis segura e que demostra cada día que poden prover suficiente alimento, aumentar a seguridade alimentaria e xerar mellor calidade de vida a agricultores e consumidores.

imagen

(Fotografía da páxina web  http://medioambientum.com/)

Fontes:

-Documento de Greenpeace sobre os transxénicos: 

http://www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/transgenicos/que-sabes-de-los-transgenicos-2.pdf 

-Páxina de Greenpeace:

 http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/

-Páxina web sobre ciencia e foro de debate Bionet:

http://www.bionetonline.org/castellano/content/ff_eth.htm

-Páxina sobre agricultura ecolóxica:

http://www.agricultura-ecologica.com/index.php/Articulos-agricultura-y-alimentos-ecologicos/las-13-razones-demeter-contra-los-transgenicos.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Ana Martínez

 

Tags: ,