Millo transxénico
O millo transxénico é millo modificado xenéticamente mediante técnicas de inxenería xenética, coas que lle agregaron xenes de organismos distantes a él. As dúas características máis comúns nos millos transxénicos actuais son: a tolerancia a herbicidas e a resistencia a insectos.
Fonte da imaxe: http://www.huercasa.com/2014/04/03/maiz-transgenico-huercasa-dice-no/
A maior desventaxa do millo Bt (plantas que teñen un xen bacteriano Bt que fai que a planta produza unha toxina insecticida) é a incertidume do seu efecto a longo prazo sobre o ambiente e a saúde humana, que son as mesmas preocupacións expresadas sobre outros alimentos xenéticamente modificados. Aínda que o millo Bt non é nada novo, algunhas persoas aínda sosteñen que pode ter efectos negativos na saúde. A idea é que se o millo Bt pode matar insectos que o comen, talvez poida tamén danar ao consumidor humano.
Outra preocupación aínda máis válida é cómo o millo Bt afecta ao ambiente. A maioría dos insectos barrenadores e outras pragas que comen o millo, morren. Sen embargo, algúns non. Aqueles que sobreviven probablemente desenrrolaron resistencia ás potentes proteínas e tal resistencia herdarase ás súas crías.
Así mesmo, unha das vantaxes do millo transxénico é que permite aos seus cultivadores reducir a aplicación de pesticidas sen as perdas correspondeentes en colleita e ingresos. Cando as pragas atacan ós cultivos de millo, cómense o millo Bt, certas proteínas únense aos estómagos dos insectos e failles un burato. A praga morre de fame. Isto é unha vantaxe xa que se as prantas do millo poden defenderse sóas dos invasores, existe menos necesidade de que os agricultores gasten diñeiro e tempo na aplicación de pesticidas. Menos cantidade de pesticidas son mellores para o ambiente xa que significa menos contaminantes que afectan as áreas circundantes e fontes de auga.
Na miña opinión, os organismos transxénicos provocan efectos non desexados tanto para os consumidores (producción de alerxías ou resistencia a antiobióticos ) como para a relación de estes organismos con outras especies do seu medio ambiente (morte de insectos ou contaminación pola polinización doutras especies nativas de millo.)
Fontes de información:
- http://www.ecoosfera.com/2010/07/el-maiz-transgenico-%C2%BFque-es-%C2%BFcuales-son-sus-consecuencias/ ->Artigo da revista dixital Ecoosfera, de autor anónimo, con información sobre o millo transxénico e as súas consecuencias.
- http://www.ehowenespanol.com/maiz-transgenico-ventajas-desventajas-lista_539237/ -> Artigo dunha revista dixital escrito por Laura Elise que nos informa sobre as ventaxas e desventaxas do millo transxénico.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Laura Fernández
Tags: Inxeñería xenética, transxénico