Sistema sanitario en Brasil.
O goberno brasileiro conseguiu establecer un sistema de sanidade pública no ano 1988 coñecido como Sistema Único de Saúde (SUS). Até ese ano só a xente que tiña emprego podía permitirse un seguro médico polo que moita xente quedaba fóra do sistema sanitario e non podía acceder a el.
O sistema sanitario actual neste país ofrece un amplo conxunto de servizos e atencións sanitarias gratuitas ao cal calquera persoa pode acceder, incluso residentes extranxeiros cunha situación legalizada. Este é financiado por numerosos subsistemas gubernamentales. Porén, a pesar das numerosas fontes que financian a sanidade pública neste país, o presuposto é insuficiente para cubrir os gastos crecentes. Esta situación da lugar a unhas malas condicións en hospitais e no equipo médico, a escasez e as longas listas de espera para ciruxía e outros servizos. Por este motivo, a atención de saúde pública é empregada principalmente pola parte máis pobre da poboación, mentres que todos os que poden permitirse un seguro privado opta por el.
A parte da sanidade en Brasil que é privada, é excelente. As tres cuartas partes dos hospitais son privados cunha calidade asistencial moi boa, pero hai que contratar un seguro porque o coste é caro.
A calidade dos sistemas sanitarios varía dunha rexión a outra e nas cidades máis pequenas hai escasez de médicos e hospitais. Mentres que no país se ofrece un sistema público de saúde, a súa cobertura non é amplia e a calidade e a rapidez na atención da saúde pública non é tan boa comao servizo ofrecido na atención de saúde privada.
As enfermidades máis comúns no Brasil son a febre amarela, o dengue e a malaria, e tamén ten a terceira tasa máis alta de infección por VIH/SIDA no mundo e o sangue contaminado considérase que é nunha gran parte a resposable da rápida propagación da enfermidade.
A poboación total do país é de aproximadamente 200.362.000 habitantes e hai tan só un médico por cada 500 persoas. O gasto total en saúde por cada unha delas é de 1.109 dólares internacionales.
En canto as farmacias existe unha extensa rede por todo o país cun total de 65.000 e a maioría abren as 24 horas do día e a maioría dos medicamentos poden mercarse sen receita. Estos son baratos e ademais dispoñen de xenéricos cun precio máis baixo.
Eu considero que Brasil está todavía a desenvolverse neste campo. Polo momento é un claro exemplo de que os pobres non teñen a mesma sanidade que os ricos. A xente que move cartos é a que ten unha maior calidade de asistencia sanitaria, e penso que é un dereito que ten que ser de boa calidade e, por suposto, igual para toda a poboación.
Fontes de información:
Páxina da OMS (Organización Mundial da Saúde)
Blogue con información sobre ofertas de traballo en Brasil: Trabajo en Brasil.org
Paxina con información sobre diferentes centros de estudo no mundo: studylands.com.guía-países
Páxina con información sobre ao que está exposto un turista internacional: Viajarseguro.org
Imaxes:
A primeira imaxe procede de darkbrownhairs.org.
A segunda imaxe procede do periódico dixital “La red 21″.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Sara Gándara
Tags: Brasil., sanidade., Saúde, sistema sanitario