A esquizofrenia
É unha enfermidade mental grave. Trátase de un desorden cerebral que deteriora a capacidade das persoas en moi diversos aspectos psicolóxicos como o pensamento, a percepción, as emocións ou a vontade, isto é , perda de contacto coa realidade (psicoses), alucinacións, delirios (crenzas falsas), pensamento anormal e alteración do funcionamento social e laboral. Etimoloxicamente significa «mente escindida». Con este término, quérese subliñar as alteracións no pensamento que presentan estes pacientes.
Imaxe de meedicina
Tipos de esquizofrenia:
- Esquizofrenia paranoica: É o subtipo máis frecuente. Predominan as ideas delirantes de persecución ou de prexuízo doutras persoas cara ó paciente.
- Esquizofrenia hebefrénica: Nela predominan as alteracións nas emocións. Son características as manifestacións do que se denomina «incongruencia» emocional; por exemplo, o paciente ri sen motivo aparente. O seu comezo é máis precoz cá anterior e máis grave.
- Esquizofrenia catatónica: Caracterízase por alteracións motoras, xeralmente inmobilidade persistente, aínda pode alternar con crises de axitación, ou pode presentar movementos repetitivos. Soe responder mellor ó tratamento.
- Esquizofrenia indiferenciada: Cando unha esquizofrenia non reúne os criterios dos subtipos anteriores ou presenta varios deles chámase indiferenciada.
Causas:
- Alteracións precoces do desenvolvemento do cerebro.
- Predisposición xenética.
- Alteracións en sustancias do cerebro.
- Infeccións do embarazo e complicacións do parto.
Tratamento:
-Medicación:
- Antipsicóticos de larga duración
(administración mensual, quincenal). - Antipsicóticos de toma diaria
- Outro tipo de medicación
-Psicoterapia:
- Rehabilitación
- Psicoterapia
- Psicoterapia individual
- Terapia cognitivo-conductual
- Educación familiar
Síntomas:
- Delirios.
- Alucinacións.
- Trastornos do pensamento.
- Alteración da sensación sobre si mesmo.
- Deterioro das emocións.
- Illamento.
Historia clínica de esquizofrenia:
Opinión:
Polo que entendo, a persoa perde contacto coa realidade. As cousas vólvense confusas e teñen alucinacións auditivas e a veces tamén visuais. Eles ás veces teñen patróns de linguaxe desorganizado e resmungan en lugar de dicir as palabras correctamente como ti e como eu. Teñen ansiedade social grave e disfunción social. O triste é que unha gran cantidade de persoas sen fogar sofren de esquizofrenia, pero a xente simplemente os descarta como tolos. Pero as persoas necesitan comprender esta enfermidade. Esas persoas necesitan intervención médica, e non a reciben porque ninguén as crée.
Bibliografía
www.dmedicina.com : É unha web de diario médico, ambas propiedade de El Mundo®. É unha web de saúde que ten un recopilatoria de enfermidades e información sobre elas, así como tratamentos, síntomas, etc.
www.esquizofrenia24×7.com : Web publicada por Jassen® adicada enteiramente á esquizofrenia. Janssen® pertence ó grupo Jonhson&Jonhson®.
www.nlm.nih.gov : É a versión web traducida ó español da biblioteca nacional de saúde de EE.UU. É considerada a biblioteca médica máis grande do mundo.
www.guiasalud.es Páxina amparada polo goberno de España. É a guía de práctica clínica (PNC) incluída no sistema nacional de saúde (SNS)
www.cat-barcelona.com : CAT, son as siglas de centro de asistencia terapéutica. Está especializado no tratamento de adicións e problemas psíquicos. Está situado en Barcelona.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez
Tags: enfermidade mental, Esquizofrenia