Cultivos transxénicos no medio ambiente.

Os cultivos transxénicos son cultivos modificados xeneticamente.

Tanto os cultivos de especies silvestres emparentadas ou da mesma especie que os transxénicos poden ser contaminados xeneticamente por eles. Isto se produce porque os transxénicos non se poden controlar unha vez se soltan á natureza e esta contaminación é irreversible e impredecible. Isto presenta numerosos efectos:

imagen   imagen

 -Efectos descoñecidos o impredecibles:

O coñecemento científico sobre o funcionamento dos xens é aínda moi limitado e as técnicas actuais de enxeñería xenética non permiten controlar os efectos da introdución de xens extraños no ADN dun organismo. A enxeñería xenética que se aplica na creación dos cultivos transxénicos parte co feito de que os xens teñen unha función en sí mesmos, sen ter en conta ningún outro factor interno ou externo ao organismo. A predición do comportamento dos novos xens introducidos nos ecosistemas complexos faise imposible.

 

-Contaminación do solo.
As plantas Bt (os maíces cuxo cultivo é tolerado xeneticamente polo Goberno en España) producen unha toxina insecticida chamada Bt, que se acumula no solo.

-Desaparición de biodiversidade.
A contaminación xenética afecta negativamente a variedades e especies cultivadas tradicionalmente. A flora e a fauna tamén se ve afectada polo aumento do uso de productos químicos.

-O incremento do uso de pesticidas aumenta a contaminación química e crea resistencias.
Os agricultores emplean unha maior cantidade de agrotóxicos para acabar coas “malas herbas” por ser tolerantes a herbicidas. Por isto estanse a empregar moitos máis pesticidas nos cultivos trnasxénicos e coa aparición de resistencias nos cultivos necesítanse pesticidas cada vez máis fortes.
No solo, nas aguas e nos alimentos  cada vez está máis presente o glifosato
(o herbicida asociado á soia transxénica RR de Monsanto) .
Nas plantas Bt, non se verificou unha redución do uso de agroquímicos. Pola contra, apareceron plagas resistentes ao Bt, pois os organismos atacados polas toxinas das plantas Bt vólvense resistentes a esta toxina perdendo a súa eficacia.

Eu estou a favor da eliminación do uso dos transxénicos e apoio a Greenpeace pero por outro lado as empresas perderían diñeiro e é algo que no lles interesa pois perderían moitos cultivos que serían danados por malas herbas e ademais a xente cando merca produtos fíxase moito no aspecto e na homoxeneidade entre eles.

   Fontes de información:

- Páxina oficial de greenpeace (organización ecoloxista mundial contra as acción que deterioran o medio ambiente) : www.greenpeace.org

Imaxe procedente de www.necesitodetodos.org

Imaxe procedente de www.unmundodebrotes.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Sara Gandara

 

Tags: , ,