Malaria
¿Que é?
A malaria, é unha enfermidade parasitaria causada polas diversas especies de protozoos que se transmiten pola picadura dos mosquitos femia do xénero Anopheles. A malaria mata máis de 1 millón de persoas o ano, unha taxa só comparable á da SIDA. Producense dende 200 a 300 millons de casos nun ano en todo o mundo.
¿Como se transmite?
O mosquito e un dos métodos máis comúns dá transmisión dá malaria. Sen embargo, debido a que o parasito dá malaria está presente nos glóbulos vermellos, pode tamén ser transmitido durante o parto, a través dás transfusións de sangue, transplantes de órganos ou mediante o intercambio de agullas.
Vacinas:
A vacina contra a malaria considerouse durante moitos anos o grial dá ciencia médica. A dificultade principal débese a que se trata dunha vacina que se dirixe contra un parásito extremadamente complexo e que cambia constantemente. Por isto, estar ás portas de poder dispoñer dunha primeira vacina contra a malaria constitúe un gran paso para a ciencia e para a loita contra a malaria. Tras máis de 30 anos de esforzos colectivos público-privados, a vacina contra a malaria está agora na última fase dá avaliación para poder ser comercializada como unha vacina.
Síntomas:
A febre, calafríos, tiritonas, sudación, cefaleas, dores xeneralizados dos músculos, articulacións, vómitos e diarrea que xeralmente aparecen 10 a 15 días despois da picadura do mosquito. Se non se trata, o paludismo pode poñer en perigo a vida do paciente en pouco tempo, pois altera a achega de sangue a órganos vitais. En moitas zonas do mundo os parasitos volvéronse resistentes a varios antipalúdicos.
¿Cómo se diagnostica?
A confirmación do diagnóstico faise pola demostración dos parasitos do paludismo. Poden ser necesarios os estudos microscópicos repetidos cada 12 a 24 horas, pola variación do número de parásitos en sangue periférico.
Existen métodos de diagnóstico moi sensibles como as técnicas de amplificación de ácidos nucleicos (PCR) ou mediante a detección de antíxenos circulantes do plasmodio (tests rápidos de inmunocromatografía, útiles sobre todo para o paludismo)
Tratamento da malaria
O tratamento das persoas infectadas de malaria é indispensable para evitar que actúen como fonte de infección para os mosquitos e desta forma interromper a cadea epidemiolóxica. Nas zonas endémicas é de especial importancia, ademais do tratamento, tomar medidas para evitar que os mosquitos piquen aos enfermos (mosquiteiros, repelentes, etcétera).
Opinión persoal: A malaria e unha enfermidade sen vacina na que se debería inverter moito mais, porque como non SIDA cada ano aumenta o número de enfermos en todo o mundo. Encontrar unha cura será un grande avance científico.
Fontes:
Imaxe: http://www.es.euroclinix.net/images/pages/ciclo-transmision-malaria.gif
Páxina web: http://www.webconsultas.com/categoria/salud-al-dia/malaria Webconsultas Healthcare S.A. Portal web de saúde
Páxina web 2: http://www.who.int/topics/malaria/es/ Organicación Mundial dá Saúde
Información adicional: http://elpais.com/elpais/2014/11/13/planeta_futuro/1415901060_356146.html Xornal
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Brais González