Os 5 virus máis mortais da historia

Os virus son unha ameaza moi grave, con un gran números de mortos especialmente en países con hixiene, saúde e alimentación precaria.

Déixovos unha lista dos virus máis mortais da historia:

1º ->A Variola: o virus Variola major é o causante da viruela. Xunto coa fame, a falta de saúde e as guerras, é un dos máis crueis asasinos dos seres humanos. Apareceu hai uns 10.000 anos e chegou a unha distribución global. A finais do século XVIII causou 400.000 mortes entre europeos e pode ser un dos responsables da desaparición dos aztecas e incas, incluíndo unha taxa de mortalidade chegou a 90%.

Aínda que é un virus moi perigoso,foi erradicado en 1979 grazas á unha extensa campaña de vacinación e agora só se conservan en dúas instalacións de alta seguridade: unha en Estados Unidos e outra en Rusia.

2º -> A Gripe: o virus da gripe apareceu de forma estacional e é capaz de causar entre 250.000 e 500.000 mortes o ano. Pertence á familia Orthomyxoviridae e é un virus grande con una tamaño entre 80 e 120 nanómetros.

3º -> O Sida: A síndrome de inmunodeficiencia adquirida (Sida) é a sexta causa de morte a nivel global,só por detrás das doenzas respiratorias entre as enfermidades infecciosas máis letais. Cada minuto inféctanse nove acodes de sida no mundo,segundo o informe do Programa Conxunto da ONU sobre a SIDA (ONUSIDA).

O VIH pertence á familia dos Retroviridae,que se caracteriza por ter unha enzima chamada retrotranscriptasa,que converte as moléculas de ARN en ADN,o que lle permite ao virus integrar os seus xenes nos do xenoma da vítima (hospedador).

4º -> Hepatitis B: Segundo a OMS cada ano morren 780.000 persoas polas consecuencias da hepatitis B crónica e actualmente sófrena uns 240 millóns de persoas. O virus pertence á familia Hepadnaviridae e provoca unha infección crónica no fígado que pode derivar nunha cirroses ou en cancro.

O virus contáxiase a través de contacto co sangre,o seme ou outros líquidos corporais. A vacina foi desenvolvida en 1982 e ten unha efectividade 95%.

5º -> Rotavirus e diarreas: As diarreas son a segunda causa de morte entre os nenos de menos de cinco anos e matan a 760.000 persoas cada ano,segundo a OMS.

Os rotavirus son a principal causa de diarrea en nenos,xunto coas infeccións provocadas a bacteria Escherichia Coli e a enfermidade do cólera. Mentres que nos países desenvolvidos non aparecen entre as 60 causas de mortes máis comúns,en países en vías de desenvolvemento son unha das principais causas de morte entre os nenos.

 

imagen

Os virus son uns organismos moi letais que causan millóns de mortes durante todos os anos. Por iso é moi importante vacinarse contra eles para non contaxiarse e evitar unha grave enfermidade. As persoas que pasan os 70 anos de vida teñen e os nenos menos de 5 teñen unha maior probablilidade de contaxiarse debido a que o seu organismo ten as defensas máis débiles.

Fontes de información:

ABC.es. : périodico que transmite información.

Quo.mx : é unha revista que que aborda a divulgación científica mediante o entretenemento.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Michael Pérez

 

Tags: ,