A teoría da palotoloxía celular.
O que se coñece como mendicina moderna ten raíces moi antigas na historia. Pero é a partir da segunda metade do século XIX en que a medicina científica establecese en forma definitiva como a corrente principal do coñecemento e a practica médica .
Naturalmente, moitas outras medicinas continuaron exercéndose, aínda que cada vez máis marxinadas conforme a cultura occidental avanzaba e se estendía. O xurdimento de Alemaña como unha nación unificada baixo a férrea dirección de Bismarck acompañouse dun gran desenvolvemento da medicina, que a levou a transformarse nun dos principais centros médicos de Europa e que non declinou senón ata a primeira Guerra Mundial.
Uns dos avances que, a partir da segunda metade do século XIX, completaron a transformación da medicina nunha profesión científica; e a teoría da palotoloxía celular.
Esta teoría xeral da enfermidade foi formulada por Rudolf Virchow en 1858 e constitúe unha das xeneralizacións máis importantes e fecundas da historia da medicina.
As bases teóricas da patoloxía celular son moi sinxelas: as células constitúen as unidades máis pequenas do organismo con todas as propiedades características da vida, que son:
- Elevado nivel de complexidade
- Recambio metabólico capaz de xerar esa enerxía
- Capacidade de autorregulación, rexeneración e replicación.
En consecuencia, as células son as unidades máis pequenas do organismo capaces de sobrevivir illadas cando as condicións do medio son favorables; os organelos subcelulares, membranas, mitocondrias ou núcleo, mostran só parte das propiedades vitais e non teñen capacidade de vida independente. Polo tanto, se a enfermidade é a vida en condicións anormais, o sitio da enfermidade debe ser a célula.
Debe recordarse que en 1761 Morgagni postulara que o sitio da enfermidade non eran os humores desequilibrados ou a ánima disipada, senón os distintos órganos internos, en vista de que se podían correlacionar as súas alteracións con diferentes síntomas clínicos. Corenta anos despois, en 1801, Bichat propoñería que o sitio da enfermidade non eran tanto os órganos senón máis ben os tecidos, para explicar a afección de distintos órganos que daba lugar a manifestacións clínicas similares. Finalmente, en 1858, Virchow concluíu que o sitio último da enfermidade non era nin os órganos nin os tecidos, senón as células.
Grazas a estos avances hoxe en dia coñecemos distintas teorias da mediciña moderna , como é a palotolixia celular.
Fontes de Informacion:
http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/volumen3/ciencia3/154/html/sec_16.html É unha revista científica dixital
imaxe: http://gori-gori.blogspot.com.es/2012/11/selectividad-nucleotidos-y-acidos.html É un blog creado por alunmos da universidade
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Jenifer Valiño