Aerografeno, o material máis lixeiro do mundo.

O aerografeno é un aeroxel creado a base de grafeno, coñecido como o material máis lixeiro do mundo.

imagen

Cunha densidade de tan só 0,16 miligramos por centímetro cúbico, os seus descubridores, científicos da Universidade de Zhejiang, aseguran que terá a capacidade de descontaminar as augas cheas de residuos tóxicos, xa que pode absorber até 900 veces o seu propio peso, grazas á súa composición porosa, lixeira, resistente e flexible, capaz de comprimirse e volver ao seu estado inicial en múltiples ocasións. Ademais, tamén terá como principais funcións o illamento de enerxía, a microelectrónica (pantallas táctiles) e a biotecnoloxía (implantacións e próteses).

O aeroxel é un material similar ao xel, cun compoñente líquido que se intercambia por gas, isto dá como resultado unha sustancia sólida pero moi porosa e lixeira. Con esta técnica creáranse xa sustancias como o aerografito, que tiña a marca de ser o máis lixeiro do mundo, até este.

Ademais de parecerme moi interesante que un material tan resistente e sólido como o aerografeno puidese ser tan lixeiro, tamén é sorprendente todos os usos que podría ter nun futuro próximo e todos os problemas que se podrían resolver con el, principalmente os medioambientais.

Fontes:

Dúas páxinas con post e noticias sobre ciencia e tecnoloxía:

Blogue personal sobre ciencia:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Martínez

     

    Tags: ,