A ética da clonación humana
A clonación humana é un dos temas científicos con máis debate ético e moral dos últimos tempos, e non hai dúbida do por qué. Especialmente, se se trata de clonar a seres humanos ( os animais e as plantas non se queixan tanto e saen perdendo a batalla).
Imaxe de El país
Cada individuo ten unha opinión acerca de si é ou non é correcto clonar a outro ser humano. A idea de producir asexualmente copias múltiples de organismos idénticos dende un punto de vista xenético, todos descendentes dun antecesor común, crea, na maioría das persoas, unha reacción moral negativa. A maioría tamén recoñece que, que a clonación humana chegue a transformarse nun feito cientificamente posible, só será cuestión de tempo: Deberíamos permanecer sentados e aceptar o inevitable sen importar ó tipo de consecuencias que pode acarrexar?. Deberíamos comezar a formular estándares para tomar decisións moralmente defendibles acerca desta nova posibilidade científica?
Ética relixiosa:
Os eticistas relixiosos xa tomaron unha forte postura en contra da clonación, polo tanto, continúa a triste historia de sobrereacción negativa cara ó descubrimento científico. Xa sexan cristiáns, xudeus ou protestantes, todos están en contra.
Ética cietífica:
Aquí existen dous bandos, os que están a favor e os que están en contra. Os que están a favor, a aceptan pero con precaución. Os científicos tenden a centrarse nos beneficios positivos, como a cura de enfermidades como o cáncer e da infertilidade, descartando os perigos.
Ética Económica:
Ós economistas non lles gustan as restricións éticas. Apoian ós científicos en contra de calquera situación que restrinxa á clonación. Teñen especial interese na clonación animal.
Ética Literaria:
A literatura, xunto á relixión, é fonte de ética. Proporcionan variados puntos de vista éticos e moitos xa tomaron posición drásticas en contra da clonación.
Ética Gubernamental:
Esixen controis éticos sobre a investigación xenética e a terapia que involucre a seres humanos. Respecto á clonación, moitos gobernos plantéxanse prohibir a clonación humana. Pero ¿polo noso ben? Que va, os intereses son só económicos, xa que esta podería crear unha reacción negativa cara á clonación animal, e danaría ós negocios. Pero incluso se o goberno prohibe a clonación, isto aínda deixa ó mercado como unha base alternativa para actividades relativas á clonación.
Bioética:
Os bioeticistas traballan na xenética dende o descubrimento do ADN. A recente clonación de ovellas e monos fai que as clonacións humanas sexan seguramente exitosas. Sen embargo ¿ofrecería a clonación humana unha utilidade substancial? O Dr. Ian Wilmut, quen cloou a famosa ovella Dolly, expresou a súa oposición ante a clonación humana. Dixo que a xente non estaba pensando con claridade e que non vía ningunha aplicación útil das súas técnicas de clonación en humanos.
Pero exclúen de tal prohibición a clonación de células e tecidos, aínda que sexan de tecido humano, con fins de investigación ou terapéuticos, posto que poderían constituír “útis preciosos”. É dicir, utilizar a clonación como técnica biomédica, considerando que sería “unha ferramenta importante ó servizo da medicina”.
Vídeo de euronewses
Comentario persoal:
Por unha parte, isto axuda a previr enfermidades e pode chegar a salvar vidas, pero por outra parte isto pode xerar diferenzas notables entre as persoas que están clonadas e as que non, e isto pode chegar a convertir os nosos corpos nun negocio.
Fontes de información:
www.uchile.cl: Páxina web da Universidade de Chile. Artigo escrito por Dr. James F. Drane profesor Emeritus da universidade de Endiboro en Pensilvania.
www.sociedad.elpais.com: Portal web da versión web do periódico con maior difusión de tirada nacional El País.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez