Un material moi útil, a fibra de carbono.

                                                               imagen

A fibra de carbono é un material formado por fíos de carbono trenzados. Aínda que poida parecer un material débil, a súa resistencia é tres veces superior á do aceiro,  e a súa densidade, 4,5 veces menor, o que a converte nun material moi resistente e pouco pesado. Ademais, apenas se altera pola corrosión e o lume.

As fibras de carbono obtéñense por carbonización de fibras orgánicas naturais ou sintéticas. A temperaturas altas técese a fibra, imprégnase con resina e logo dáselle forma mecanicamente.

As propiedades deste material, tales como unha alta flexibilidade, alta resistencia, baixo peso, tolerancia a altas temperaturas e baixa expansión térmica, fanas moi populares na industria aeroespacial, na enxeñaría civil, en aplicacións militares e en deportes de motor xunto con moitos outros outros. Con todo, son relativamente caros en comparación coas fibras similares, tales como fibras de vidro ou fibras de plástico, o que limita en gran medida o seu uso.

As fibras de carbono xeralmente combínanse con outros materiais para formar un composto. Cando se combina cunha resina plástica, ésta é moldeada para formar un plástico reforzado con fibra de carbono, o cal ten unha moi alta relación resistencia-peso, extremadamente ríxido, aínda que o material é un tanto fráxil. A pesar disto, as fibras de carbono tamén se combinan con outros materiais, por exemplo co grafito para formar compostos carbono-carbono, que teñen unha tolerancia térmica moi alta.

Actualmente, as fibras de carbón son parte importante de moitos produtos e cada ano son desenrroladas novas aplicacións. Os Estados Unidos, Xapón e Europa Occidental son os principais produtores de fibras de carbón.

Na miña opinión, este material é moi útil debido a súa gran utilización na industria polo seu baixo peso e resistencia (é incluso máis resistente que o aceiro) , pero ten un elevado coste económico. A fibra de carbono tamén é usada nos automóviles de alta gama, nos barcos, avións… Pero hoxe en día, onde máis utilidade ten é na construción, por exemplo para reforzar vigas ou columnas.

Fontes:

- http://tecnologiadelosplasticos.blogspot.com.es/2011/11/fibra-de-carbono.html -> Blog escrito por Mariano, un técnico químico arxentino,  sobre a tecnoloxía dos plásticos.

- Libro Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 2008, ed. Anaya.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Laura Fernández

 

Tags: