Nanotecnoloxía medioambiental
Que é a nanotecnoloxía? e a súa aplicación sobre o medioambiente
A palabra “nanotecnoloxía” é usada extensivamente para definir as ciencias e técnicas que se aplican ao un nivel de nanoescala, isto é unhas medidas extremadamente pequenas “nanos” que permiten traballar e manipular as estruturas moleculares e os seus átomos. En síntese levaríanos á posibilidade de fabricar materiais e máquinas a partir do reordenamento de átomos e moléculas. O desenvolvemento desta disciplina prodúcese a partir das propostas de Richard Feynman.
Nanotecnoloxía e o medio:
Na actualidade podemos encontrar no mercado aplicacións de nanotecnoloxías para o medio, como procesos de recuperación, tratamento de augas, envasado ecolóxico e absorbedores de petróleo.
. Dispositivos para o tratamento de auga.
A purificación de auga mediante nanotecnoloxías conséguese aproveitando nanomateriais como os nanotubos de carbono e as fibras de alumina para a nanofiltración. A principal vantaxe de utilizar nanofiltros en lugar de sistemas convencionais, é que se necesita menos presión para facer pasar a auga a través do filtro. Os nanofiltros poden eliminar sedimentos, residuos químicos, partículas cargadas, bacterias e outros patóxenos, como os virus. Tamén poden eliminar trazas de substancias tóxicas, como arsénico, e impurezas en forma de líquidos viscosos, como aceite.
. Absorbentes de petróleo.
As fugas de aceite en zonas mariñas son moi preocupantes e carrexan graves consecuencias para o medio. Estase a investigar un novo enfoque mediante o uso de aeroxeles (un nanomaterial), modificados con moléculas que repelen a auga, para mellorar a interacción co petróleo. Actúan como unha esponxa: cando o combustible fósil se absorbeu, pódese eliminar doadamente.
. Plásticos biodegradables.
O uso xeneralizado de envases de plástico ten un impacto ecolóxico negativo. As solucións actuais utilizan algúns polímeros naturais chamados biopolímeros; non obstante, moitos deles presentan numerosas limitacións. Unha posible solución consistiría en incluír nanopartículas no biopolímero para crear un “bionanocomposto”, con mellores propiedades mecánicas e de barreira, e ademais completamente degradable.
Na miña opinión, a nanotecnoloxía en xeral é un avance na ciencia moi grande. Pero centrándome na nanotecnoloxía sobre a cal trata o post, penso que é moi interesante saber as aplicacións deste descubrimento sobre o medio e as diversas técnicas mediante as cales se poden reutilizar recursos sen producir ningún impacto ambiental.
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.euroresidentes.com/futuro/nanotecnologia/nanotecnologia_que_es.htm Euroresidentes…, pasión por la vida. Sociedade impulsora de servizos relacionados coas novas tecnoloxías da información e as telecomunicacións.
http://nanopinion.eu/es/about-nano/nanotecnolog%C3%AD-y-el-medio-ambiente Nanotecnologías. ¿Hasta dónde nos deben llevar? É un proxecto financiado pola Comisión Europea no que participan 17 socios de once países co obxectivo de realizar un seguimento da opinión pública sobre o que esperamos da innovación con nanotecnoloxías.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Alicia Bouza
Tags: Auga, nanofiltros, nanomaterial, nanotubos de carbono