Cobaias humanas nun experimento con transxénicos na China

    Gracias a Greenpeace, podemos coñecer outra das aberracións que traen consigo os alimentos tranxénicos, pois no The American Journal of Clinical Nutrition cun estudo apoiado polo Departamento de Agricultura de EE.UU. (USDA) descubriron que un grupo de científicos alimentou cun produto tranxénico (do cal descoñécense os riscos para a saúde) chamado “Arroz Dourado”, nome que lle pon a industria biotecnolóxica, a un grupo de 24 nenos e nenas de seis a oito anos na provincia de Hunan, China, e sen estar autorizados polas autoridades competentes. Este experimento, que leva máis de dúas decadas en marcha, créese a solución da carenza da vitamina A, e velahí a súa “importancia”.

 

imagen

Se xa é unha barbaridade o feito de experimentar con nenos, esta aberración agrávase polo feito de ser cun alimento do cal descoñecemos os riscos e efectos secundarios que poidan traer consigo. O arroz dourado como solución para a escaseza de vitaminas? Inda que fose así, o único que faría sería facer incapé na desnutrición, pois fomenta unha dieta rica nun único alimento en vez de fomentar unha dieta que abra as portas a unha gran variedade de alimento, que é o realmente saudable. Ademais, o arroz é un dos alimentos diarios da metade da poboación mundial e non pode estar en mans de empresas que só buscan o seu propio beneficio económico co fin de recuperar os cartos investidos neste proxecto, que é soamente unha promesa baleira da industria biotecnolóxica, pois nadie asegura a súa eficacia, e ademais, sería un beneficio, ou só unha desventaxa oculta polas apariencias.
WEBGRAFÍA.

http://www.greenpeace.org/espana/es/

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Soto

 

Tags: , , , ,