Nanobots
Imaxe sacada dun artigo de Inmortallife
Os nanobots son robots computerizados extremadamente pequenos que miden menos dun nanometro, ou unha milmillonésima parte dun metro.
Aínda que se crearon nun contexto biolóxico, todavía non existen os nanobots de tipo mecánico. Sen embargo, existen moitas investigacións sobre o tema e hai grandes esperanzas con esta tecnoloxía en varios campos da ciencia.
Cando se fala dos nanobots en ciencia dun modo serio, úsase máis o concepto de nanorobots, xa que o outro término está máis asociado a películas e novelas. Existen moitas opinións sobre este tema onde incluso hai sectores que o consideran unha ameaza. Certas persoas ven o lado negativo desta tecnoloxía e pensa que se pode chegar a utilizar dunha forma moi perigosa.
Unha das situacións teóricas máis negativas e populares que pintan estes sectores sobre os nanobots, é unha na que un exército de nanobots (a chamada praga gris) perde o control ou vense afectados por un virus informático. Isto podería facer que empezaran a destruir a materia que vemos ó noso redor e o deixara todo como unha masa sen forma. Sen embargo, os defensores da tecnoloxía pensan que se poderían usar mecanismos de seguridade para previr que pasaran este tipo de cousas. De feito, pensan que isto é algo exaxerado que non podería ocurrer nunca.
Usos dos nanobots
O uso destes dispositivos é infinito xa que o seu tamaño lles podería permitir esencialmente reconstruir a materia. Neste sentido, uns nanobots debidamente configurados poderían coller materiais brutos e convertelos en calquera cousa, dende microprocesadores ata proteínas en alimentos. Poderían incluso construir máis nanobots polo proceso de autorreplicación e así crear un número destes pequenos robots segundo se necesitara.
Por suposto, unha das grandes esperanzas desta tecnoloxía é na medicina. As aplicacións dos nanobots en medicina son innumerables. Se pensa en innumerables aplicacións neste campo xa que os nanobots poderían interactuar con axentes invasores do noso corpo. Poderían en teoría ser usados como pequenos guerreiros programados para loitar dende noso interior. Isto podería combater un grande número de enfermidades, incluíndo o cáncer e moitos tipos de virus. Tamén poderían ser usados para simples chequeos para manter o noso corpo san e alerta en todo momento.
Opinión:
É importante deixar claro que esta tecnoloxía todavía non se encontra dispoñible, pero as metas están, a vontade existe e sobretodo estase invertendo moito diñeiro nestes proxectos.
Opino que non hai que ter medo ante esta nova tecnoloxía, xa que está para mellorar a nosa calidade de vida. Iso si, hai que ter precaución para que non se faga un mal uso dela. Pero ben usada esta tecnoloxía faría que a nosa esperanza e calidade de vida fose mellor. Ademais, esta tecnoloxía debería estar dispoñible para todo o mundo, non só para os países ricos e desarrollados.
Video de ExcélsiorTV en youtube
Fontes:
ecured: Enciclopedia interactiva cubana.
cienciabasica: Blog que publica artigos sobre ciencia interesantes e educativos.
Elpais: Periódico nacional con noticias de diversos temas.
Abc: Periódico nacional que trata diversos temas de interese xeral.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez
Tags: nanobots, Nanotecnoloxía.