Nanotecnoloxía na construción.

imagen

A nanotecnoloxía é un campo da ciencia aplicada dedicada ao control e manipulación da materia ao nivel dos átomos e moléculas (nanomateriais). Para facerse unha idea do pequeno que pode ser un nanobot, aproximadamente un nanobot de 50 nm é o tamaño de 5 capas de moléculas ou átomos (depende do que está feito nanobot).Con isto pretendese obter materiais de alto rendemento coa nova funcionalidade e adaptabilidade ao medio ambiente, a través da incorporación de nanopartículas e nanofibras ou nanotubos de carbono, e usando sistemas  de nanoencapsulación  obtendo desa forma, material de mellor rendemento mecánico e durabilidade, abrindo unha ampla gama de novas aplicacións para materiais multifuncionais .

Actualmente é discutible que a nanotecnoloxía é unha realidade, porque aínda está a ser desenvolvida. Nestes anos estase a desenvolver unhas liñas de investigación :

  • Nanocompósitos por combinación organofílica: A obtención de novos materiais nanocompósitos con propiedades melloradas e novas funcionalidades.
  • Deseño e aplicación de materiais nanoestructurado para matrices de aglomerantes hidráulicos:
    Materiais de mellores prestacións mecánicas, propiedades electromecánicas e durabilidade.
  • Materiais multifuncionais mediante incorporación de nanopartículas: pódese conseguir que o material presente unha maior tenacidade, elasticidade, baixa enerxía superficial, maior dureza, resistencia química, á radiación e á calor así como a inclusión de grupos funcionais ou catalíticos.
  • Materiais híbridos orgánico-inorgánico:  novos materiais híbridos orgánicos/inorgánicos aplicados en forma de recubrimentos sobre materiais destinados á construción que permitan unha mellora extraordinaria das propiedades tribológicas destes así como a achega de novas funcionalidades.
  • Nanoencapsulación e ancoraxe de substancias activas: Desenvolvemento de novos procedementos de nanoencapsulación e/ou ancoraxe de substancias activas que permite obter un novidoso sistema de prevención intelixente da corrosión en formigóns.
  • Materiais nanoestructurados para aplicacións fotovoltaicas: Afonda nos coñecementos básicos relativos á síntese, preparación e avaliación da eficiencia enerxética dos novos conceptos de materiais fotovoltaicos.

Esta tecnoloxía que está aínda en estudos e probas estará pronto nas nosas vidas cotiás. Esperemos que non tarde moito, xa que a nanotecnoloxía nos facilitará a vida melloraránola en moitos sentidos.É incrible o que avanza o ser humano neste sentido, nun futuro non moi afastado a nosa vida actual non terá nada que ver coa que virá.

FONTES:

  • Texto:

http://www.quimica.es/enciclopedia/Nanotecnolog%C3%ADa.html : Portal especializado en química.

http://www.aidico.es/nanotecnologia-cms-74-50-1487/:  Páxina web do instituto tecnolóxico da construción valenciana.

  • Imaxe:

-http://www.construccionyvivienda.com/imagenes_proyecta/nano1.jpg 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Eduardo Fortes

 

Tags: ,