O Cambio Climático
Os gases de efecto invernadoiro están presentes de forma natural e son esenciais para a supervivencia dos seres vivos, xa que impiden entre outras cousas que parte da calor do Sol sexa reflectido de volta ao espazo, o cal fai posible a vida na Terra. Pero é unha cuestión de escala. Un século e medio de industrialización, incluída a deforestación por talla rasa e certos métodos agrícolas fixeron que aumentase a cantidade de gases de efecto invernadoiro que hai na atmosfera. A medida que crecen as poboacións e economías e aumentan os niveis de vida, tamén o fai o nivel acumulativo de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Fuente: Rastreador de carbono 2010 / NOAA
No ano 2007 o mundo tomou conciencia de que o ser humano era o causante do cambio climático, de que este definitivamente se estaba producindo e de que o esforzo colectivo global realizado ate entón para manter os gases de efecto invernadoiro a un nivel «seguro» era extremadamente insuficiente.
Foi cando O Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) publicou o seu Cuarto informe de avaliación (AR4) tras un número inusual de catástrofes relacionadas co clima.
Velaquí algúns vínculos básicos claramente establecidos:
-
A concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera da Terra está directamente relacionada coa temperatura media mundial do planeta.
-
Desde a Revolución Industrial a concentración foi aumentando de forma continua e con ela as temperaturas medias mundiais.
-
O gas de efecto invernadoiro máis abundante é o dióxido de carbono, que se xera ao queimar combustibles fósiles.
O AR4 avaliou as evidencias sobre a situación mundial actual, algúns dos resultados son:
-
Cuberta de neve. Desde 1978 a extensión media anual dos xeos mariños árticos diminuíu, e a diminución no verán ha ir aumentado ano tras ano. Os glaciares de montaña e a cuberta de neve diminuíron máis ou menos en ambos os hemisferios.
-
O nivel medio do mar subiu entre 10 e 20 cm ao longo do século XX. Espérase que para 2100 subise entre 18 e 59 cm máis. As temperaturas máis altas provocan que o volume dos océanos se expanda. Ao derretirse, os glaciares e as calotas glaciarias engaden máis auga aos océanos. Así, ao reducirse a superficie branco brillante do xeo e a neve, redúcese cada vez máis a capacidade para reflectir os raios do sol, o cal intensifica o quecemento.
-
Choiva e seca. Desde a Revolución Industrial houbo grandes cambios nos réximes de choivas de todo o planeta: agora chove máis nas partes orientais de América do Norte e do Sur, o norte de Europa e o norte e centro de Asia, pero menos no Sahel, o Mediterráneo, o sur de África e partes do sur de Asia. É probable que a superficie mundial afectada pola seca aumentase desde o decenio de 1970-80.
-
Máis calor. A temperatura media da superficie da Terra subiu 0,74 ºC desde finais do século XIX. Prevese que para o ano 2100 subiría entre 1,8 ºC e 4 ºC ou máis se non se fai nada para impedilo. Mesmo se «só» subise 1,8 ºC sería un aumento maior que en ningún outro século nos últimos 10 000 anos.
-
Ciclóns e furacáns. Aproximadamente desde 1970 observouse un aumento da actividade ciclónica tropical intensa no Atlántico Norte. O aire quente é combustible para os ciclóns e os furacáns.
-
As estacións. Os procesos primaverais adiántanse e as plantas e os animais están a desprazarse cara aos polos e cara a maiores altitudes debido ás recentes tendencias de quecemento. Ao longo dos últimos 50 anos os días fríos, as noites frías e as escarchas foron menos frecuentes na maioría das superficies de terra, mentres que os días e noites cálidos foron máis frecuentes.
-
A natureza. Os científicos observaron cambios inducidos polo clima en polo menos 420 procesos físicos e especies ou comunidades biolóxicas. É probable que ao redor dun 20-30% das especies vexetais e animais corran un maior risco de extinción se a temperatura media mundial sobe por encima dunha marxe de 1,5 - 2,5 ºC.
Que se está a facer ante todo isto?:
XXI Conferencia Internacional sobre Cambio Climático
Identificada polas siglas COP21/CMP11, en referencia á 21ª Conferencia das Partes e a 11ª Conferencia das Partes do Protocolo de Kyoto. Esta organizada pola Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).
Celebrarase en París (Francia), desde o 30 de novembro até o 11 de decembro de 2015. O seu obxectivo será o de concluír un acordo mundial para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Cada vez é máis patente a necesidade de implicar á sociedade en conxunto. Con todo tipo de accións e propostas.
Fontes de información:
-Páxina da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC)
Algúns artigos para traballar o tema:
- Artigo do xornal dixital El mundo: Dous grados o punto crítico do noso planeta
- Artigo do xornal La Voz de Galicia: La ONU asume que la Cumbre de París no frenará el Cambio Climático
- Cambio climático. Blogue sobre o Cambio Climático con artigos e enlaces