A orixe da vida.
A orixe da vida na Terra relaciónase coa teoría da abioxénese que estuda o como e o cando a vida apareceu e se desenvolveu na Terra e noutros lugares do universo.
Qué é a vida ?
Tradicionalmente definiuse ser vivo como aquel que nace, medra, reprodúcese e morre, é dicir, aquel que realiza as funcións vitais. Pese a isto sábese que o nacemento é froito da reproducción, que o crecemento pode ser nulo, e que, unha bacteria, non morre.
Os seres vivos caracterízanse por:
- Complexidade: está formado por de moléculas distintas, na súa maioría, moi complexas.
- Organización: un ser vivo é materia organizada.
- Intercambio de materia ou enerxía co contorno.
- Reproducción.
- Resposta a estímulos.
Ao longo do tempo xurdiron diversidades de interpretacións sobre a orixe da vida:
- Xeración espontánea.
- Orixe sobrenatural.
- Teoría da panspermia.
- Evolución química e celular.
- Teorías actuais.
En todas as épocas a aparición repentina de moitos organismos nun lugar determinado foi interpretada como unha proba de que os seres vivos xorden espontaneamente de materia inerte; pero na actualidade as diversas teorías sobre a evolución son un bo indicador de que isto non é así, e pode apreciarse por exemplo nas probas da evolución como poden ser a proba paleontolóxica e na proba da anatomía comparada.
A pesar das diversas teorías que xurdiron ao longo do tempo é moi difícil saber como se orixinou xustamente a vida, pero cada vez acercámonos máis, con novas teorías, e algún día os nosos descendentes lograrán conseguilo; pero para isto aínda hai que seguir investigando moito.
Fontes de información:
-
Proyecto Biosfera. Páxina do minesterio de educación sobre ciencia. http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/evolucion/1origen_de_la_vida.htm
Tags: evolución, Orixe da vida