Orixe, vida, evolución.

imagen

Que é a vida?

Dende un comezo, houbo dúas teorías opostas sobre a orixe da vida: os materialistas, que dicen, que a vida dase dunha organización  complexa da materia, así, o filósofo Demócrito de Abdera, defendendo esta teoría, supuña que a formación da materia era a partir de átomos que proporcionaban as capacidades vitais. Oposta a esta teoría, estaban os vitalistas, que sostiñan unha forza superior como orixe da vida. Aristóteles, sendo o primeiro defensor desta teoría, mantiña que os seres vivos estaban compostos da mesma materia que a materia inerte; pero cunha forza vital dada por un ser superior, esta teoría estaba influída por doutrinas relixiosas, máis que por un pensamento científico.

Ademais do creacionismo e do vitalismo, existen máis teorías da orixe da vida como son:

Teoría da panspermia:  Svante Arrgenius propuxo a chegada da vida á Terra grazas a bacterias que proviñan doutro praneta no espazo (no cal non podemos explicar como se formaron esas bacterias).

Teoría da xeración espontánea ou abioxénese: según ela, todos os seres vivos nacen da materia orgánica en descomposición. Aristóteles dicía que os seres vivos se orixinan doutros seres vivos parecidos, e igualmente da materia inerte, así, durante a Idade Media houbo unha gran influencia aristotélica, e por tanto, unha maior crenza na xeración espontánea.

Teoría de Oparín: creou unha atmosfera primitiva (con metano, amoníaco, vapor de auga e hidróxeno) que grazas a diferentes forzas de enerxía esas substancias polas que estaba formada deron lugar a compostos orgánicos.

Teoría celular: esta teoría nace obviamente co descubrimento da célula, unidade estructural e funcional dos seres vivos. Ao corroborar que toda célula provén doutra semellante finalizouse así a teoría da xeración espontánea, xa que un ser vivo porta nos seus xens caracteres herditarios do seu proxenitor.

 

Como sabemos, a vida anterior á nosa, os nosos antepasados, non viviron nas mesmas condicións nin teñen as mesmas características que nós actualmente temos, pero, como podemos corroborar que isto é certo? Pois ben, sabemos que a evolución é un feito grazas a diferentes probas evolutivas, validadas ao longo dos anos, estas probas son:

  • Anatomía comparada: esta proba sostense en estudos de comparación entre órganos similares de diferentes animais. Así, cada un foi evolucionando segundo o seu hábitat e adaptando o seu metabolismo e órganos a el.
  • Bioquímica comparada: consiste en comparar moléculas orgánicas e determinar as similitudes e diferenzas noutros organismos.
  • Distribución xeográfica: esta proba sostense antes o estudo de diferentes localizacións que conteñen carácteristicas en común. É dicir que nun pasado estiveron preto e agora lonxe, polo que houbo unha evolución, un cambio.
  • Domesticación: sostense en que un ser vivo ás veces ten que adaptarse para convivir con outro.
  • Paleontolóxica: esta proba sostense en fósiles similares atopados en diferentes lugares do mundo, os cales se foron modificando ante as súas necesidades.
  • Proba embriolóxica: esta proba compara o desenrolo embrionario entre disitintos seres vivos.

Aínda con tantas probas de evolución, e tantas suposicións da orixe da vida, a día de hoxe seguimos sen saber con certeza como se orixinou esta.

 Fontes de información:

Javier de Lucas: http://platea.pntic.mec.es/jdelucas/origenvida.htm

Páxina da Universidade Autónoma de Barcelona, Departamento de xenética e microbioloxía, por: Antonio Barbadilla: http://bioinformatica.uab.cat/divulgacio/evol.html

 

Tags: ,