A clonación.
O primeiro antes de comezar a falar da clonación é definir clon: é un individuo xenéticamente igual ao organismo do que se clonaron. A clonación é unha forma de reprodución asexual que produce individuos xenéticamente idénticos, que se da nos seres humanos no caso dos xemelgos ( poderíanse considerar clons porque conteñen a mesma información xenética). Esta forma de reprodución non presenta a riqueza da reprodución sexual, capaz de xerar individuos diferentes entre si.
PASOS DA CLONACIÓN.
Un bo exemplo no que se aprecian os pasos da clonación é o da ovella Dolly.
- O primeiro paso consiste en tomar unha célula somática do individuo, á cal se lle extrae o núcleo para utilizalo posteriormente. No caso da clonación de Dolly, cultiváronse in vitro células mamarias dunha ovella adulta e extraéuselle o núcleo a unha delas.
- O segundo paso consiste en coller un óvulo non fertilizado dun individuo da mesma especie , ao cal se lle retira o núcleo, xa que contén só a metade do material xenético que teñen as células somáticas.
- O terceiro paso é inserir o núcleo extraído da célula somática no citoplasma do óvulo ao cal se lle extraeu o núcleo. Logo, aplícaselle a este óvulo unha mínima carga eléctrica similar á que se produce no momento da fecundación, co obxectivo de que a célula comece a dividirse. Todo isto colócase nun tubo de ensaio, onde continúa a multiplicación das células.
APLICACIÓNS DA CLONACIÓN.
Entre as aplicacións da clonación destacan:
- Investigación biolóxica básica, para coñecer os mecanismos do ciclo celular.
- Produción gandeira, seleccionar os individuos con determinadas características beneficiosas.
- Recuperación de especies protexidas, como algunhas en perigo de extinción que son difíciles de criar en cautividade.
- Obtención de animais clónicos transxénicos, para producir medicamentos e principios farmacéuticos útiles.
- Utilización terapéutica, mediante a chamada clonación terapéutica, na que se obteñen células nai embrionarias capaces de xerar calquera tecido.
PROBLEMAS ÉTICOS DE LA CLONACIÓN.
A clonación na actualidade presenta serios problemas éticos.
Moitas persoas aseguran que realizar clonacións humanas traería consigo consecuencias inimaxinables como, por exemplo, o feito de que nacerían nenos con problemas como o poden se malformacións que se transmitirían de xeración en xeración.
Por este tipo de cousas e outras moitas semellantes como o feito de que a clonación sería unha maneira de acadar a ”inmortalidade” para aqueles que teñan no seu poder os cartos suficientes para facelo; é polas que a maioría da xente non mira con bos ollos nin aproba a clonación.
CONCLUSIÓN.
Persoalmente, penso que a clonación pode ser beneficiosa ou perigosa dependendo do uso que cada un lle queira dar pero, aínda así, considero que queda moito que investigar para coñecer máis sobre ela e que cando iso aconteza poderemos sacar moitos beneficios.
Bibliografía:
- http://salud.ccm.net/faq/14637-celulas-somaticas-definicion
- Proyeco Biosfera. Páxina do ministerio de educación sobre a ciencia. http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1bachillerato/animal/contenidos23.htm