Ratas de laboratorio

Nas clases de bioloxía americanas sempre vemos aos rapaces diseccionando ras e a dia de hoxe o vemos como algo normal, pero é iso realmente ético? A experimentación animal é algo que aínda que nos cosméticos é ilegal na medicina é o pan de cada día.

Imaxe da paxina esmateria.com da entrada http://esmateria.com/2014/06/09/sin-experimentacion-animal-habria-medicina-moderna/#prettyPhoto/1/

As probas realizadas en animais van dende inocular virus ata matar as nais para investigar os fetos. Pero, por moi inhumano que pareza, moitos médicos afirman que é a única forma nalgúns casos de investigar  enfermidades como cáncer.

Aínda que, como xa se demostrou en diversos  campo, é posible ter avances médicos sen necesidade de matar, disecionar ou empregar animais. Por exemplo, os estudos comparativos axudan a ver patróns que teñen en común as distintas enfermidades,os estudos epidemiolóxicos nos axudaron a ver a relación entre fumar é o cáncer de pulmón, os estudos de poboación demostraron o mecanismo de transmisión do SIDA e como podería ser prevista.

Pero se existen outras probas sen animais, por qué se segue utilizando animais? En moitas outras investigacións sempre existe un risco de que un humano ou un animal saia ferido,o código ético da medicina di que aínda que se usen animais para estas probas hai que intentar que sufran o menos posible. Jesus Mazo, investigador do CSIC e  responsable do animalario do Centro de Investigacións Biolóxicas di: “Cando hai alternativa, non utilizamos animais, entre outras cousas porque traballar con animais soe ser máis lento, máis caro e máis complicado. Pero hai algunhas investigacións, como as que teñen que ver coa maneira en que un produto pode afectar ao comportamento o a la reprodución, nas que non hai alternativa”.

Ademais na experimentación animal intentase cumprir coa regra das tres R: reemplazo, redución e refinamento. Por reemplazo refírese a sempre que sexa posible non utilizar animais e utilizar modelos informáticos etc. Na redución intentase reducir o numero de animais empregados e o refinamento trata de reducir ao mínimo o sufrimento animal.

Pero é aí a cuestión, redúcese ao mínimo pero non desaparece, dende o meu punto de vista foi unha parte importante na historia da ciencia pero a día de hoxe con todos os avances en investigación non me parece nin necesario nin ético.

 

Fontes de información:

 

http://esmateria.com/2014/06/09/sin-experimentacion-animal-habria-medicina-moderna/ - Paxina web esmateria.com entrada escrita por Daniel Mediavilla, escritor sobre ciencia nalgúns periódicos.

http://www.igualdadanimal.org/experimentacion- paxina web igualdadanimal.org non se menciona ao autor/a.

 

Entrada elaborada por Lucia Cruces no curso 2017-18

 

Tags:

2 Respostas a “Ratas de laboratorio”

  1. sal_lucia_vaz Dixo:

    Efectivamente, tamén na miña opinión é innecesaria a experimentación animal cando contamos con outro tipo de alternativas. Podo entender que resulte máis complexo e que o feito de non empregar animais encareza os procesos de investigación nalgúns casos, pero se realmente queremos levar a cabo unha medicina ética e reponsable co medio no que vivimos, temos que intentar por tódolos medios evitar este tipo de prácticas, dado que nunca se vai poder experimentar con animais sen causarlle ningún tipo de sufrimento.

  2. sal_nerea_val Dixo:

    Contando con alternativas á experimentación animal, é totalmente innecesario e ilóxico que se sigan sucedendo estas accións. A pesares de ser maís sinxelo para algúns experimentos levar a cabo isto, o sufrimento animal, é equivalente ao de calquer humano, polo que s produce a erradicación do ético.
    Coa disposisción de todos os avances tecnolóxios que temos da nosa man, é hora de cambiar, e empregalos neste ámbito.