Recursos de xenética
Con este post, pretendese dar a coñecer algúns enlaces interesantes de xenética… tanto para aclarar dúbidas como para que os empreguedes como fonte de información para os vosos post. Despois de consultar as páxina realizade as actividades propostas.
- Para empezar falaremos do ADN
Respecto ao material xenético, aquí tedes unha actividade de “ibercaja”, que nos pode axudar a entender mellor como é, e que sentido ten a duplicación, transcripción e tradución da información xenética ata chegar as proteínas.
Actividade: Despois de consultar este recurso serías capaz de explicar o dogma central da Bioloxía?
Podes practicar con este recurso: http://www.bionova.org.es/animbio/anim/transcribetranslate.swf
2. Falando de ética e todo o que se pode chegar a facer: ficción ou realidade?
Unha páxina con moitos enlaces e artigos interesantes, que nos poden servir de fonte de información ademais de aclarar dúbidas. Trátase da páxina de Bioetica, elaborada por Margarita Boladeras catedrática de filosofía na Universidade de Barcelona. Como o seu propio nome indica relaciona a ética con moitos dos avances e posibilidades que nos aporta a xenética hoxe en día.
Por exemplo as cuestións éticas da enxeñería xenética e a tranxenia recollidas neste artigo de Linda Mcdonald. Non é moi actual pero nel atópanse as preguntas básicas, aínda sen contestar.
3. Falando de inxeniería xenética.
Aquí tedes un enlace cunha explicación sinxela: en recursostic ( http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esobiologia/4quincena8/imagenes5/Manipulacion_ADN.swf ).
Ou material moito máis elaborado, pero moi esclarecedor do profesor Alejandro Porto Andión, con moitos recursos multimedia.
Para finalizar, recordade a importancia de empregar fontes de información fiables e de “boa reputación científica”, o mellor xeito de comprobalo é buscar na mesma páxina, quen son os autores e que organismos hai detrás desa páxina… se non atopas esa información, non será un bo sinal. Axúdanos a todos a mellorar e conta no blogue cales son as mellores fontes que vas atopando… ou as peores.
Podedes tamén consultar o blogue guía. Cal vos parece o mellor dos enlaces?
Tags: Recursos de xenética
Venres 25 de Maio do 2018 ás 18:51
Está ben saber que hai moitas páxina ben informadas que nos poden resolver esas miles de dubidas que temos sobre o tema da enxeñería xenética e todos os seus recursos.