Clonar:ética vs. avances

 Clonación aparece definida no dicionario da RAG como acción ou efecto de reproducir [un xene, célula ou organismo] dando lugar a outro idéntico, desde o punto de vista xenético, a partir dunha célula orixinaria. Nos últimos anos as capacidades humanas con respecto á capacidade de clonar aumentan con distintos experimentos, facendo xurdir debates éticos. Pero a clonación pode ser moi positiva en distintos ámbitos médicos como explicarei a continuación.

O fito máis famoso na historia dos experimentos sobre este tema foi o da ovella Dolly en 1996, cando se conseguiu en Edimburgo, clonar por primeira vez un mamífero a partir dunha célula adulta especializada. Dolly foi o resultado obtido despois de 276 experimentos fallidos intercambiando núcleos de células de tetas dunha ovella con óvulos.  Clonacións deste estilo axudan á hora de identificar causa e de enfermidades en individuos da mesma especie xa que, ainda que teñan a mesma xenética viven condicións diferentes que os levan a ter enfermidades ou morrer de maneiras totalmente distintas.imagen

 Pero este experimento clonatrorio non foi o primeiro, pois o primeiro documentado é o dunha ra en 1952 na Universidade de Pensylvania, que non foi a partir da información dunha célula non embrionaria. Despois desa ra por métodos similares tamén foron clonados ratos, vacas e ovellas antes de Dolly.

A clonación é algo máis presente do que semella no noso día a día xa que, por exemplo, os xemelgos idénticos son clons que se producen de maneira natural á hora de formarse o embrión. E na cultura popular, en cine e literatura, a clonación aparece varias veces presentada de distintas maneiras coa intención de facer reflexionar á poboación, como por exemplo Jurassic Park, onde se usan restos de ADN de dinosaurios para facer individuos desas especies; ou en The Island, onde os clons son usados de maneira máis médica.

A día de hoxe é probable que cousas similares a esas propias da ficción xa sexan posibles. Os principais usos destas capacidades actualmente son a clonación de células nai para facer distintos tecidos que permiten a cura dalgunhas enfermidades ou que poderían chegar a permitir a aceleración da recuperación nunha queimadura por exemplo.

 

Este tema é bastante polémico en ámbitos do común, en Europa, por exemplo, está prohibidia a clonación humana, e a cada novo avance, as disputas éticas aumentan. Acaso non sería útil ter un clon do teu corpo do que poder extraer, por exemplo o fígado que a ti non che funciona? Ou ter clons cos que facer experimentos sen ter que recurrir a persoas “de verdade”? E en tempos de guerra, quizais non viría mal un exército renovado de clons? A cuestión é que eses clons tamén serían persoas coas súas vivencias independentes como o foron os orixinais, serían outras persoas a pesar de ter a mesma xenética como nos demostran todos os días os xemelgos. Os avances humanos nestes ámbitos cada vez avanzan máis e con algo de diñeiro e interese de por medio todo se pode facer a pesar de que non resulte adecuado dentro do que coñecemos como éticamente correcto.

 

Fontes de información

 

Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18

     

     

    Tags: , , ,

    2 Respostas a “Clonar:ética vs. avances”

    1. sal_lucia_vaz Dixo:

      Nalgún momento non era ético tampouco realizar autopsias en prol da investigación e o avance, nin tamopouco o aborto (de feito, segue sen ser ético ó 100% na nosa sociedade), ou ó contrario, eran éticos os castigos físicos ou os sacrifios humanos. Ao que quero chegar con isto, é que a ética e a moralidade das persoas é completamente subxectiva, depende da época e da cultura na que vivamos, ademais do lugar, xa que non é a mesma ética a que podemos ter aquí como a que pode ter unha persoa musulmá.
      Paréceme un avance moi grande ter a capacidade de clonar seres vivos, e creo que pouco a pouco é algo no que se acabará investigando máis e normalizando, ó igual que noutros moitos casos que foron moi polémicos no seu inicio e que agora aceptamos con total normalidade.
      Todo depende dos cambios de mentalidade da sociedade e coa era dixital e tecnolóxica na que vivimos, o progreso das nosas concepcións vai máis rápido ca nunca.

    2. sal_nerea_val Dixo:

      Creo que este, é un debate ético demasiado amplo no que poderemos encontrar puntos de vista dispares e que defendan teorías opostas.
      É realmente asombroso poder ter un clon dun mesmo, e non polo feito en sí de que exista alguén igual a ti en toda a súa xenética, senón polo feito de ser capaces de reproducilos de forma artificial (dado que os clon máis comúns son os xemelgos e nacen dun proceso natural).