Corpus Hipocraticum
O Xuramento Hipocrático ten a súa orixe na etapa de descubrimento da ética moral, concretamente, no momento no que comeza a ser practicada a medicina, tanto árabe como occidental, hai uns dous mil anos. Nace co médico grego Hipócrates de Cos, quen fala dos deberes éticos dos médicos, e máis tarde continuado por Galeno de Pérgamo.
Comeza a ter importancia para moitas culturas, sobre todo occidentais, a partires do Renacemento, dado que é unha época de exploración e descubrimento do home (humanismo), facendo dos valores éticos algo maís trascendente no día a día das persoas e tamén da medicina. O maior auxe desde compromiso médico será durante a Segunda Guerra Mundial, cando se empeza a ter en conta realmente os valores éticos no ámbito médico.
A última actualización do Xuramento Hipocrático foi levada a cabo na Declaración de Viena en 1948. E, máis tarde, na 68º Asamble Xeral da Asociación Médica Mundial, celebrada en Chicago, levaráse a cabo unha pequena posta ó día deste na que unha das súas frases máis destacadas será “Respetarei a auntonomía e dignidade do paciente”.
Este xuramento plasma o compromiso dos médicos de actuar ética e honestamente cos seus pacientes e, na actualidade, é un compromiso público que pronuncian os graduados en medicina, como unha orientación no seu traballo. É preciso que co paso dos anos se inclúan neste compromiso pequenas actualzacións como a nomeada anteriormente na Asamblea Xeral da Asociación Médica Mundial, xa que a ética e os coñecementos médicos avanzan e, polo tanto, o contido do Xuramento Hipocrático quedaría anticuado. É dicir, é preciso que exista unha adecuación aos avances da sociedade.
Na actualidade ten un valor unicamente tradicional e histórico, xa que consta de apartados que, a pesares das distintas actualizacións, seguen sendo nunha sociedade do século XXI arcaicos e desfasados, pecando en moitas ocasións de misóxinos.
ENLACES:
- www.bioetica.com. Web de carácter informativo pertencente á Universidade do Museo Social Arxentino, elaborada pola Dra. Teodora Zamudio. http://www.bioetica.org/cuadernos/contenidos/hipocrates.htm
- www.medicosypacientes.com. Web sanitaria española de carácter informativo acreditada pola SEAFORMEC. http://www.medicosypacientes.com/articulo/el-juramento-medico-se-actualiza-e-incorpora-por-primera-vez-la-autonomia-del-paciente
- www.innsz.mx. Web mexicana de carácter informativo pertencente ó Instituro Nacional de Ciencias Médicas e Nutrición Salvador Zubirán. Artículo elaborado polo Dr. José Alberto Ávila Funes. http://www.innsz.mx/opencms/contenido/investigacion/comiteEtica/historiaEticaMedica.html
Entrada elaborada por Lucia Vázquez