O ciberacoso
Nunha época de tanta tecnoloxía atopámonos non só co bulling nas aulas seno que este tamén se expande as redes sociais facendo que as rapazas e rapaces que sufran isto nas casas sen ter descanso de nada, acaben sufrindo danos psicoloxícos.
imaxe de chilango.com
A frecuencia do ciberacoso:
O Suplemento de delitos escolares 2014-2015-PDF (Centro Nacional de Estadistica Educativa e Oficina de Estadística Xudicial) indicou que cerca do 21% de alumnos de 12 a 18 anos son acosados.
O Sistema de Supervisión de Conduta Xuvenil de 2015 indica que ao arredor do 16% dos alumnos de escolas secundarias sufriron acoso.
Inquietudes do ciberacoso
- Danos permanentes, a maioría de información que se comparte en internet é permanente e pública, polo que unha fama mala neste mundo pode implicar na hora das contratas de traballo ou no aceso a universidade.
- É difícil de notar, moitos país e profesores non coñecen este acoso e polo tanto tardan moito en darse conta.
Danos que provoca o ciberacoso nas vítimas
- No ciberacoso é frecuente observar nas vítimas un marcado descenso o seu nivel de autoestima , incluso poden chegar a sentirse culpable das agresións que están sufrindo. Síntese fortemente inseguros, e sufran vergoña por non ser capaces de xestionar a situación por eles mesmo.
- Moitas das vítimas de este tipo de acoso son coaccionadas para non dar a coñecer as agresións e permanecer en silencio. Todas estas situacións interfiren no rendemento escolar, e na súa forma de relacionarse cos demais.
- Cando o ciberacoso é moi intenso, e prolongase durante meses as vítimas poden acabar sufrindo patoloxías relacionadas coa personalidade e o estado de animo, como por exemplo a depresión severa ou a fobia social. Incluso o resgo de suicidio nestes tipos de vítimas pode chegar a ser moi elevado.
O ciberacoso non é unha broma canto antes actuemos contra el máis fácil será reparar os danos que provoca
Fontes:
Stop.bulling.gov é unha páxina web de autor descoñecido xa que pertece ao governo dos estados unidos.
https://espanol.stopbullying.gov/acoso-por-internet/qu%C3%A9-es/ur6/%C3%ADndice.html
Los monos Sabios é unha páxina web educativa o autor é a escola dos monos sabios https://escuelalosmonossabios.wordpress.com/2013/03/20/taller-de-ciber-acoso-escolar-ciberbuying-para-centros-de-ensenanza/
Entrada elaborada por Aroa Fernández no curso 2017-18
Tags: ciberacoso, Tecnoloxía