O ciberacoso
Nunha época de tanta tecnoloxía atopámonos non só co bulling nas aulas seno que este tamén se expande as redes sociais facendo que as rapazas e rapaces que sufran isto nas casas sen ter descanso de nada, acaben sufrindo danos psicoloxícos.
imaxe de chilango.com
A frecuencia do ciberacoso:
O Suplemento de delitos escolares 2014-2015-PDF (Centro Nacional de Estadistica Educativa e Oficina de Estadística Xudicial) indicou que cerca do 21% de alumnos de 12 a 18 anos son acosados.
O Sistema de Supervisión de Conduta Xuvenil de 2015 indica que ao arredor do 16% dos alumnos de escolas secundarias sufriron acoso.
Inquietudes do ciberacoso
- Danos permanentes, a maioría de información que se comparte en internet é permanente e pública, polo que unha fama mala neste mundo pode implicar na hora das contratas de traballo ou no aceso a universidade.
- É difícil de notar, moitos país e profesores non coñecen este acoso e polo tanto tardan moito en darse conta.
Danos que provoca o ciberacoso nas vítimas
- No ciberacoso é frecuente observar nas vítimas un marcado descenso o seu nivel de autoestima , incluso poden chegar a sentirse culpable das agresións que están sufrindo. Síntese fortemente inseguros, e sufran vergoña por non ser capaces de xestionar a situación por eles mesmo.
- Moitas das vítimas de este tipo de acoso son coaccionadas para non dar a coñecer as agresións e permanecer en silencio. Todas estas situacións interfiren no rendemento escolar, e na súa forma de relacionarse cos demais.
- Cando o ciberacoso é moi intenso, e prolongase durante meses as vítimas poden acabar sufrindo patoloxías relacionadas coa personalidade e o estado de animo, como por exemplo a depresión severa ou a fobia social. Incluso o resgo de suicidio nestes tipos de vítimas pode chegar a ser moi elevado.
O ciberacoso non é unha broma canto antes actuemos contra el máis fácil será reparar os danos que provoca
Fontes:
Stop.bulling.gov é unha páxina web de autor descoñecido xa que pertece ao governo dos estados unidos.
https://espanol.stopbullying.gov/acoso-por-internet/qu%C3%A9-es/ur6/%C3%ADndice.html
Los monos Sabios é unha páxina web educativa o autor é a escola dos monos sabios https://escuelalosmonossabios.wordpress.com/2013/03/20/taller-de-ciber-acoso-escolar-ciberbuying-para-centros-de-ensenanza/
Entrada elaborada por Aroa Fernández no curso 2017-18
Tags: ciberacoso, Tecnoloxía
Xoves 14 de Xuño do 2018 ás 10:25
O ciberacoso é un problema social moi imortante, antes o acoso só ocurria na escola pero agora con todas as novas tecnoloxías esto levouse ao momento de despois da escola. Pareceme moi importante ser consciente dos problemas que pode causar este acoso.
Luns 18 de Xuño do 2018 ás 20:41
A forma na que se están espallando as delincuencias cibernéticas, é abrumadora, e cumpre correxilas e perseguilas, xa que as súas consecuencias son moi dañinas. A tecnoloxía ofreceuno9s unhanova forma de acoso e bullyng.