A ciberdelincuencia.
A ciberdelincuencia é definida coma calquer tipo de actividade na que se empregue Internet, redes privadas ou públicas e sistemas informáticos domésticos, co obxectivo de dañar medios electrónicos e redes de Internet. Estes propician os ciberdelitos, é decir, aqueles atentados contra a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos sistemas informáticos, así coma as redes e datos. As finalidades principais desta actividade, é a obtención de datos e información sensible para usos non autorizados que á súa par, encádrase coas porcentaxes máis altas de sucesos; tamén os roubos, a suplantación de identidade, o fraude, e o acoso (entre outros), están na lista dos principais ciberdelitos levados a cabo.
Imaxe extraída de `voz libre´
Actualmente, atopamos catro tipo de ciberdelincuentes:
- Estudantes cualificados ós que lle gusta presumir
- Mozos sen experiencia axudados por internet
- Desenvolvedores profesionais
- Investigadores
O criminal informático máis buscado da historia polo departamento de xustiza Estados Unidos Kevin Mitnick, coñecido coma ´O Cóndor`, quen a partir dos 80, gañou fama pola penetración en sistemas ultraprotexidos coma os de Nokia e Motorola, para roubar segredos corporativos; este home tamén chegou a hackear a outros hackers. Este, recibiu unha condea que durou sete anos en prisión.
Para poder protexer os nosos dispositivos tecnolóxicos das ciberdelincuencias, virus, gusanos, troianos e outro malware, é imprescindible un software antimalware.
No ano 2016, a OEDI (Observatorio Español de Delitos Informáticos), rexistrou unha cifra escalofriante de casos de ciberdelincuencia; 60154 casos, o que suporía un aumento progresivo á par que moi significativo respecto aos anos anteriores. destas 60154, 45894 son fraudes informáticos, 11473 ameazas e coacción, 2697 acceso a interpretación ilícita, 1524 contra o honor, 1188 eran delitos sexuais e 121 contra a propiedade industrial/intelectual.
Fontes de información:
https://sites.google.com/site/criminologos20/noticias-del-blog/conceptoyevoluciondelaciberdelincuencia Criminólogos2.0: Blogue científico. Artículo escrito por Carolina Salazar.
https://www.kaspersky.es/resource-center/threats/computer-vandalism KASPERSKI: Blogue divulgativo
http://oedi.es/estadisticas/ OEDI: Web centrada nos ciberdelitos.
Entrada elaborada por Nerea Valije curso 2017-18