É posible a clonación en humanos?

Clonar humanos é posible, pero hai impedimentos.
Antes de dar unha resposta deberiamos plantexarnos “para que quereriamos clonar a unha persoa”. O razoamento concorda tamén cos acordos de carácter xurídico e ético existentes na actualidade.
Convenio de Oviedo é un tratado da investigación biomédica que determina que “o interese e o benestar do ser humano deberá prevalecer sobre o interese exclusivo da sociedade ou da ciencia”, é dicir, necesitariamos que a clonación humana tivese un fin e unha seguridade para a persoa.
A pesar dos impedimentos bioéticos e legais hai máis obstáculos na suposta clonación de seres humanos. Un deles é que implica un método “extraordinariamente agresivo”, en palabras do científico do Centro Nacional de Biotecnoloxía, porque esixe enuclear unha célula -quitarlle o seu núcleo-, co que se elimina unha parte do citoplasma, e realizar unha reconstrución difícil. “Non se trata dun alfinete picando un globo, senón máis ben dun cano de uralita picando un globo”. Outro sería que é un método moi complexo: Se se tentase a clonación de persoas, deberíase realizar unha estimulación ovárica previa, que non é gratuíta, porque ten implicacións metabólicas e hormonais. Necesitariamos aproximadamente vinte mulleres ou unha soa muller que fose estimulada vinte veces. Aínda que a técnica é posible, é realmente complexa”, asegura o investigador do CNB-CSIC.
En conclusión, a clonación é posible, pero hai factores bioéticos e legais que a impiden, ademais de ser un proceso altamente agresivo e complexo.


Fonte de información:

https://hipertextual.com/2016/07/clonacion-seres-humanos

 

Tags: