A incrible historia de Geobot

 Agora que rematamos co Universo, e ca orixe da vida…., é un dicir.

Antes de pasar a temas novos, gustaríame despedir a Tectónica de placas con este artigo de Xurxo Mariño, biólogo e divulgador científico, ademais de profesor e colaborador con distintas institucións.

 

 

imagen

Disfrutade da historia…

Máis información de Xurxo Mariño.

 

A teoría da Panspermia.

 Esta teoría plantexa que é posible que a vida se orixinara noutro lugar do universo e chegara á Terra mediante impactos de meteoritos e cometas. Xa que se sabe que as bacterias poden sobrevivir en condicións extremas e esta probado que poden habitar no espacio exterior durante un certo período de tempo. Debido a isto pénsase que a vida procede de Marte , xa que houbo unha serie de impactos na Terra de fragmentos de rocha procedentes dese planeta.
O máximo defensor de esta teoría foi o sueco Svante Arrhenius, que pensa que unha especie de esporas e bacterias viaxan polo espacio `sembrando´ vida se se encontran as condicións necesarias. Di que viaxan en fragmentos de asteroides e no polvo estelar, impulsadas polas radiacións.

Os expertos pensan que as bacterias poden sobrevivir a extremas condicións dun viaxe interplanetario, a temperatura, a radiación cósmica e a aceleración.Incluso sobrevivir á entrada na atmosfera.
A panspermia ten dúas versións:

  1. A panspermia dirixida. A vida propagase polo universo mediante bacterias moi resistentes que viaxan a bordo dos cometas.
  2. A panspermia molecular. Cre que o que viaxa polo espazo non son bacterias, senon moléculas orgánicas complexas. Estas, ao aterrizar na Terra mesturáronse coa sopa primordial e iniciáronse reaccións químicas que deron lugar á vida.

Se esta teoría é certa, a `semente´ da vida estaría viaxando polo espazo e a vida podería estar sembrandose noutro lugar do universo.

Fontes de información:

Astromia.com é unha paxina sobre a astronomía e a historia do universo.

El origen del hombre.com é un blogue personal que divulga a historia da evolución e a historia do home.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Cristian Lamas

 

A orixe das especies. Darwinismo.

O Darwinismo é unha proposta que fixo Charles Darwin, xunto con Alfred Wallace, no século XIX sobre a orixe das especies. Darwin recorreu América do Sur, Australia e África nunha viaxe en barco que durou 5 anos na que observou as diferentes variacións das especies, como por exemplo: o peteiro dos pinzóns. Despois da viaxe e das observacións escribiu un libro titulado A orixe das especiese máis tarde escribiu outros libros sobre a evolución do ser humano.

 

Charles Darwin foi o primeiro en ver a “evolución” como un proceso no que as variacións e a selección natural fixeron que os individuos sobreviviran ou desapareceran.

 

Na viaxe que fixo Charles aos 22 anos de idade e que durou 5 anos recolleu moita información para realizar a súa teoría. Nas Illas Galápagos, de orixe volcánica no océano Pacífico, encontrou numerosas probas que foron claves para a realización da teoría. Esta foi a ruta que fixo nesta viaxe.

 

imagen

 

 A teoría da evolución por selección natural ou Darwinismo pódese resumir en:

 

  • Entre organismos existe unha loita pola supervivencia.  Os recursos do medio, como por exemplo o espazo e o alimento, son limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entre eles prodúcese unha loita polos recursos.
  • Entre os individuos dunha poboación existe variabilidade. Os individuos dunha mesma especie que forman unha poboación non son iguais na súa totalidade e pode haber diferenzas entre eles, como por exemplo o tamaño.
  • O medio selecciona os individuos mellor adaptados. Nunha poboación os individuos que presenten unha variación ou mutación vantaxosa para un ambiente determinado terán unha maior probabilidade de sobrevivir e reproducirse que os que non a mostren.

A selección natural actúa sobre as variacións aleatorias que se producen nos individuos. Se as condicións so medio se manteñen sen cambios durante moito tempo, aqueles individuos con variacións vantaxosas que lles dean unha mellor adaptación ao medio, sobrevivirán máis, reproduciranse máis e transmitirán os cambios á descendencia. Polo contrario, os individuos con variacións desvantaxosas terán menos probabilidade de sobrevivir e, polo tanto, de reproducirse. Desta maneira, pouco a pouco, de forma continua e gradual, as especies van cambiando.

Na actualidade esta teoría está aceptada, mais na época na que vivía Darwin isto xerou controversias importantes e debates relixiosos, pois o libro que Darwin escribiu non tiña nada que ver coa teoría creacionista. Supoño que moita xente púxose en contra del e da súa teoría, el sabía que iso pasaría pero iso non o freou. Ti que farías? Sacarías a túa teoría á luz sabendo a polémica que xurdiría?

 - Fontes de información:

 

Libro de bioloxía de 4º ESO. Tema de evolución. Autor: Alejandro Romero Abelló.

www.elorigendelhombre.com. Autor: Germán y Francisco Domingo.

bioinformática.uab.es 

www.portalplanetasedna.com

 

Imaxe de histogeomapas.blogspot.com.es.

 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Sara Gándara

 

Serendipia, a viagra.

Segundo unha investigación do programa sobre temas científicos da BBC Horizon, incluso a Viagra, a droga que máis se vende no mundo, non é usada co propósito orixinal. Comezou orixinalmente para o tratamento de anxina de peito, un problema cardíaco que afecta os vasos sanguíneos que levaban o sangue ó corazón. A compañía farmacéutica Pfizer buscaba na realidade un fármaco que permitise relaxar estes vasos, pero as probas non deron resultados positivos.

Pfizer estaba a punto de abandonar as probas cando os voluntarios que se someteron a estas comezaron a reportar un efecto secundario inusual: moitas ereccións. Chris Wayman, un dos científicos da empresa, estivo a cargo da investigación. Wayman creou un “home modelo” no laboratorio: nunha serie de probetas, colocou substancias inertes e tecido do pene dun hombre impotente.

imagen

Cada porción de tecido estaba conectada a unha caixa que, activada mediante un interruptor, enviaba un impulso eléctrico. A primeira vez que fixo isto non pasou nada, pero unha vez que agregou a Viagra as probetas que contiñan os tecidos, os vasos sanguíneos nestes  relaxábanse, como sucede cun home cando ten unha erección.

“O interesante disto é que a capacidade de erección  restaurábase. Así que estabamos fronte a algo moi especial”, sinala Chris Wayman. Antes do lanzamento da Viagra en 1998 non había tratamento oral para a impotencia. Agora, grazas a un fracasado tratamento para a anxina de peito, os homes teñen outras opcións. Viagra é unha das drogas máis receitadas do mundo.

Webgrafía:

http://serendipialiceo.blogspot.com.es/2013/05/la-viagra.html

Publicado por Andrés Rodriguez, o cal é profesor de bioloxía.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Dario Serodio

 

O proxecto Marvels

 

imagen

Marvels é un proxecto que consiste na procura de planetas xigantes ao redor das estrelas próximas. Os científicos aproximan que encontrarán 150 planetas novos.

Os científicos comezarán a buscar novos planetas observando 11.000 estrelas próximas durante 6 anos.

Para procurar os planetas Marvels empregará un telescopio que pode obter imaxes de sesenta estrelas e o número aumentará a cento vinte estrelas. Emprégase con un conxunto de sesenta fíos de fibra óptica que transporta a luz cara as estrelas. Esto pode detectar pequenos cambios na frecuencia da luz das estrelas.

 Ademaís de intentar bucar novos planetas o proxecto Marvels descubrirá con que frecuencia as órbitas dos planetas gasosos migran cara o interior e, como ás veces rematan en órbitas excéntricas  en lugar de circulares. Tamén ten como obxectivo proporcionar datos para comprobar as teorías de como se forman e evolucionan os planetas.

 Este proxecto é bastante interesante debido que podemos atopar novos planetas que existen pero non sabemos deles. Atoparemos novos planetas?

  Fontes:

  • Universia

http://noticias.universia.es/ciencia-nn-tt/noticia/2008/05/18/580564/proyecto-marvels.htm 

  • Ciencia Nasa

http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2008/08may_marvels/

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Noelia Pena

 

SERENDIPIA: O POST-IT

En 1970 o químico Dr. Spencer Silver estaba traballando no desenvolvemento dun pegamento forte nos laboratorios de investigación 3M, pero só conseguiu fabricar un tipo de pegamento moi débil e  pareceulle un invento inútil polo que non lle deu uso.

Catro anos despois en 1974 un amigo do Dr. Spencer, Arthur Fly, que cantaba nun coro tivo unha brillante idea. Sempre utilizaba puntos de libro para marcar as páxinas do libro das cancións do coro, pero sempre se caían polo que un día ocorréuselle coller o pegamento de Spencer e aplicalo a uns papeis e descubriu que xa non se movían nin caían. Fry trasladou a súa idea aos seus superiores en 3M que se resistiron nun principio, pero que finalmente apoiaron totalmente o desenvolvemento do novo producto. A compañía tardou cerca de cinco anos en perfeccionar a idea e en escalar  o seu proceso productivo. En 1980, 3M finalmente se lanzaron as notas Post-It .

imagen

Imaxe sacada de: http://www.123freevectors.com

Fontes de información:

Xperimania , é unha páxina de divulgación científica.

http://www.buenastareas.com/ páxina web de divulgación con artigos elaborados por estudantes universitarios.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Sara Álvarez

 

Proba da distribuición xeográfica

Fotografía de ACB

(Foto extraída do diario ACB)

O estudo da distribución xeográfica das especies achegou unha das primeiras probas da evolución. Moitos organismos da mesma especie, ou especies moi parecidas, presentan unha área de distribución descontinua e están separados ás veces por enormes distancias. Ao analizar a distribución das especies actuais no planeta, compróbase que non se distribúen en todos os continentes, a pesar que haxa hábitats apropiados para o seu desenvolvemento. Isto explícase evolutivamente considerando que era necesaria, para iso, a colonización ou chegada de exemplares a certas zonas, pero impedírono as barreiras xeográficas (océanos, mares, montañas…) ou a ineficacia dos seus mecanismos de dispersión ou locomoción.

En Australia, os marsupiais constitúen un dos exemplos típicos de distribución que só é comprensible desde o punto de vista evolutivo. Actualmente, están distribuídos case exclusivamente alí. Con todo, están amplamente representados no rexistro fósil. Isto explícase se se ten en conta que os marsupiais apareceron antes que o resto dos actuais mamíferos, os cales ao ser máis eficientes acabaron por substituílos. En Australia, que se separou do continente euroasiático, ao non sufrir a competencia do resto de mamíferos, prosperaron amplamente.

Os pimpíns que Darwin observou nas Galápagos, por exemplo, son unha proba máis das adaptacións evolutivas independentes a partir dos seus antecesores locais, dada a imposibilidade de migración desas especies.

Fontes de información:

Carpeta pedagóxica. Plataforma educativa peruana de recursos dixitai

Portal educativo de Ciencias Naturais e Aplicadas

Libro: Ciencias para o Mundo Comtemporáneo, 1º Bacharelato, editorial Anaya, publicado no 2008.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Natalia Faro

 

A penicilina.

Serendipia é un descubrimento ou un achado afortunado e inesperado que se produce cando se está buscando outra cousa distinta. Un caso de serendipia é a penicilina.

As penicilinas son antibióticos do grupo dos betalactámicos usados profusamente no tratamento de infeccións provocadas por bacterias sensibles. A maioría das penicilinas son derivados do ácido 6-aminopenicilánico, diferindo entre sí según a sustitución na cadea lateral do seu grupo amino.

No 1928, o investigador Alexander Fleming descubriu a penicilina, un acontecementos,  que cambiaría o curso da historia da Medicina. Este achado, que Fleming non deu a coñecer ata 1929, abriu as portas da revolución antibiótica. Moitas especialidades médicas non existirían hoxe se Fleming non se tivera encontrado nunha  placa do seu microscopio un hongo bautizado como “Penicillium notatum”. Este científico, debe a súa fama ao descubrimento da mesma.

imagen

Imaxe: http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4c/Alexander_Fleming.jpg

Fontes  de  información:

* Biografiasyvidas.com. Páxina web cunha ampla unha coleción de biografías.

http://www.biografiasyvidas.com/monografia/fleming/penicilina.htm

* Areaciencias.com. Páxina educativa co recursos para o estudo das cienciase naturais.

http://www.areaciencias.com/DESCUBRIMIENTOS%20CIENTIFICOS/COMO%20SE%20DESCUBRIO%20LA%20PENICILINA.htm

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Yolanda Amil

 

La teoría del universo holográfico

imagen

   Juan Maldacena -un físico teórico- propuso en el siglo pasado de que el Universo que conocemos podría no ser real, sino una gran proyección holográfica, asta ahora su teoría no fue probada, pero muchos científicos japoneses están trabajando en ello.

   La verdadera acción se desarrollaría en un cosmos más simple, y más plano donde no existe la gravedad. Este mundo matemáticamente complejo existe en nueve dimensiones espaciales más una temporal. Esto significa que no es un espacio-tiempo continuo, sino que la información está limitada al número de píxeles que forman dicha superficie.

   La idea de Maldacena podría cambiar totalmente nuestra idea del universo, y si al final todo fuera sólo un holograma? Bueno, mientras no prueben la teoría, cada cual, con sus disposiciones. Aunque, también es posible, que jamás averigüemos las reglas que subyace a todo este asunto de lo real.

Fontes:

- ABCciencia. Páxina do ABC adicada á ciencia. Artigo de autor descoñecido (http://www.abc.es/ciencia/20131214/abci-universo-gran-holograma-afirman-201312131243.html)

- Nature.com. Páxina da revista dixital de divulgación científica estadounidense. Autor Ron Cowen  (http://www.nature.com/news/simulations-back-up-theory-that-universe-is-a-hologram-1.14328) 

- Imagen (http://www.mundoesotericoparanormal.com/nuestro-universo-holografico)

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Carrera

 

Historia do automóbil

imagen

1º Introdución:

Inventor:  Nicholas Joseph Cugnot

O primeiro paso foron os vehículos movidos a vapor. Joseph Cugnot introduciu o primeiro vehículo movido a vapor. Era un triciclo preto de 4,5 toneladas, co sistema de arranque a manivela, e unha potencia de 0.8 CV. pode acadar os 18Km/h.

A historia do automóbil percorre as tres fases dos grandes medios de propulsión: vapor, electricidade e gasolina.

A invención do vehículo de vapor fracasou por ser unha máquina moi pesada e  de difícil condución. Co sistema de arranque a manivela, este primeiro automóbil tiña unha potencia de 0.8 CV, puidendo alcanzar 18 quilómetros por hora.

2º Historia:

1860 O belga Etienne Lenoir, patentou o primeiro motor a explosión. Pasaron uns cantos anos ata que o alemán Gottlieb Daimler construíu o primeiro automóbil propulsado cun motor de combustión interna.

1866 Comezou unha nova industria e un novo mercado.

1881 Vehículo Eléctrico de Jeantaud. A corrente necesaria para o seu funcionamento a proporcionan vinte e unha baterías.

1887 Un tranvía equipado cun motor procedente dos talleres Daimler emprende a súa primeira viaxe en Bad Cannstatt. (Alemaña).

1887 O constructor danés Albert F. Hammel constrúe un vehículo de catro rodas con motor de combustión interna.

1888. O veterinario e cirurxán escocés John Boyd Dunlop inventou o novo neumático con cámara de aire. Xa en 1845, o británico William Thomson Patentou a primeira roda de aire.

1889. O inxeñeiro alemán Emil Capitaine desenvolve un motor de combustión de dous tempos de alta compresión.

1897 En Berlín celébrase o primeiro Salón do Automóvil de Alemania con vehículos Benz, Daimler e Lutzmann.

1897 A empresa suiza SULZER HERMANOS constrúe o primeiro motor diesel.

1901 Prusia ratifica o primeiro regulamento policial para a regulación do tráfico en Alemania, o cal servirá de exemplo para regulamentos parecidos noutros países federais.

1909. A empresa francesa de Dion-Bouton fabrica por primeira vez en serie o motor de oito cilindros en V.

1978 Plymouth Orizon e Dodge Omni son os primeiros autos compactos Americanos con tracción dianteira.

2000: HONDA empeza o século XXI vendendo o INSIGHT, un híbrido gasolina-electricidade nos Estados Unidos.

Entre 1832 e 1839, o home de negocios escocés Robert Anderson, inventou o primeiro vehículo eléctrico puro. O profesor Sibrandus Stratingh de Groninga, nos Países Baixos, deseñou e construíu coa axuda do seu asistente Christopher Becker vehículos eléctricos a escala reducida en 1835.

Historia completa: http://www.monografias.com/trabajos15/automovil-historia/automovil-historia.shtml

 imagen

Fontes de información:

Imaxes:

Información:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Brais González