Neptuno

imagen

Neptuno é o octavo planeta do sistema solar, uns dos planetas exteriores gasosos, descuberto grazas a predicións matemáticas.

Neptuno foi descuberto por Galle , o 23 de febreiro de 1846. Pero anteriormente xa foi observado por Galileo no 1611 , pero o confundiu cunha estrela.

O núcleo  interno esta formado por un núcleo rochoso cuberto por unha costra conxelada , ocultada por unha atmosfera grosa e espesa. Os dous terzos interiores esta composto por unha mezcal de rocha fundida, auga, amoníaco líquido e metano. O terzo exterior é unha mezcal de gas caléente composta por hidróxeno, helio, auga e metano. O manto externa que rodea ó núcleo rochoso de Neptuno, é unha extensa rexión densa e quente, que pode alcanzar temperaturas de 1700 ata 4700 ºC. Trátase dun gran océano cunha gran conductividad eléctrica.

O principal satélite de Neptuno é Tritón, o mais frío do sistema solar observado  por unha sonda, cunha capa polar con geyseres que arrollan neve de nitróxeno. Foi descuberto por William Lassell o 16 de outubro en 1846. É un dos satélites mais grandes do sistema solar, cunha órbita cuña dirección é contraria a dirección da rotación do planeta. Tritón componse por unha cortiza de nitróxeno conxelado sobre un manto de xeo o cal cubre un núcleo sólido de rocha e metal.

Información sobre Neptuno na wikipedia.com

Esta entrada foi elaborada por Pablo González Santos no curso 2013-14

 

Non digas que provimos do mono… pois non é certo!

Sabedes que sempre se di a típica frase “os humanos provimos do mono”, non? Pois ben, esta afirmación é errónea. Nos non vimos do mono, se non que ambos temos antepasados en común.

As probas da evolución demostran que as especies están relacionadas entre si; as especies actuais proveñen de outras que foron sufrindo modificacións ou se foron extinguindo.

Os humanos e os “monos” descendemos dos homínidos, un grupo de primates non arborícolas que apareceron en África, e hai 7 millóns de anos que se desprazaron a Asia. A partires destes homínidos xurdiron por unha banda os gorilas, orangutáns, etc… e por outra banda os humanos, aos que denominamos “xénero homo”.

Este “xénero homo” ten tres características primordiais: É bípede, ten o padal en forma de U e un cranio cun gran cerebro, características que nos diferencian dos “monos”.

Así, podemos saber que os humanos non provimos do mono, se non dun antepasado común. Ademais, non podemos ser descendentes desta especie, xa que ambas convivimos na actualidade.

Nunha imaxe móstrase perfectamente como non descendemos do mono, se non que temos antepasados en común. imagen

Paréceme curioso que a maioría da xente pense que descendemos do mono. Non podemos descender del cando sigue existindo esa especie. Vos que pensades? Non credes que se lle debería explicar a xente a nosa real descendencia?

Bibliografía:

-Fotografía tomada da páxina web SinDioses

-Información sobre se descendemos do mono en Taringa!

-Información sobre o xénero homo na revista Investigaciónyciencia

-Información sobre os homínidos en wikipedia 

Información ampliada co libro de texto de Anaya para Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 1º BACH. Galicia.

Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14 

 

Entre reptíl e ave.

Fai millóns de anos, un pequeno animal parecido ao lagarto comezou de salto en salto a planear. Dende ahí, evolucionouse ata os pterosaurios. Estes reptis mais que voar planeaban; o que lle permitía facer isto eran unhas alas membranosas, pero se estas se rasgaban o animal xa non podería volver voar. Este problema solucionouse cando apareceron as plumas.

En 1861 descubríronse osos dunha especie que podía ser un reptil pequeno, pero xunto a eses osos quedaran grabadas as liñas das plumas. Esta criatura, posuía rasgos característicos das aves: plumas, patas para poder pusarse nas ramas das árbores… pero tamén de reptil: escamas, hocico, dentes e unha cola larga. Tamén posuía tres dedos ao finas das ás acabados en garras que o axudaban a trepar. O palentólogo Hermann Von Meyer bautizouno como Archaeopteryx.

 Este ave-reptil viviu fai 150 millóns de anos; seu hábitat atopábase nuns islotes que separaban unha laguna de augas estancadas do mar aberto, cun clima tropical moi seco. alimentábase de insectos e doutros invertebrados. Utilizaba as ás parar planear ou buscar refuxio nos arbustos das illas.

Imaxe do Archaeopteryx

Nesta páxina podes atopar a evolución de distintas aves que existen hoxe en día : http://www.monografias.com/trabajos65/origen-evolucion-aves/origen-evolucion-aves2.shtml

Estas son outras páxinas nas que podes atopar información sobre esta especie extinguida:  -http://www.avesdelapatagonia.com.ar/aves_origen.htm

-http://cienciaes.com/fosiles/2009/09/30/archaeopteryx-el-ave-antigua/

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Correa no curso 2013-14

 

Wallacismo ou Darwinismo?

A.R.Wallace

Coñeces o Wallacismo? Sabes como se coñeceron Alfred R. Wallace e Darwin? Despois de ler este post conseguiras as respostas ás túas dúbidas.

Todos coñecemos a Darwin como a persoa que conseguiu explicar a evolución da maneira máis acertada na súa época, pero foi o primeiro en chegar ás mesmas conclusións que, anos máis tarde, o levarían ao éxito?

Respondendo a esta pregunta hai que dicir que Wallace era un naturalista inglés, que igual ca Darwin, interesouse pola teoría da evolución e decidiu comezar a buscar probas que a demostaran.

Así pois emprendeu unha viaxe cun compañeiro seu, Henry Walter Bates, en 1848 rumbo ao Amazonas. Nesta viaxe recopilaron numerosa información sobre os escaravellos, pero apenas puideron conservar datos específicos xa que o barco incendiuose.

A pesar deste incidente foi quen de descubrir que as barreiras xeográficas inflúen na distribución das especies.

Os seus seguintes destinos foron Malasia e Nova Guinea. Nesta viaxe conseguiu escribir algunhas das teses sobre a evolución e enviou a Inglaterra numerosas mostrars de especies.

En 1855 escribiu a súa primeira lei, na cal expoñía a súa idea sobre que unhas especies estaban relacionadas con outras e que varias especies teñen antepasados comúns, no seu libro “On the law which has regulated the introduction of species”.

Mentres Wallace recopilaba información por todo o mundo, Darwin seguía a súa viaxe co Beagle por paises como Australia, Nova Zelanda, as illas Galápagos, Chile, Perú…

En 1858, Wallace envíalle un documento onde explica as súas teorías e lle mostra os seus descubrimentos. A carta foi presentada na Sociedade Lineana.

Aínda que, ambos defendían a mesma teoría, había diferenzas sobre algúns temas. Un dos temas polo que tiñan diferente punto de vista era a evolucion do home. Wallace cría na intervención do “universo invisible do espíritu” é dicir, que a razón de ser do universo era o desenvolvemento do espíritu humano; mentres que Darwin non estaba de acordo porque para el a evolución non era nin teleolóxica nin antropocentrica.

Agora que sabes que Wallace chegou as mesmas conclusións que Darwin, pero antes e con menos probas; cres que deberiabamos falar de Darwinismo ou Wallacismo?

Fontes de información:
http://www.elorigendelhombre.com/teoria%20de%20wallace.html

http://www.agenciasinc.es/Multimedia/Ilustraciones/Darwin-y-Wallace-presentan-los-principios-de-la-teoria-de-la-evolucion-por-seleccion-natural

http://www.biologia.edu.ar/evolucion/evo1.htm

http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/

Esta entrada foi elaborada por Jasmin Márquez no curso 2013-14

 

MUTACIONISMO…Unha nova teoría?

 O longo da historia planteáronse muitos interrogantes con respecto a orixen da vida ,debido as súas continuas tranformacións e a gran diversidade de seres vivos que se presentan no planeta, por esa razón hoxe en día non se nega a teoría de que todos os organismos descenden de outros. Unha das teorías é a chamada mutacionismo:

O mutacionismo é unha teoría evolutiva defendida a principios do século XX, entre outros, por Hugo de Vries, segundo a cal a evolución non é o resultado de cambios graduais e acumulativos, si non de cambios bruscos e discontinuos, producidos a causa dalgunha mutación xenética.

Vries, chegou a  conclusión de que as mutaciones eran responsables da aparición de caracteres inesperados ou bruscos nos individuos, a través da realización  dunha serie de estudos de xenética en plantas. Estes resultados foron utilizados por De Vries, Morgan, Huxley, Müller e otros para propoñer a teoría do mutacionismo, en oposición á teoría da evolución de Darwin que postulaba cambios graduales, continuos e non bruscos do fenotipo.

 

imagen

A  teoría do mutacionismo plantea que son as mutacións as responsables do verdadeiro mecanismo da evolución, xa que son elas as que introducen novos cambios no material xenético e, ademais, poden ser herdables. Todos estes descubrimentos supuxeron un reforzo a que as mutacións se producían por azar. Esta teoría  resúmese da siguiente forma:

•  A mutación é o  factor principal na evolución

•  Cando as mutacións son perxudiciais nas especies, éstas son eliminadas da poboación por selección natural.

•  As mutacións favorables son moi escasas, son as responsables do proceso de evolución e  acumúlanse na poboación mediante selección natural.

•  Ao producirse unha mutación favorable pode aparecer unha nova especie.

•  Unha mutación favorable pode presentarse en individuos  que pertencen a poboacións moi alexadas.

•  As mutacións son as únicas que teñen un valor evolutivo, e dicir, que constitúen o verdadero mecanismo da evolución.

Nunca vos preguntastes , ¿ cómo e de onde proceden os seres vivos?, ¿cales foron as súas primeras formas de vida? ¿Poden cambiar as especies co paso do tempo? ¿ Cómo se produciron eses cambio?

Enlaces consultados :

Blog de bioloxía: http://biologia-sil-ricardo.blogspot.com.es/2007/11/origen-de-la-vida.html

Páxina web:

http://www.webdianoia.com/glosario/display.php?action=view&id=228&from=action=search%7Cby=M#bt

Páxina educativa venezolana:  http://www.rena.edu.ve/cuartaEtapa/Biologia/Tema14.html

Información fotográfica: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/v/vries.htm#bt

Esta entrada foi elaborada por Alba Bernárdez no curso 2013-14 

 

Urano

Falemos sobre o planeta Urano

                                                                                             

O planeta Urano, foi descuberto en 1781 polo astrónomo William Herschel. Este planeta ocupa o sétimo lugar respecto a distancia o sol.

A atmosfera de Urano esta formada por hidróxeno, metano e outros hidrocarburos. O metano absorbe a luz vermella, por iso reflexa os tonos azuis e roxos. O interior do núcleo de Urano esta composto por rocas e xeo de difernte tipo. En Urano , non podía haber vida, xa que a presión e o seu frío son extremos; ademais os raios solares apenas traspasan a atmosfera uns poucos de metros. A principal característica de Urano , e a inclinación do seu eixe de rotación de case noventa grados con respecto da súa órbita. Esta inclinación non se limita so o planeta, senón que tamén afecta a os seu aneis, satélites e campos magnéticos. En Urano as temperaturas medias son inferiores a -100º C.

No ano 1977 foron descubertos os nove primeiros anillos e en 1986, foron descubertos outros dous grazas a nave Voyager. Urano ten dúas lúas: Titania e Oberón. E tres satélites: Umbriel, Ariel e Miranda. A inclinación sorprendente de Urano causa un efecto curioso, o seu campo magnético, inclina 60º en relación o seu eixe e a súa cola ten forma de tirabuzón, que e a causa da rotación do planeta.

Urano e un planeta cunhas características moi interesantes e é un planeta moi chamativo.

Fontes:

- Astronomia.com  Páxina educativa sobre astronomía

- Astrojem.com

Esta entrada foi elaborada por Brais Vidal no curso 2013-14

 

ÓRGANOS INNECESARIOS?

  Un dos sinais que se estudan nas especies para coñecer o seu proceso evolutivo son os coñecidos órganos vestixiais. Estes órganos son aqueles que perderon a súa función no curso da evolución da especie, pero que nun pasado foron órganos funcionais. O ser humano foi evolucionando durante miles de anos, e durante este período desenvolveu capacidades como a de camiñar ergueito. Pero á vez que se desenvolven unhas capacidades, outras vainas “esquecendo”, e aínda conserva características primitivas en osos ou órganos innecesarios actualmente.

Aquí vos deixo algúns dos exemplos de órganos que rematarán por desaparecer nun futuro:

  • Moas do xuízo: antigamente servían para mastigar ramas, pero na nosa dieta son inservibles e o único que probocan é moita dor.

    imagen

  • Terceiro párpado: as aves e os mamíferos tiñan unha membrana especial para protexer o ollo. Os humanos conservámolo, pero só como un pequeno pliegue na esquina do ollo.

imagen

  • Apéndice vermiforme: este estreito tubo muscular unido ao intestino groso sevía como área especial para dixerir a celulosa cando a dieta dos humanos consistía máis en proteínas vexetais que en animais. Tamén produce algúns glóbulos brancos. Segundo algunhas teorías pode funcionar como reserva de flora intestinal para axudar en dixestións problemáticas. Este órgano, ao infectarse, pode producir a famosa apendicite, moi dolorosa e que ao detectarse ten que extirparse.

    imagen

  • Pelo corporal: as cellas serven para evitar que o suor caia nos ollos, e a barba na selección sexual; pero a maior parte do pelo restante non ten función. No pasado servía para protexerse do frío.

imagen

  • Os dedos do pé (excepto o polgar): o ser humano só utiliza o dedo polgar para manter o equilibrio, e os demais dedos non teñen ningunha función.

imagen

  • Coxis: estas vértebras unidas son todo o que queda do rabo e a maioría dos mamíferos aínda o usan para manter o equilibrio e para comnicarse. Os nosos antepasados homínidos perderon a súa necesidade cando comezaron a camiñar ergueitos.

imagen

Outros exemplos de órganos vestixias son o tubérculo de Darwin ou a carne de galiña.

Os órganos vestixiais non existen só nos humanos, senon tamén no resto das especies, e son unha prova da evolución; como por exemplo os ósos da pelve dos cetáceos, que son homólogos dos ósos correspondentes dos vertebrados de catro patas, o que imlica que os ofidios e cetáceos evolucionaron a partir de predecesores cuadrúpudes.

Grazas a estes órganos resolvéronse moitas dúbidas sobre a evolución, pero ainda queda moito por saber. O tempo e o progreso científico son os únicos que o poden resolver, por iso é moi importante invertir neste campo. Porque, se órganos tan importantes coma os citados anteriormente estan desaparecendo, quen pode dicir como seremos nun futuro?

Fontes de información:

 Revista Journal  theoretical biolgic, revista de divulgación científica en inglés.

Información dos organos vestixiais , do blogue interesante de Esther Samper

Imaxes

 -Foto da moa de xuízo: da páxina de clinicasprivadas.net

 -Foto terceiro párpado: da páxina de elotrojuan.blogspot.com

 -Foto apéndice: da páxina web de abc.com

 -Imaxe pelo corporal: da páxina web de taringa.net

 -Imaxe dedo pé: páxina web ojocientifico.com

 -Foto coxis: páxina web de beliefnet.com

 Esta entrada foi elaborada por Laura Guillade no curso 2013-14

 

Homo neanderthalensis

O Homo neanderthalensis é o humano extinguido máis próximo ao Homo sapiens, a nosa especie actual. Viviu en Europa e no oeste de Asia dende  hai 200000 ata hai 30000 anos aproximadamente.  O enterramento máis antigo que se coñece desta especie atópase na Sima de los Huesos (Burgos). Estaban adaptados ao frío e destacaron como cazadores. Ademais, foron os primeiros que efectuaron prácticas funerarias.

Tiñan unha cara grande, cun nariz ancho, e unha estrutura ósea moi robusta, que soportaba unha gran musculatura. En cambio, eran máis baixos ca nos. Desenvolveu un volume cranial que chegou a ser superior ao noso, abranguía entre 1245 e 1740 cc. Fabricaban ferramentas moi eficaces e adornos corporais, enterraban os seus mortos e celebraban rituais simbólicos complexos. Tamén utilizaron o fogo, o que lles proporcionaba grandes vantaxes para a súa supervivencia.

Esta especie non é un antepasado directo noso, senón que se atopaba nunha rama evolutiva paralela. Os neandertais son os humanos extinguidos que máis coñecemos. Tense constancia de que conviviron coa nosa especie en diversos lugares e épocas, polo que puido haber intercambio cultural, e incluso mestizaxe.

imagen

Existen algunhas dúbidas acerca da súa extinción, aínda que todo apunta que a nosa especie foi a culpable. Que opinades vos disto? Na miña opinión, nos poderíamos ser a principal causa, porque  somos bastante acaparadores e un pouco egoístas.  Por outra parte, os científicos aseguran que tiñan a súa propia linguaxe debido a súa alta capacidade mental, e algúns atrévense a dicir que podían ter telepatía (mover obxectos ca mente, por exemplo). Que pensades vos da telepatía nos neandertais? A min cústame imaxinar que isto fora certo, pero todo é posible.

Fontes de información e imaxe:

- http://www.portalciencia.net/antroevonean.html : un portal de ciencia.

-http://humanorigins.si.edu/about/bsic/introduction : unha páxina científica dun museo de historia.

-Libro de bioloxía e xeoloxía de 4º ESO. Editorial santillana, proxecto os camiños do saber. Dirixido por Antonio Brandi e Ana María Guerra.

Esta entrada foi elaborada por Xeila Bernárdez no curso 2013-14

 

KEPLER 186f

Hai poucos días un equipo internacional de investigadores anunciaron que foi descuberto un novo planeta rochoso de nome Kepler 186f,  que podía ter auga líquida na súa superficie. Este novo planeta foi descuberto utilizando o telescopio da NASA Kepler, que foi lanzado ao espazo no ano 2009.  Dado que a presenza de auga líquida é esencial para a vida na terra, moitos astrónomos creen que buscar vida extraterrestre debe centrarse nos planetas onde exista este líquido. Non se sabe se este planeta está habitado, só se sabe que é posible e que a zona é habitable, pero realmente non significa que haxa vida nel.

imagen

Os planetas rochosos como a Terra, Marte e Venus, obtiveron as súas atmósferas dos gases volcánicos como o dióxido de carbono e vapor de auga, liberados do interior do propio planeta. Os planetas en zonas habitables como a órbita da Terra, están a unha distancia apropiada dunha estrela para que o vapor de auga permaneza en estado líquido na súa superficie. Os planetas como Venus, que orbitan un pouco mais perto do sol perden a súa auga líquida e conteñen sobre todo, dióxido de Carbono. En cambio, planetas como Marte que orbitan un pouco máis lonxe do sol teñen a súa auga en forma de xeo.

Kepler- 186f parece estar en órbita no borde exterior da zona habitable arredor da súa estrela, o que pode significar que calquera auga da superficie estea  en perigo de conxelación. Sen embargo, ao ser un pouco máis grande que a Terra, a esperanza que teñen os investigadores é que isto faría que a súa atmósfera tamén é mais densa e isto faría que a súa temperatura fose maior.  Pero tamén hai que ter en conta, que Kepler - 186f xira arredor dunha estrela totalmente distinta ao sol, xa que é unha estrela anana, máis pequena e mais fría que o  sol.

FONTE DE INFORMACIÓN

- Artigo da revista de divulgación QUO.

  Esta entrada foi elaborada por Ana María Fernández no curso 2013-14 

 

O experimento de Miller e Urey

O gran misterio da vida, coñecer as primeiras moléculas que apareceron e que nos levaron a ser o que somos na actualidade e as condicións nas que estas se produciron. Algo similar conseguiron os biólogos estadounidenses Miller e Urey na década dos 50 obtendo así un dos maiores éxitos na historia da investigación da orixe da vida.

O experimento consistiu no deseño dun tubo que contiña a maioría dos gases similares aos da atmosfera primitiva (metano, amoníaco e hidróxeno) e unha piscina de auga que imitaba ao océano. Os electrodos descargaban unha corrente eléctrica de 60000 voltios simulando un raio mentres a auga se mantiña en ebulición e condensación constantemente, e así durante varios días. Finalmente extraíase unha mostra de auga grazas a unha chave e analizábase.

 

imagen

 A proba repetiuse varias veces, e en todas elas se obtiveron diferentes moléculas orgánicas que se uniron formando coacervados e sostendo así a teoría de que a primeira forma de vida xurdiu de forma espontánea a partir de elementos inorgánicos.

Este tema está moi relacionado coa evolución, que estamos tratando agora mesmo, xa que fala da orixe da primeira forma de vida, a partir da cal evolucionaron todas as formas coñecidas ata a actualidade.

FONTES DE INFORMACIÓN:

-Ventanas al Universo, unha páxina científica en castelán.

-Naukas, páxina que contén algúns artigos relacionados coa ciencia en castelán.

IMAXE:

-Blog de Ciencias del Mundo Contemporáneo.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Pino no curso 2013-14