A adicción de fumar, “un vínculo xenético”

 Os científicos identificaron variacións xenéticas que incrementan nas persoas as posibilidades de desenvolver unha adicción a fumar, o que implica que sexan máis propensas ao cancro de pulmón. Isto fixo pensar aos científicos que o estilo de vida únese coa xenética e chega a producir cancro.

Esta é unha especie de dobre whammy xene“, dixo Christopher Amos, un profesor de epidemiología, tamén dixo que somos propensos a dita adicción, pero e moi difícil que poidamos abandoalo hábito.

Tabaco

Un fumador que herda as variacións xenéticas de ambolos seus pais tera un 80 porcento máis de posibilidades de contraer o cancro. Ademais acende 2 pitillos máis ao día e custaralle moito máis deixar de fumar.

Os científicos están evaluando se a xenética está relacionada co cancro de pulmón directa ou indirectamente. Ademais de que non se está 100% seguro de que as variacións proveñan de un só xen ou de tres.

Isto é un gran descubrimento porque poderemos saber as posibilidades que temos de ter dito cancro e a forza de vontade para deixar de fumar.

Adición a fumar 

A xenetica afecta a deixar de fumar 

Cancer de pulmón 

Este post foi elaborado por  Moises González no curso 2011-12

 

A clonación dos nosos antergos.

Unha serie de investigadores do Consorcio HSR (Homo Sapiens Resurect) entre os que se encontran un grupo de españois dirixidos polo biólogo Manuel Capitán estan a levar a cabo un proxecto de clonacion dos nosos antepasados os Homo sapiens que como xa sabemos habitaron a sabana africana fai uns 200.000 anos.

O proxecto consiste basicamente en buscar nais de alquiler que esten dispostas a resucitar e a criar os nosos antepasados. Así pois, a resurrección dos nosos primeiros antepasados, de hai 200.000 anos, está prevista para finais do 2012 ou comezos do 2013. E xorden miles de preguntas de todo tipo respecto diso: é ético facelo? que aspecto terá a nena? morrerá por mor de enfermidades contra as que nós estamos inmunizados? poderá ser feliz sabéndose obxecto da atención de todos? será máis ou menos intelixente que as súas amigas?

Hai que destacar que hai outros proxectos para dar a vida a outras especies antepasadas como o Mammut, investigadores xaponeses e rusos suxiren que en tan só 5 anos poderiamos ver camiñar a un Mamut, grazas aos avances da clonación, dando así unha nova esperanza a outras especies de animais que desapareceron por culpa do home.

Imaxes: google

Fontes  de información: blog de cosas

  imagen

Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12

 

Críticas á clonación

A clonación plantea serios problemas na sociedad e sobre todo no mundo da ciencia, donde destacables partidarios dunha e outra postura se enfrentan en discusións e planteamentos diferentes. Neste campo da ciencia, a clonación, poden producirse delitos tales como clonar persoas sen conocemento e consentimento delas. Ademais existen riscos de transmisión de enfermidades ó home máis alá da barreira da especie. Debemos aceptar que a clonación otorga ventaxas tales como a posibilidade de producir soamente órganos para salvar a vida dun ser humano que requira do dito órgano para sobrevivir, ou a propagación de especies en extinción para manter o equilibrio ecolóxico do planeta, así como a posibilidade de permitir a unha muller estéril ter un fillo dela mesma utilizando calquer célula do seu organismo. Pero non debemos olvidar que a clonación leva consigo a discriminación social.

Estase mellorando xenéticamente ó ser humano, dándolle ventaxas de superioridade antes de nacer. Pero, Quen pode dicir que estes individuos clonados deban esforzarse, superarse e loitar por unha meta? Isto sería o que fai ao ser humano “mellor”. Quen pode afirmar que eses individuos non son como animales domesticados cunha vida predeterminada de anteman?

Unha gran problemática é a dignidade como persoas, as persoas clonadas son copias doutras persoas. Así négase a este individuo a posibilidade de desenvolverse como ser individual, olvídanse os seus dereitos e viólase a súa integridade. Non se pode olvidar que as persoas clonadas son persoas con mente e alma propia. Se vísemos a clonación humana como técnica para salvar ó home estaríamos aceptando o asasinato como medio de dar vida, o cal é inaceptable ou polo menos inxustificable.

 clonación humana

 A imaxe saqueina de:

http://clonacion

A miña fonte de información foi:

http://Universidad de Navarra

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

A automedicación

A automedicación é o uso irresponsable de medicamentos e sen receita previa de algún medico de cabeceira, o costume de tomar estes medicamentos sen a receita aumentou nos últimos anos. Esta utilización indebida pode causar que o organismo xere células que resistan ao medicamento e posiblemente a longo prazo o antibiótico non faga as funcións que debería realizar ou non ao 100 %. Outro efecto que pode provocar é a intoxicación. E por ultimo as interaccións non deseadas, é dicir poida que ao tomar o medicamento sen receita mesturémolo con outra substancia non conveniente e facer o corpo inmune ao medicamento ou facelo ata mais potente, é dicir que pode provocar efectos malos sobre nós.

imagen

 Foto sacada da páxina : http://prevencion-de-saúde.com

No miña opinión a automedicación non é moi boa xa que non levamos o control do medicamento que consumimos e non sabemos sen son todos os medicamentos compatibles cos demais sen que provoquen unha reacción que nos cause un efecto secundario ou varios no noso organismo.

Información retirada das seguintes páxinas : Prevencion de salud   e Wikipedia

Este post foi elaborado por Francisco Da Pena no curso 2011-12

 

Proba da anatomía comparada.

Distintas especies presentan partes do seu organismo constituídas baixo un mesmo esquema estrutural, apoiando unha homoloxía entre órganos ou similitude de parentesco, e polo tanto dunha orixe e desenvolvemento común durante un período de tempo.

Os órganos que desempeñan a mesma función, pero teñen unha constitución anatómica diferente chámanse ÓRGANOS ANÁLOGOS, como a á dun insecto e a á dunha ave que xa vimos, e representan un fenómeno chamado CONVERXENCIA ADAPTATIVA, polo cal os seres vivos repiten fórmulas e deseños que tiveron éxito.

 imagen

Se os órganos desempeñan funcións distintas pero teñen a mesma anatomía interna chámanse ÓRGANOS HOMÓLOGOS, como son a á dunha ave ou a aleta do delfín, e representan a DIVERXENCIA ADAPTATIVA, pola cal os seres vivos modelan os seus órganos segundo o seu modo de vida, ou o ambiente no que están, etc.

imagen

 A información saqueina de: xuletas.es e antropomorfo

Este post foi elaborado por  Nerea Lemos no curso 2011-12        

 

O efecto “placebo”.

imagen

O efecto placebo é a capacidade curativa dun axente terapéutico que non produce ningún efecto farmacolóxico. Isto é, un proceso psíquico-fisiolóxico no que os síntomas do paciente melloran cando se lle está dando un tratamento que non ten propiedades curativas sobre a enfermidade que causa os síntomas. O paciente ao crer que é un bo medicamento, mellora, aínda que sexa só unha substancia inocua, como un caramelo de menta.

Crese que a mellora no paciente é o resultado da activación do núcleo accubens, unha rexión do cerebro asignada á experimentar beneficio e recompensa, que cando se activa segrega unha hormona, a dopamina, provocando alivio á dor.

O placebo utilízase nos ensaios clínicos xunto con fármacos, o grupo de persoas que se vai tratar co fármaco divídese en dous, e a unha metade adminístraselle o fármaco e a outra o placebo. Se o fármaco resulta efectivo deberanse apreciar diferencias significativas con respecto ao grupo do placebo.

En psicoloxía, o placebo tamén se aplica a pacientes con déficit mental, é dicir, se estes melloran notablemente cun placebo, quere dicir que os síntomas da enfermidade estaban provocados pola mente.

Tamén existe o efecto nocebo, do cal se podería dicir que é o contrario ao efecto placebo. Empeoramento dos síntomas dunha enfermidade por ter o presentimento de que a terapia coa que se esta a tratar non é efectiva ou prexudicial.

Fontes: Tendencias21.net , Wikipedia.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12 

 

A Dieta Mediterránea.

  • QUÉ É?

A dieta mediterránea é a forma de alimentación que, dende hai varios séculos, manteñen os pobos da ribeira do mar Mediterráneo.

A dieta mediterránea foise forxando ao longo do tempo, e é froito da influencia que nos deixaron todos os pobos que pasaron por este país: iberos, celtas, gregos, romanos, bárbaros e árabes. Gregos e romanos sentaron as bases do que actualmente coñecemos como dieta mediterránea coa “trioloxía mediterránea”; pan, aceite e viño, presentes dende sempre na nosa cultura.

  • ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS:

imagen

  1. Abundancia de alimentos de orixe vexetal: froitas, verduras, pan,  pasta, arroz, cereais, legumes e patacas.
  2. Consumir alimentos de tempada no seu estado natural, escollendo sempre os máis frescos.
  3. Utilizar o aceite de oliva como graxa principal, tantopara fretir como para aderezar.
  4. Consumir diariamente unha cantidade moderada de queixo e iogur.
  5. Consumir semanalmente unha cantidade moderada de peixe, preferentemente azul, aves e ovos.
  6. Consumir froitos secos, mel e olivas con moderación.
  7. A carne vermella algunhas veces ao mes.
  8. Consumir viño con moderación normalmente durante as comidas e preferentemente tinto.
  9. Utilizar herbas aromáticas como unha alternativa saudable ao sal.
  10. Realizar algunha actividade física regular para facer traballar ao corazón e manter en forma nosas articulacións e o noso ton físico.
  • BENEFICIOS DA DIETA MEDITERRÁNEA:

As propiedades saudables que se lle atribúen baséanse na constatación de que nos países mediterráneos se consume máis graxa que nos Estados Unidos, a incidencia de enfermidades cardiovasculares é moito menor. Parece ser que a dieta mediterránea está asociado cun menor risco de deterioración cognitiva leve durante o envellecemento.

  • FONTES DE INFORMACIÓN:

Sabormediterráneo e Saludalia, contidos e imaxe.

Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12    

 

Lamarck VS Darwin

Lamarck e Darwin foron ambos evolucionistas pero diferiron nalgúns conceptos:

LAMARCK: Foi o primeiro en establecer unha teoría evolucionista. As súas ideas poden resumirse en:

- Nos organismos existe un impulso interno que os leva a buscar unha perfeción.

- Os cambios no ambiente provocan novas necesidades nos organismos.

-Desta maneira, os organismos vense obrigados a utilizar máis certos órganos ou deixar de facelo. Por este uso ou desuso, prodúcese a formación, desenvolvemento, debilitación ou atrofia e desaparición destes órganos, o que causa alteracións ou cambios na constitución dos organismos.

-Estes cambios, adquisicions ou pérdidas, son herdables.

O exemplo da evolución das xirafas

1. Ante a falta de follas, as xirafas que non chegan ás zonas máis altas (onde se atopa o alimento) estiran o pescozo e as patas para poder alcanzalas.

2. Así, co uso destes órganos, aparecen estes alongamentos, que son herdados de xeración en xeración.

 Lamarck

DARWIN:Mellorou a teoría lamarckista,defendendo a teoría da evolución por selección natural, onde se establecía que:

-Existen pequenas diferentas ou variacións entre os INDIVIDUOS DUNHA MESMA ESPECIE.*Exemplos: tamaño, cor, habilidades para cazar… A maioría son herdables.

-Establécese unha loita pola supervivencia, coitando polos escasos recursos do medio.

- Algunhas variacións teñen máis éxito ca outras. Os individuos que logren sobrevivir porque posúen algunhas variacións favorables deixarán máis descendentes ca os que teñen variacións menos favorables.

-A especie cambia. Se as condicións ambientais se manteñen, as variación favorables irán sendo máis abundantes cada xeración e   as menos favorables irán desaparecendo.De forma continua e gradual a especie cambia.

O exemplo das xirafas explicado dende a perspectiva de  Darwin:

      1. Ante a falta de follas, as xirafas máis altas, cun pescozo máis longo, sobrevivirían; e as máis pequenas, ao non alcanzar as zonas máis altas(onde se atopa o alimento) morrerían.

      2. Deste xeito acabarán por predominar as xirafas de pescozo e patas longas, xa que ao ser as únicas que sobreviven, serán as que deixarán descendencia, a caa herdará estes caractereres.

 As miñas fontes de información foron:

http://mibitacora.com

http://biologiamedica.blogspot.com/

A foto saqueina de:

http://biologiamedica.blogspot.com/

Este post foi elaborado por  Margarita Bernardez no curso 2011-12

 

Por que dormimos?

Ainda que parezca increíble levamos toda a vida dormindo, pero non sabemos de momento porque temos esta necesidade. Esta demostrado que as persoas poden sobrevivir máis tempo sen comer que sen dormir. Existen diversas teorías que buscan dar resposta a este gran misterio:

Cando a necesidade é moi grande dormese en calquera lugar

- Unha das teorías científicas acerca do sono é a evolutiva que explica que os animais diurnos  dormimos para poder sobrevivir, asi evitamos perigros que nos asoman,  andar na oscuridade ou o frío da noite. Esta teoría só explica cando dormimos non por que.

-  Outra teoría dinos que o cerebro  precisa descansar xa que este require a constante reparación de neuronas e exercitar as conexions neuronais importantes para que non se deterioren.

- Outra función importante que facemos mentres durmimos é repoñer tecidos, células mortas, sustancias químicas ou reparar músculos.  Ademais de estas funcións dormir nos axuda a previr enfermidades cardiovasculares xa que durante o sono  a nosa presión arterial baixa entre un 20% e un 30% e unha redución dun 15%  no ritmo cardíaco.

Para rematar direivos que fixose un estudo con ratos en Estados Unidos que consistia en mantelos despertos varios días, as 24h de dar comezo o estudo, todolos ratos morreran por falta de descanso.

Imaxe : Google imaxes

Bibliografía

http://www.sleepdex.org

http://francisthemulenews.wordpress.com/2008/02/04/%C2%BFpor-que-tenemos-que-dormir-o-mas-sobre-la-teoria-de-mr-dnas-sir-francis-crick/

Este post foi elaborado por Jorge Nuñez no curso 2011-12  

 

Mamuts no S. XXI ?

As avanzadas técnicas de clonación que permiten os exitosos resultados, de un 30% de efectividade, obtidos con probas en gando, fannos soñar coa posibilidade de clonar un Mamut Siberiano, que aínda que viviu entre fai 35.000 e 10.300 anos en toda europa, fai 3.600 anos extinguíronse os ultimos exemplares que vivian en siberia.

Pero as mostras utilizadas para a clonación experimental estiveron tan só 16 anos conxeladas, a diferenza dos 5000 anos que levaba conxelado o mamut no conxelador siberiano ata que o atoparon extraeron unha mostra. E sendo un animal que ten un período de xestacion de mais de 18 meses fai que aumenten as posibilidades de que non sexa exitosa a clonación. Según explica Elena Ibáñez, profesora do departamento de Bioloxía Celular, Fisioloxía e Inmunoloxía da Universidade de Barcelona, precísase unha célula da que extraer o ADN a clonar, e un óvulo fértil onde insertalo, logo de “reprogramar” o ADN para que naza un novo individuo. A falta dunha femia de mamut, haise que conformar cunha femia de elefante africano

 

imagen

Sería un gran avance da ciencia poder devolver a vida a un animal coma este, pero de conseguilo, non sei se sobreviviría ou lograria adaptarse ao clima da terra actual, decenas de miles de anos despois de que predominasen nas chairas europeas xeadas. Pero espero que o consigan, é un animal colosal e sería estupendo telo de novo connosco.

Fontes: Informativos telecinco, Gizmodo.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12