Gravidade artifial; ficción ou realidade

Nas últimas décadas a carreira espacial permitiunos coñecer moito sobre o espacio, no que experimenta  a sensación de gravidade cero, ou mellor dito, de microgravidade.

 Pero primeiro, qué entrendemos por gravidade? A gravidade é unha das catro forzas universais observadas na natureza, e é unha aceleración constante que experimenta un corpo con respecto a outro. Isto significa uqe para que houbera gravidade na estacion espacial por exemplo,  ésta teria que ter unha masa similar á da terra, para contrarrestar a sua atraccion.

Isto é inviable, polo que  no que se pensou foi en contrarrestar esta forza cou outra, como a centrífuga.

 Se unha nave espacial de radio R, que xira sobre o seu eixe de rotacion con velocidade angular constante:

imagen Sendo a forza de aceleración centrípeta diferente para o astronauta na cabeza; ac= ω2(R-h), e nos pés; ap= ω2R

O cociente de ámbañas dúas forzas de aceleración é  , polo que a diferencia do radio á cabeza do astronauta e aos pés ten que ser o menor posible, para que non se perciba unha diferencia. Por exemplo, si ac =0.99 · ap  e medindo o astronauta h=2 m o radio da nave que debe estar xirando sería de cerca de 200m.

 Isto quere decir que en todolos filmes de ciencia ficcion sobre o espacio que deu esta carreira espacial, nos que existe unha forza gravitatoria nas naves, é unha proba de que os directores non se molestaron por recrear un ambiente “realista”, a excepción de Wernher von Braun, que na sua película 2001: Una odisea del espacio na que os protagonistas viaxan a Xupiter a bordo dunha nave espacial que rotaba sobre si mesma

imagen

 Bibliografía e Imaxes: elcomercio.es, sc.ehu.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12  

 

A cremalleira ou cerre éclair

A cremalleira é un dispositivo dentado que foi ideado por Gideon Sundack en 1911, un inmigrante sueco residente en Canadá,  e patentado dous anos despois.

O seu primer uso comercial de importancia foi en 1923 cando a Goodrich Corporation usou o invento para poder cerrar e abrir máis comodamente as bolsiñas de tabaco e as botas.

No transcurso desa década e da seguinte modernizouse o uso que máis se lle da na actualidade: na industria textil, tanto nas cremalleiras dos pantalóns ou como nas chaquetas e demáis prendas.

O seu mecanismo é sinxelo, tratase de dentes colocados de maneira alternativa a un e outro lado cerrando ó subir un mecanismo que xunta os dentes de cada lado e separándo  ó facer o movemento contrario, tal e como aparece no seguinte gif.

Mecanismo de uso dunha cremalleira

Sen dúbida, a cremalleira é un dos inventos máis usados na nosa vida. Quen non sube ou baixa cada día unha cremalleira, sexa dun pantalón ou dunha chaqueta?

Fontes:

Wikipedia

Edgar González

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

O automóbil

O primeiro automóbil foi creado en 1725, era un automóbil a vapor obra de Juseph Cugnot un inventor francés. Pero o primeiro motor a combustión interna foi creado por  Karl Benz en Alemania no ano 1885.

O primeiro automóbil

A partir de 1900 comezou a construción de automóbiles de forma masiva en Francia e nos Estados Unidos, onde en 1908 Henry Ford comezou a construír en cadea.
O motor a combustión consiste nunha evolución do motor de vapor, pero en este se utiliza a combustión de aire e un combustible, o no de vapor a presión que exerce o motor.


A creación deste motor foi un dos maiores adiantos da historia, aínda que agora  se dubide del por que a súa utilización foi un exceso e provoca moita contaminación.

Fontes:

http://www.elalmanaque.com/motor/historia.htm

Este post foi elaborado por Moises González no curso 2011-12

 

Os Transplantes.

O transplante é un tratamento médico complexo. Permiten que persoas nas que un determinado órgano ou tecido está deteriorado poidan ser remplazados con outros órganos de outras persoas que os doan. A ventaxe dun transplante é a cura dunha enfermidade, coma a deficiencia cardíaca, ou prolongar a vida dunha persoa na que a esperanza de vida é baixa. Ante a posibilidade de que o corpo rexeite o órgano enxertado, realízanse previamente probas coma a do grupo sanguineo; tamen despois da operación, o receptor debe medicarse con fármacos inmunodepresores, para reducir así a posibilidade de rexeitamento do órgano.

O tempo varía dependendo de varios factores. En primeiro lugar débese considerar o órgano ou tecido a transplantar. En segundo lugar se o enfermo conta con algún doador vivo que estea disposto e sexa compatible. En terceiro lugar, depende da institución médica e o grao de actividade que desenvolva para a obtención de órganos, así como da súa demanda de transplantes.
O órgano que máis se require para transplante é o ril, seguido de córnea, mentres que o número de pacientes que requiren transplantes de fígado, corazón e pulmón é moito menor. No caso do ril e córnea o tempo media de espera é entre 24 e 30 meses. No caso de fígado e corazón os tempos de espera poden ser moito máis longos. O transplante de órganos tivo e está a ter un desenrolo espectacular a nivel nacional; así se converteu España no país que máis transplantes de doante cadaver por poboación se realizan. A taxa de éxito nos transplantes é do 80 % e o 90 %. A importancia das doazóns cobra importancia cando se nos dí un dato tan relevante:”un doante de órganos pode salvar ata 8 vidas”.

Por último,como un dato de gran importancia,destacamos que nos Estados Unidos de América máis de 20000 hispanos necesitan un transplante; mais arredor de 53000 recibiron un órgano que lles privaría da vida no caso de que non o houberan recibido.

imagen

Fontes de información:

Wikipedia: transplantes

donatelifeny

cenatra salud

O.N.T.

Como conclusión que fago, é que os transplantes a día de hoxe teñen unha gran importancia; xa que conseguen que a xente poida mellorar a súa vida ou alongala se o individuo estaba a punto de morrer.

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

A Lámpada Incandescente

As lampadas incandescentes foron a primeira forma de xerar luz a partir da enerxía eléctrica. Desde que foron inventadas, a teconoloxía cambiou moito producindo sustanciosos avances na cantidades de luz producida, no consumo e a duración das lámpadas. O seu principio de funcionamento é simple, pásase unha corrente eléctrica por un filamento ata que este alcanza unha temperatura tan alta que emite radiacións visibles polo ollo humano.

  • Historia:

O invento da bombilla atribúeselle a Thomas Edison quen presentou o 21 de outubro de 1879 unha lámpada práctica e viable, que luciu durante 48 horas seguidas, non obstante o invento foi desenrolado primeiramente por Humphry Davy e Warren de la Rue. Pero ainda así foille concedida a patente en 1880.

  • Partes da lámpada:

Esta formada por un fio de wolframio que se quenta por efecto Joule alcanzando temperaturas tan elevadas que empeza a emitir luz visible. Para evitar que tal filamento se queime ao contacto co aire, rodéase cunha ampolla de vidro á que se lle fai o vacio ou se rechea cun gas. O conxunto completase cuns elementos con funcións de soporte e condución da corrente eléctrica e un casquillo normalizado que sirve para conectar a lámpada á luminaria.

imagen

Opinion Personal:

Na miña opinión a invención da lámpada incandescente foi un dos máis revolucionarios na sociedade, xa que sen bombillas a nosa vida non seria a mesma, nin tampouco serian posibles moitos dos inventos de hoxe en día.
As fontes de informacion foron:

 wikipedia

A páxina é da universidade politecnica de cataluña

Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12    

 

Pendrive: Unha nova forma de transporte de datos.

 No ano 1998 unha empresa estadounidense  (IBM) creou o primeiro Pendrive, un dispositivo de almanezamento que utiliza unha memoria flash para gardar informacion.As primeiras unidades foron fabricadas por unha empresa israelí con unha capacidade de entre 8MB e 256MB. Hoxe en día este dispositivo consta cunha gran capacidade de almazenamento de datos entre 1GB e 120GB. As utilidades que che da este artiluxio son enormes xa que podes transportar moita informaición dunha maneira moi fácil e eficaz.

Imaxe dun pendrive

  Na miña opinión o pendrive foi un invento que revolucionou a humanidade pola su fácil utilización e as súas prestacións, deixando atrás outras formas de transporte como os disquets ou os CD.

 Disquete

Fontes de información:

http://es.wikipedia.org/wiki/Memoria_USB

Fotos:

 http://img0.uploadhouse.com/

http://www.globalpc.es/

Este post foi elaborado por Jorge Nuñez no curso 2011-12   

 

O Velcro

A historia do velcro remontase ao ano 1941 cando un enxeñeiro suízo chamado George Mestral  analizou as semillas de bardana que se pegaban aos seus pantalóns cando ia ao campo de caza. Mestral, cun microscopio observou que as semillas estaban rodeadas de multitud de ganchiñas que actuaban a modo de garfo, as cales lles permitían agarrarse aos texidos ou ao pelo.

Bardana (2)Bardana

Inicialmente deseñou unha das caras do velcro con algondón, pero como non resultou efectivo sustituíuno por naylon. Tempo máis tarde encargouse da outra cara (traballo que lle levou uns oito anos), a cal fixo con poliéster.

En 1951 presentou a patente en Suiza séndolle outorgada catro anos despois.

A partir dos anos 60 a NASA comezou  a usar o velcro para disminui-lo peso dos incómodos traxes espaciais e facilita-lo acto de poñelo e quitalo. Ésta técnica aplicouse tamén para suxeitar distintos obxectos ante a ausencia de gravidade no espacio. En pouco tempo a xente comezou a encontrar miles de aplicaciones domésticas, tales como a revolucionaria idea de aplicarllo aos pañais.

Persoalmente penso que é que un dos inventos que mais cambiaron a vida do ser humán incluso sendo un obxeto tan cotidián e insignificante.

Espero que vos parecese interesante.

Un saúdo.Velcro

Fontes de información:

http://www.fayerwayer.com/2011/03/el-origen-de-el-velcro/

http://www.navarrainnova.com/es/acercate/inventos-e-inventores/2008/04/10/1116.php

Imaxes de:

Google imaxes (http://www.google.es/ ) e wikipedia

Este post foi elaborado por Marco Pascual no curso 2011-12   

 

A orixe do condón

A historia do condón ou preservativo remóntase na época exipcia na que existen evidencias do uso de preservativos como medio de protección entre Romanos e exipcios. Pero ata o século XVI non se consideraron oficialmente inventados. O responsable foi o anatomista e ciruxián Grabiele Fallopio, famoso por haber conseguido describir os canais que conducen do ovario o útero. Fallopio diseñou unha vaíña feita de tripa de animal e liño que se fixaba o pene cun lazo de cor rosa.

imagen

 Este dispositivo, bastante groso e incómodo, estaba destinado a previr as enfermidades de transmisión sexual, como a sífilis e a gonorrea.

Un século despois, o conde Condom, médico persoal do Rei Carlos II de Inglaterra, perfecionou o preservativo utilizando o intestino de cordero lubricado con aceite. Pronto comezou a chamarse condón.

O primeiro condón de goma vulcanizada fabricouse en 1870. Os condóns desechables de usar e tirar veron a luz nos anos trinta, coincidindo cunha gran mellora nas súas cualidades.

Na actualidade existen dous tipos de preservativos:

  • O condón masculino que consiste nunha funda transparente feita de látex.

imagen

  • O condón feminino que consiste nunha funda ou bolsa que cobre o interior da vaxina.

imagen

 Fontes de información: http://es.wikipedia.org/wiki/Preservativo

Imaxes: Wikipedia

Creo que o condón foi un grande invento xa que actualmente unha parella pode decidir se quere ter un fillo ou non.

Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12 

 

Orellas humanas no lombo dun ratón

Fai uns cantos meses escoitei nos informativos una noticia que me pareceu de gran importancia dentro da bioenxeñería, unha noticia que falaba de algo difícil de crer. Esta noticia dicía así:

“Un grupo de científicos chineses desenvolveu oídos humanos en ratos utilizando técnicas de enxeñería de tecidos,segundo fontes médicas.”O noso obxectivo é a recuperación das partes danadas do ser humano e inaugurar unha nova era a través da clonación dos seus propios tecidos”, dixo o Centro de Investigación e Desenvolvemento de Tecidos Humanos Shanghai (CIDTDS,China).

Dr Yilin Cao, xefe CIDTDS, conduciu o equipo que conseguiu producir os oídos humanos nos lombos de ratos no laboratorio da súa institución que, segundo a axencia estatal Xinhua, é a maior do mundo do seu tipo.O comunicado engade que o centro creou un programa especial para a reprodución da cartilaxe da orella, tendóns e pel, a partir dos resultados das súas investigación científicas, e xa houbo algúns transplantes en humano.

Polo momento non hai información sobre o grao de aceptación ou rexeitamento dos transplantes de tal, que parece estar nun período inicial.O centro está financiado pola Comisión de Ciencia e Tecnoloxía de Shanghai e científicos de universidades e institutos de medicina que aportaron as fontes.

O goberno chinés, aparte de experimentar no campo da medicina do futuro, deu prioridade ao “Proxecto Clonación”, deseñado para salvar especies en perigo de extinción como o panda xigante, o mono dourado ou o tigre siberiano.Estes programas, que se levan a cabo a marchas forzosas, contan co total apoio de dirixentes que non se plantean, como en occidente, cuestións morais na clonación de órganos humanos.”

Mentres buscaba máis casos de organismos xeneticamente modificados chamoume moito a atención unha clase de peixes cebra, pero moi diferentes ós orixinais, posto que en lugar de seren grises con raís negras, eran dun cor amarelo, verde ou roxo fluorescente.

Como se conseguiu estes peixes? A resposta e simple, foron xeneticamente modificados. As ovas dos peixes cebra foron inoculadas cun xen dunha proteína da fluorescencia verde, amarela ou roxa dunha medusa e dun coral mariño.

A continuación déixovos un vídeo sobre a bioenxeñería no cal, aparte de falarse do caso do ratón coa orella no lombo e dos peixes fosforitos, fálase doutros casos nos que podemos ver outros animais creados ou modificados pola bioenxeñería e onde nos dan una reflexión sobre as consecuencias que poden chegar a ver por mor desta actividade.

Primeira parte do video:


Segunda parte do video:


Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11

 

Proxecto xenoma humano

imagen

  O  que clamamos Proxecto Xenoma é o termino xenérico co que designamos unha serie de diversas iniciativas para coñecer ó máximo detalle os xenomas non só dos humans, senón  duna serie de organismos modelo de tódolos dominios de vida.

O proxecto, dotado con 90.000 millóns de dólares, foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos, baixo a dirección de James D. Watson, con un prazo de realización de 15 años. Debido a colaboración internacional, aos avances no campo da xenómica, así como os avances na tecnoloxía computacional, un borrador inicial do xenoma foi rematado no año 2001. Finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do previsto.

Os obxetivos do Proxecto son:·

  1. Identificar os aproximadamente 100.000 xenes humanos en el DNA.
  2. Determinar a secuencia de 3 billóns de bases químicas que conforman o DNA.
  3. Acumular a información nas bases de datos.
  4. Desenvolver de modo rápido e eficiente tecnoloxías de secuenciación.·
  5. Desenvolver ferramentas para análises de datos.·
  6. Dirixir as cuestións éticas, legais e socias que se derivan do proxecto.

O Proxecto xenoma humano  influirá poderosamente na Biomedicina dos próximos lustros: permitirá avanzar no coñecemento da base de moitas enfermidadese abrirá perspectivas novas no diagnóstico, prognóstico e tratamento.

Que é o xenoma humano?

O xenoma humano é a secuencia do ADN dun ser humano. Está dividido en fragmentos que conforman os 23 pares de cromosomas distintos da especie humana. Conten menos de 30000 xenes e non os 100000 que se esperaba. A maioría esta formada por secuencias repetitivas procedentes de duplicacións.A estas secuencias denominóuselles “ ADN lixo”.

Penso que se grazas a isto , podemos coñecer mellor as enfermidades e encontrarlle cura, pois que este proxecto e bo. Vos que opinades?

 http://www.ugr.es/~eianez/Biotecnologia/genoma-1.html#introd

http://es.wikipedia.org/wiki/Proyecto_Genoma_Humano

http://www.monografias.com/especiales/genoma/index.shtml

Esta entrada foi elaborada por Eva Piñeiro no curso 2010-11