A enfermidade do olvido

Imaxinaste o que sería levantarte un día e non recordar nada do que fixeches o dia anterior? Iso é unha realidade, e sófrena cerca de 400.000 persoas en España, sen embargo parece que os adiantos no campo da ciencia poden atopar un remedio. A enfermidade do Alzheimer, considerada ata hoxe incurable, afecta a case 30 millóns de persoas en todo o mundo e é un mal que vai dende a pérdida gradual da memoria ata a extinción total da conciencia, e comeza a desenvolverse sobre os 60-65 anos.

imagen

Científicos estadounidenses lograron recuperar a memoria de ratos que sufrían a enfermidade do Alzheimer, aumentando a concentración dunha proteína no seu organismo, e este método podería curar a persoas que padecen esta enfermidade. O estudo demostra que aumentando os niveis da proteína CBP, necesaria para recordar a longo prazo,  é posíbel mellorar a memoria nos ratos deseñados para desenvolver Alzheimer, enfermidade neurodexenerativa que afecta á memoria, ó pensamento, á conduta e a capacidade para realizar actividades cotiás.

Os avances nesta enfermidade son moi necesarios xa que na miña opinión é unha das peores enfermidades xa que os que a sofren olvidan as persoas que máis os queren e e as súas vivenzas.

Fontes de información:

-Wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11

 

Que é o ARN?

Ácido ribonucleico (ARN) é o material xenético de certos virus (virus ARN), e nos organismos celulares é a molécula que dirixe as etapas intermedias da síntesis proteica. Nos virus ARN, esta molécula dirixe os procesos: A síntesis de proteínas (producción das proteínas que forman a cápsula do virus) e replicación (proceso mediante o cal o ARN forma unha copia de sí mesmo).

Nos organismos celulares é outro tipo de material xenético, chamado ácido desoxirribonucleico (ADN), no que leva a información que determina a estructura das proteínas. Pero o ADN non pode actuar só, e  valese do ARN para transferir esta información vital durante a síntese de proteínas (producción das proteínas que precisa a célula para as súas actividades e o seu desenrolo).

imagen

Ao igual que o ADN, o ARN está formado por unha cadea de compostos químicos chamados nucleótidos. Cada un está formado por unha molécula de un azucre chamado ribosa, un grupo fosfato e un de catro posibles compostos nitroxenados chamados bases: adenina, guanina, uracilo e citosina. Estos compostos  unense igual que no ácido desoxirribonucleico (ADN). O ARN  diferenciase químicamente do ADN por dúas cousas: a molécula de azucre do ARN conten un átomo de osíxeno que falta no ADN; e o ARN contén a  base uracilo en lugar da timina do ADN.

A miña fonte de información é wikipedia e mais unha enciclopedia sobre medicina.

Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11

 

Homo habilis

imagen

O primeiro “Homo” en atoparse foi o Homo habilis, os primeiros restos foron achados en Kenia e en Tanzania. O seu nome significa “home habilidoso” , e deuselle este nome porque foi o primeiro en usar as mans eficientemente, podendo así manexar e manipular diferentes obxectos con elas.

Este “Homo” presenta as seguintes características:

- Craneo máis redondeado e máis grande.

- Dentes máis fortes, e espadiformes, xa que na súa dieta introducíronse novos alimentos duros de orixe vexetal, pero cunha dieta moi diversificada.

-O rostro preséntase menos prognato e máis corto respecto ao dos australopitecos.

- A súa altura rondaba sobre os 140 cm.

- Ainda non eran cazadores, pódese dicir que practicaban o “carroñeo” .

- Non descubriran o lume, e non se comunicaban entre si cunha linguaxe clara.

Outra das principais características é o incremento do cerebro, arredor dun 44%. Este cambio foi moito máis notorio respecto ao do corpo.


Este é un tema fascinante, xa que os Homo habilis foron os primeiros en usar habilmente as mans.

Esta información foi sacada e contrastada das seguintes páxinas:

- “Antropos”

- “Portalciencia”.

- Tamén se sacou información do libro de 1º de Bacharelato de CCMC, de editorial “Anaya”.

Esta entrada foi elaborada por Diego Santos no curso 2010-11

 

Outro tipo de “nubes”

 imagen

Moitas veces tendes visto este tipo de estelas no ceo, moitas veces vos preguntáchedes que era iso, por que estaba creado e como, as veces, ese rastro podía durar horas. A resposta a estas inquedanzas é  a seguinte : Chemtrails

Os “Chemtrails”  é un fenómeno, no que algunha  xente cree,  di que as estelas que deixan os avións sobre o ceo, non é vapor de auga , como estes explican que son, se non un composto de produtos químicos que se di que serven para distintas razóns :

- Combinacións de diferentes compostos químicos  que serven para controlar o clima. Esta acción faise xuntando o polímero xunto con po de oxido de ferro magnético, que logo se estende pola ionosfera.

- Experimentos bioquímicos.

-  Propagación de enfermidades, xa que se di que ese composto está cheo de patóxenos creados en laboratorio. Unha proba que indica que esto pode ser certo son os chamados  “cabelo de anxo” que consta do que parecen teas de araña, pero que, o seren analizadas, constaron que estas estaban feitas de bario, aluminio, polímeros (que conteñen silicio) encontrándose un cocktail de óleo do tipo JP8 + 100, remexido con 1,2 Dibromoetano. Este pesticida  químico foi prohibido en 1983 por a Axencia para a Protección do Medioambiente de EEUU (EPA) como un canceríxeno e unha toxina química.

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver como os chemtrails fumíguean a cidade de Valencia (España) Vídeo

Conclusión: En ningún momento os Gobernos dos países negaron  estas conclusións ó igual que pasou co caso da conspiración do Home á Lúa, eu pregúntome : É isto certo ? É real que os nosos gobernos poden estar poñendo en risco as nosas vidas simplemente para ver quen consegue maior poder militar ou químico ?  Que opinades vós ?

Fonte.Trinity atierra.

Esta entrada foi elaborada por Gloria Pérez no curso 2010-11

 

As substancias estupefacientes: as drogas

As drogas é toda sustancia que introducida nun organismo vivo por calquera vía (inhalación, inxestión, intramuscular, endovenosa) é capaz de actuar sobre o sistema nervioso central provocando:

-Unha alteración física e/ou psicolóxica

-Experimentación de novas sensacións

-Posúe a capacidade de xerar dependencia e tolerancia nos seus consumidores.

Tipos de drogas:

-Drogas brandas:son as que crean unicamente una dependencia psicosocial, entre as que se encontran os derivados do cáñamo, como o hachís ou a marihuana, a cocaína, o LSD, así como tamén o tabaco.

-Drogas duras: son as que provocan unha dependencia física y psicosocial, é dicir, que alteran o comportamento psíquico e social do adicto, como el opio e os seus derivados, o alcohol, as anfetaminas e os barbitúricos.

O seu abuso pode provocar distintos tipos de trastornos:

  • Físicos: cando danan o organismo da persoa consumidora.
  • Psicolóxicos: cando inciden negativamente sobre a relación da persoa consigo mesma ou coa súa contorna afectiva.
  • Sociais: cando impactan sobre a comunidade.

Cando comeza a dependencia?

Fálase de dependencia naqueles casos nos que, tras un período de consumo variable en función da sustancia, dáselle preferencia á relación coas drogas fronte a outras condutas consideradas máis importantes con anterioridade. A  vida cotiá xira prioritaria ou exclusivamente arredor da procura e do consumo da sustancia; é entón cando pode dicirse que unha persoa é drogo dependente.

Existen dous tipos de dependencia, asociados ou non, que se caracterizan por síntomas xerais:

  • A imposibilidade de resistirse á necesidade de consumir.
  • O crecemento dunha tensión interna, dunha ansiedade ante o consumo habitual.
  • O alivio experimentado cando se produce o consumo.
  • O sentimento de perda do autocontrol con respecto ao consumo.

Aínda que o consumo de drogas soe ser perxudicial, as veces usanse con fins terapéuticos, como a marihuana.

 imagen

Esta información foi sacada das páxinas coruna e portalplanetasedna

Credes que algún día as drogas non terán efectos desastrosos sobre os humanos e serán legais?

Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11

 

Experimentos con seres humanos… ensaios clínicos

O ensaio clínico é un experimento planificado cuxo obxectivo é evaluar a eficacia de intervencións médicas ou quirúrxicas. A Lei do Medicamento define o ensaio clínico como “toda evolución experimental dunha substancia ou medicamento a través da súa administración ou aplicación a seres humanos”. O primeiro código que fixo referencia ós ensaios clínicos naceu en 1947 como consecuencia dos horrores da experimentación nazi durante a Segunda Guerra Mundial.

 Fármacos

Este tipo de investigación ten como finalidade pór en manifesto os efectos farmacodinámicos do medicamento ou recoller datos sobre a súa absorción, distribución, metabolismo e excreción no organismo humano; establecer a súa eficacia para unha indicación terapéutica ou profiláctica e coñecer o perfirl das súas reaccións adversas e establecer a súa seguridade.

Dentro do ensaio clínico hai diferentes tipos de ensaio:

 

  • Ensaios clínicos de medios de tratamento para evaluar novos tratamentos, medicamentos ou intervencións quirúrxicas.
  • Ensaios clínicos de medios de prevención para atopar métodos de previr as enfermidades con medicamentos,  vitaminas, vacinas ou cambios no estilo de vida.
  • Ensaios clínicos de medios de detección para evaluar métodos de detectar ou diagnosticar as enfermiadades.
  • Ensaios clínicos de calidade de vida para atopar métodos de mellorar a vida das persoas que viven cunha enfermidade ou problema de saúde.

O ensaio clínico realízase seguindo as fases básicas nomeada a continuación:

Fase I. Realízanse estudos de farmacocinética e farmacodinamia que proporcionan información preliminar sobre o efecto e a seguridade do produto en individuos sans ou nalgúns casos en pacientes.

Fase II. Realízase en pacientes que padecen a enfermidade. Ten como obxectivo proporcionar información preliminar sobre a eficacia  do produto, establecer a relación dosis-resposta do mesmo, coñecer as variables empleadas para medir a súa eficacia e ampliar os datos de seguridade obtidos na fase I.

Fase III. Establécense ensaios destinados a evaluar a eficacia e seguridade do tratamento experimental intentando reproducir as condicións do uso habituais e considerando as alternativas terapéuticas dispoñibles na indicación estudada. Realízase cunha mostra de pacientes máis ampla e representativa da poboación xeral á que irá destinado o medicamento.

Fase IV. O ensaio clínico realízase cun medicamento despois da súa comercialización.

Coñecendo un pouco máis sobre o tema de ensaios clínicos, que pensades sobre este tipo de experimentación? Se volo propuxesen, participariades en ensaios clínicos?

Podedes atopar máis información en: Universitat de BarcelonaTexas Heart Institute e Associació Catalana D’estudis Bioètics.

Esta entrada foi elaborada por Laura Fernández no curso 2010-11

 

A malaria, pasado e presente.

 A malaria ou paludismo infectou aos humanos durante máis de 50.000 anos, e pode que fora un patóxeno humano durante a historia enteira da nosa especie. Sen ir máis lonxe, especies próximas aos parásitos humanos da malaria encontráronse nos chimpancés, parente ancestral dos humanos. O término malaria provén do italiano da idade media: mala aria ( mal aire) e chamóuselle tamén paludismo, do latín “palus” (pantano).

Despois de ter sido descuberta esta enfermidade polo médico militar francés Charles Louis Alphonse Laveran a malaria estudouse bastante ata descubrir quen era o seu transmisor: o mosquito do xénero Anopheles.

imagen

O primeiro tratamento eficaz para a malaria foi a cortiza da árbore Cinchona, que contén o alacoide quinina. Esta árbore crece nas montañas dos Andes, en particular en Perú. Os habitantes de Perú usaban o produto natural para controlar la malaria, xa que inda que asociamos o termino malaria a África, a malaria encóntrase en moitísimos máis países tanto de Ásia como de América, sobre todo Iberoamérica, vémolo nesta imaxe.

imagen

Actualmente, a OMS ( Organización Mundial da Saúde) ten en marcha un programa mundial sobre a Malaria co que pretende que o número de afectados descenda ata poder erradicar esta enfermidade. Diso podedes sacar máis información nesta paxina da OMS de onde eu tamén me informei. Tamén vin outras páxinas como a páxina da wikipedia que fala da malaria ou esta outra onde hai un diagrama do ciclo vital do parásito da malaria.

Aquí déixovos agora un vídeo que está dentro dunha seria de sete vídeos explican de forma sinxela en que consiste a malaria.


Esta enfermidade causa un enorme número de mortes cada ano, cada mes e incluso cada día e ultimamente estase a investigar cada vez menos nunha cura ou vacina para ela.

Credes que as farmaceuticas non lles interesa investigar porque a xente que  o necesita non ten cartos para comprala? Eu creo que si pero o imperio farmacéutico é moi dificil de derribar polo que se os presidentes de gobernos e outros mandatarios non se poñen mans a obra a xente seguirá padecendo esta terrible enfermidade.

Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

A transformación do mundo.

A agricultura do mundo e a ganderia foron os descubrimentos que máis transformaron a vida dos homes. A partir deles comezaron procesos complexos que culminaron co nacemento das primeiras cidades.

A domesticación de animais faise evidente entre os anos 9 000 e 8 000 aC. En lugares como Irán aparecen prácticas agrícolas que permiten o desenrolo das aldeas campesiñas. A agricultura e ganderia transforman a vida da rexión e fan que se desenrolen técnicas de almacenamento da produción, coma a cerámica. Ao mesmo tempo os excedentes de produción que se conseguen permiten intensificar o comercio con outros grupos neolíticos.

A agricultura desenrolase sobre todo nas ribeiras dos grandes ríos, xa que éstes sirven de vía de comunicación sinxela para homes, animais e mercancías, ao mesmo tempo que permiten o desenrolo dunha rica agricultura. O crecemento agrícola permite o crecemento demográfico das aldeas, que se transforman en verdadeiras cidades.

imagen

 Fontes: http://www.fortunecity.es

Eu penso que que a revolución neolítica foi unha gran revolución, xa que fixo que home cambiara drásticamente a súa forma de vida. A segunda revolución foi a industrial onde hubo un proceso de innovación tecnolóxicas, científicas, sociais e económicas. Pero hoxe en día tamén poderíamos falar dunha terceira revolución, o internet, xa que na actualidade para moitas persoas sería impensable vivir sen él. Estades de acordo con esta terceira?

Esta entrada foi elaborada por Andrea Araujo no curso 2010-11

 

Ascendencia extraterrestre?

A hipótese da panspermia suxire que a vida comezou na Terra a través dunhas semillas que chegaron ó noso planeta a través dun meteorito, polo tanto expresa a idea ou teoría de que a vida surxiu no espazo exterior. Hai estudos que demostran que hai bacterias capaces de vivir largos períodos de tempo, incluso no espazo exterior.

 Estas ideas veñen das consideracións do filósofo grego, Anaxágoras, e foron acunadas polo biólogo alemán Hermann Ritcher en 1865. En 1908 o químico sueco, Svante August Arrhenius usou o termo Panspermia para explicar o comezo da vida na Terra. O astrónomo Fred Hoyle apoiou dita hipótese.

Hai 25 anos, considerábase esta hipótese imposible por varias razóns:

- Os microbios morrerían no espazo a causa da radiación.

- As células non poden continuar sendo útiles durante millóns de anos (que é o que duraría o viaxe interestelar).

- A entrada a través da capa da atmósfera ou o impacto coa Terra, esterilizaría calquera cousa.

- Hai insuficientes evidencias de que organismos complexos poidan compoñerse no espazo.

- Hai moi pouca auga nas outras lunas e planetas.

 Hoxe, toda esta información foi posta en duda e encontráronse fortes probas a favor da teoría.

En 1996 un equipo da NASA advertiu a presencia de bacterias fosilizadas nun meteorito cegado de Marte. No ano 2000 foron atopados microbios fosilizados nunha colección de rocas recollidas durante un programa lunar da Unión Soviética.

 O principal problema de esta teoría é que non da resposta a orixe da vida, senon que move o seu nacemento a outro lugar descoñecido.

imagen

Na miña opinión, esta teoría só queda nunha hipótese, xa que as demais teorías que falan da creación teñen máis sentido e máis datos que esta.

Fontes: http://www.galeon.com/monograficosnicks/cvitae157274.html, http://es.wikipedia.org/wiki/Panspermia

 Esta entrada foi elaborada por Fátima Santos no curso 2010-11

 

Sabemos o que comemos?

imagen

Chamamos alimentos transxénicos aos que foron producidos a partires dun organismo modificado xeneticamente mediante a enxeñería xenética. É dicir, os alimentos transxénicos son aqueles que son obtidos dun organismo con xenes doutro para que posúa unha característica desexada. A maioría dos transxénicos proceden de plantas, pero nos Estados Unidos xa foi apto para o consumo humanos un salmón capaz de crecer na metade de tempo e durante o inverno grazas ao xene da hormona do crecemento doutra especie de salmón e ao xene anticonxelante doutra especie de peixe.O principal beneficio destes alimentos é o aumento da produtividade xa que grazas aos caracteres que lles foron introducidos teñen maior resistencia a pragas, herbicidas (deste xeito pódense empregar e só danan a flora axena ao cultivo) e insectos (xa que as pragas de insectos son devastadoras para a agricultura). Así hai que empregar menos insecticidas e dánase menos o medio ambiente. Pero estes alimentos xeran unha gran polémica. Moitos ecoloxistas e diversas asociacións esixen a etiquetaxe destes nos mercados debido á súa preocupación pola seguridade alimentaria, os impactos ambientais, os cambios culturais e as dependencias económicas. Está comprobado cientificamente que estes alimentos poden levar á aparición de alerxias ou á resistencia a antibióticos.

Unha alternativa a este tipo de agricultura sería a agricultura orgánica, a cal incorpora aspectos benéficos da agricultura tradicional e dos adiantos científicos. Busca producir alimentos de mellor calidade sen danar o medio ambiente nin esgotar os recursos naturais. Tamén evita todas as formas de contaminación, mantén e amplía a biodiversidade e xera un entorno laboral saudable.

Eu penso que os alimentos transxénicos non deberían estar permitidos xa que a maioría son prexudiciais para a nosa saúde  e para o medio ambiente. Unha solución podería ser a agricultura orgánica, que é moito máis beneficiosa. O problema é que aos agricultores non lles sairía rendible. Para solucionar isto habería que evitar que os intermediarios se quedasen con máis cartos dos que deben.

E vós que pensades, que os beneficios dos transxénicos superan ás desvantaxes  ou todo o contrario?

Saquei a información da páxina de wikipedia sobre alimentos transxénicos e da páxina sobre transxénicos de solociencia.

Esta entrada foi elaborada por María Estevez no curso 2010-11