As enfermidades raras.

       Estamos habituados a oír a diario diversos nomes de enfermidades, pero hai un grupo moi amplo de patoloxías, que afectan a un número reducido de  persoas, das que moi pouca xente fala. Este feito  fai que estean un pouco olvidadas, marxinadas. É o caso das enfermedades raras, minoritarias. Segundo a U.E unha enfermidade considérase rara cando non afectan a máis de 5 de cada 10 000 persoas pero, segundo algunhas fontes médicas, son menos de 100 as enfermidades raras que compren con ese dato. En total existen  entre 6 000 e 8 000 enfermidades raras, e se estima entre 4 000 e 5 000 o número delas para as que non existen tratamiento totalmente curativo.

A realidade e que ao redor de 30 millóns de europeos están afectados (xa só en España  hai tres millóns) e o 8% da poboación mundial  estará afectada nalgún momento da súa vida.

As características deste tipo de enfermidades son as seguintes:

  • Son de baixa prevalencia (frecuencia).
  • Enfermidades con alta tasa de mortalidade que debilitan a longo plazo ou producen invalidez crónica a quen as sufre.
  • Afectan tanto a homes como a mulleres, aínda que os casos de morte son superiores nas mulleres.
  • O 50% destas enfermidades teñen lugar na nenez.
  • A maioría delas son enfermidades xenéticas (o 80%). As restantes débense a factores históricos, sociais ou ambientais.
  • Son moi dolorosas.
  • Alto nivel de complexidade clínica que dificultan o seu diagnóstico: o feito de que sexan tan difíciles de tratar da lugar a que de primeiras o diagnóstico moitas veces sexa erróneo.
  • A maioría afectan a máis dun órgano vital.
  • Exite unha gran falta de información, de investigación e de profesionais cualificados para tratar estas enfermidades.
  • O feito de que sexan minoritarias provoca unha falta de conciencia pública e que se realicen poucas inversións en investigación.
  • Ter este tipo de enfermedades  pode levar ao aillamento, exclusión, discriminación…

Para palialas existe un tipo de medicamentos específicos, pero estes non están moi desenvoltos. Son os chamados medicamentos orfos. Como afectan a un número baixo da poboación non son rentables para as empresas farmacéuticas. Esta tamén é unha das causas polas que as enfermidades raras costa tanto tratalas.

Existen asociacións de axuda aos enfermos e familiares que pretenden a reivindicación a igualdade de oportunidades para as persoas con patoloxías deste tipo e concienciar á sociedade. É o caso do FEDER (Federación Española de Enfermedades Raras) que se basea en 3 principios:

- Igualdade para os pacientes na asistencia social e sanitaria
- Equidade nos seus dereitos sociais básicos: saúde, educación, emprego e vivenda
- Equidade nos tratamentos, terapias e medicamentos orfos necesarios para o abordaxe da enfermidade.

Aquí tedes o logo do día mundial das enfermidades raras (28 de Febreiro).

imagen

No seguinte enlace atoparedes unha lista de moitas destas enfermidades aínda que non existe unha específica de todas xa que moitas delas descoñécense aínda. http://www.hon.ch/HONselect/RareDiseases/index_sp.html

Nas seguintes páxinas atoparedes todo tipo de información con respecto ao tema:

http://es.wikipedia.org/wiki/Enfermedad_rara

http://www.ciberer.es/index.php?option=com_content&task=view&id=36&Itemid=51

Tamén obtiven información da súa páxina ofial aínda que agora está fóra de servicio.

Paréceme moi inxusto que as empresas farmacéuticas ou a sanidade non teña case en conta a este grupo minoritario de persoas. Penso que os gobernos deberían implantar máis axudas para estudar as enfermidades raras xa que son un problema que afectan cada vez a máis xente.  Entón, por seren enfermidades orfas, minoritarias, débense discriminar? Os problemas que acarrean son moi graves e non só afectana quen as sufre, senón a todos os seus familiares, este feito non fai que deixen de ser tan minoritarias?.

Estou totalmente dacordo cos principios propostos pola FEDER  xa que está ben que haxa asociacións de este tipo para defender os dereitos dos enfermos.  E vós, que pensades acerca deste tipo de enfermidades? Coñeciádelas?

Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11

 

De onde vimos?

Aínda que na actualidade unha das teorías da orixe da vida é a máis aceptada, seguen exixtindo varias teorías. As máis coñecidas son:

  • A teoría da panespermia ou cosmozoica: esta teoría di que a vida se orixinou fóra do noso planeta, e que os organismos viaxaron polo espazo protexidos no interior de meteoritos, ata que chegaron ao noso planeta.
  • A teoría da xeración espontánea: afirma que os seres vivos se crearon a partir da materia inerte.
  • A teoría do creacionismo:todas as formas de vida foron creadas por Deus, a maioría dos que defenden está teoría non cren na evolución, xa que afirman que Deus creou os organismos tal e como hoxe os coñecemos.
  • A teoría de Oparín ou teoría físico-química da vida: esta teoría propón que nun momento da historia se deron as condicións adecuadas para que xordese a vida.

Teoría de Oparín

A teoría máis aceptada na actualidade é a de Oparín. Segundo este, pouco despois da formación da Terra, apareceu a vida. Oparín decía que varios elementos químicoas reaccionaron entre sí debido á enerxía producida polas altas radiacións solares que había ao non existir capa de ozono, ás descargas eléctricas producidas nas numerosas tormentas que deberon ter lugar ao haber moito vapor de auga e á enerxía xeométrica procedente da actividade volcánica. A atmósfera primitiva non tiña osíxeno polo que os compostos orgánicos formados por esta actividade non foron destruídos. Para comprobar a veracidade desta teoría, leváronse a cabo experimentos; o máis coñecido é o de Miller, que illou nun  matraz os compoñentes da atmósfera prmitiva e simulou as características que Oparín dixo que debre haber. O resultado deste experimento reafirmou a teoría xa que no matraz apareceron algúns aminoácidos e certo número de compostos orgánicos.

Como xa dixen antes, a pesar de que esta é a teoría máis aceptada, segue habendo moitas outras por demostrar ou en caso contrario refutar. Cal pensades vós que podería ser a verdadeira? Credes que ocorreu así ou dalgunha outra maneira?

A infrmación saqueina das páxinas: monografias.comeducared.netplatea.pntic 

Esta entrada foi elaborada por Sheila Fernández no curso 2010-11

 

Ciencia ou relixión?

Hai quen di que o fixismo foi unha teoría científica moi marcada. Pero.. teoría científica? Se lle pode atribuír que é “científica” a unha teoría baseada en temas éticos? Expóñoo a continuación:

Segundo esta teoría, as especies, tanto vexetais como animais, son invariables, polo que éstas permaneceron inmutables dende a súa creación. Xa eiquí, podemos observar que, pese a ser unha teoría, hai unha grande influencia da relixión con outra corrente, o Creacionismo. Isto implica, que as especies non manteñen entre sí nexos de parentesco ou xenealoxía, e que os restos fósiles non deben interpretarse como antecesores dos seres vivos actuais, senón que éstes son especies que pereceron ou ben nos diluvios bíblicos,ou ben caprichos da naturaleza (segundo teorías como a da Vis Plástica).
Os fixistas a destacar son tres:

imagen

- Linneo (1701-1778)
Foi o clasificador das especies vivintes. Linneo dicía que se podía numerar tantas especies como diversas formas se crearon na “Creación”.É considerado o pai da “taxonomía“.

 

 

imagen

- Cuvier (1769-1832)
Este diciía que cada especie é una realidade fixa a partir da súa Creación, guiándose por unha idea catastrofista na cal planteoy que cando as especies morrian, deixaban unha semente, e de ahí as mesmas se reproducían. É considerado o pai da “paleontoloxía“.

 

 

imagen

- Pasteur (1822-1895)
Pode considerarse un fixista “evolucionado”, xa que a súa idea era que todo ser vivo procede de outro ser vivo. É considerado o pai da “microbioloxía“.

 

 

 

Esta teoría, estivo moi dominante ata o século XIX, coa aparición dunha nova teoría científica, o evolucionismo. Aínda que agora, na actualidade, non é moi aceptada a teoría do fixismo na maioría dos estados, tamén hai outros estados nos que se obriga a ensinar e educar por igual aos estudantes respecto ás diferentes teorías de creación.

O fixismo tivo un grande impacto na psicoloxía pois favoreceu a idea de separación radical entre os seres humanos e outros seres vivos, promovendo unha psicoloxía da alma e dificultando o tratamento científico (máis precisamente, naturalista) do home, a súa mente e comportamento.

Pero, ante o tema principal, se o fixismo é unha teoría científica ou unha “teoría relixiosa”, vós que opinades? A isto teño que engadir, que moita xente, e moitos científicos e intelectuais en particular, afirman que a relixión, tanto a Cristiana como calquer outra, son creadas ou por ausencia de algo no que crer ante as dúbidas existenciais sen responder, ou por motivos económicos. Se esta teoría se basea en temas católicos, credes que simplemente foi todo por motivos propios económicos?
Eu penso que sí, non hai feitos que o demostren.

Se queredes máis información, podedes visitar diferetes portais (nos cales eu saquei a miña información), tales como:
- E-torredebabel
- Mtarlos.blogia
- Centros5.pntic.mec
- Wikipedia

Esta entrada foi elaborada por David Alonso no curso 2010-11

 

Canto nos queda por descubrir?

Un equipo de arqueólogos do Instituto de Estudos Arquelóxicos da Universidade de Tel Aviv, atopou na gruta de Qesem (Israel), ao este desta cidade, ata o momento os que son os restos de Homo sapiens máis antigos do mundo. Trátase de oito dentes que os expertos teñen datados  nuns 400 000 anos, é dicir 200 000 anos máis antigos que os coñecidos ata agora, con eles podríanse construir os primeiros vestixios dos primeiros Homo sapiens.

No 2006 atopouse a primeira peza dental en Qesem, pero seguiuse excabando ata atopar os oito, o seu descubrimento deronno a coñecer agora. actualmente seguese explorando na gruta co fin de localizar máis restos e así comprender un pouco máis a evolución humana e a aparición do home moderno.

Este descubrimento podría modificar as teorías evolutivas vixentes ata o día día de hoxe, xa que situaban ao Homo sapiens en Africa, de onde supostamente emigrara, pero isto podría significar que realmente procede de Asia.

imagen

A miña fonte de información saqueina dunha revista chamada Tu Suerte.

Ata o momento aínda se di que veñen de África ata non atopar máis probas que apioen que realmente veñen de Asia.

E vos que credes que os restos de Homo sapiens máis antigos veñen de Africa ou de Asia?

Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11

 

Á sombra de Darwin

Alfred Russel Wallace, naceu en Gales o 8 de xaneiro de 1823, foi un naturalista, explorador, xeógrafo, antropólogo e biólogo británico, coñecido por propor independentemente una teoría de evolución por medio de selección natural que motivou a Charles Darwin a publicar a súa propia teoría.

Estudou arquitectura e topografía, ós vinte anos sentiuse interesado pola historia natural, e esa foi a vocación que mantivo ata o resto da súa vida. Foi un naturalista autodidacto que viaxou por América do Sur e o sudoeste de Asia, recollendo exemplares para a súa colección.

Ó longo da súa vida, Wallace continuou defendendo a teoría da evolución, aínda que con diferentes puntos en comparación con Darwin. El opinaba que a supervivencia do mellor adaptado era o factor fundamental na loita pola vida, e Darwin non pensaba desa forma.

Wallace tamén afirmaba que a selección natural non podía explicar certas características dos seres humanos, como por exemplo a inteligencia, a perda do pelo do corpo e o desenrolo especializado das mans.

 A súa obra máis coñecida é  The Geographical Distribution of Animals (A distribución xeográfica dos animais) que foi publicada en 1876.

 Ó final da súa vida, foi o detractor enerxético da práctica da vacunación, que recentemente fora descuberta, e fíxose espiritista. Estivo sempre disposto a sinalar o papel principal que Darwin desempeñara na formulación  da teoría da evolución, que en realidad fora deducida por ambos.

Finalmente, Wallace faleceu o 7 de novembro de 1913 en Broadstone (Inglaterra).

Para a miña opinión, eu penso que estando no lugar de Wallace, eu intentaría darme a coñecer ó igual que se deu a coñecer Darwin, xa que, se eu intervín na creación da teoría, eu tamén podería ter a miña parte de éxito, ¿ou non?

imagen

As miñas fontes de información son:

Planeta sedna

Wikipedia  

 Esta entrada foi elaborada por Macarena Pérez no curso 2010-11

 

Máis vale maña ca forza

http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcR8YRz-Irr-DbmCgCWAGCepc_sufMtuaEKvF_6aX9xpL0yuW6q8Ew

 Científicos da Universidade de Colorado (EEUU), que non estaban dacordo con que a extinción dos Paranthropus fose producida pola especiación da súa dieta, fixeron unha investigación. Ao analizaren o esmalte dos dentes dos restos fósiles de catro individuos atopados en Sudáfrica mediante unha técnica chamada “ablación láser“, observaron que a súa dentadura contiña isótopos de carbono absorvidos do alimento que inxerían. Como as árbores, arbustos e herbas producen sinais isotópicas diferentes, os científicos puideron determinar que o Paranthropus alteraba a súa dieta de maneira considerable en longos periodos de tempo. A variabilidade da dieta podería explicarse porque esta especie emigrase desde hábitats con maior vexetación hacia outros máis abertos como as sabanas. Nestes hábitats abertos onde non había tantas árbores e froitos comezarían a comer carne dos animais que atopasen mortos ou que conseguisen cazar.

O Paranthropus formou parte dunha liña evolutiva de parentes do ser humano coñecidos como Australopitecinos, entre os que se inclúe “Lucy“. É un dos fósiles máis famosos do mundo, corresponde a unha femia de Australopithecus afarensis, unha especie que viviu hai tres millóns de anos e que moitos antropólogos consideran un antepasado directo dos humanos modernos. Unha liña de especies descendentes do A. afarensis (os A. africanus) levou ao final aos seres humanos mentres que o Paranthropus se extinguiu. O que non sabemos é o por que desta extinción, suponse que ao desbotarse a teoría de que fose por unha alimentación especializada ha ser por diferencias culturais, sociais e biolóxicas cos A. africanus. Estes,  ao convertírense en expertos da tecnoloxía do óso e da pedra e reproducirse máis rápido, acabaron cos Paranthropus.

Eu penso que este é un claro exemplo de frase “máis vale maña ca forza”. A selección natural baséase en “escoller” aos mellor adaptados ao medio. Normalmente, nas especies animais ocorre que sobreviven os máis fortes, pero neste caso non ocorreu así. Aínda que os Paranthropus eran máis robustos cós A. africanus, o feito de non ser capaces de facer unhas ferramentas tan boas coma eles fíxoos extinguirse. Tamén penso que este é un feito clave na evolución dos humanos, xa que a cualidade que nos diferencia máis do resto dos animais é a intelixencia e a capacidade de crear obxectos para mellorar a nosa vida e satisfacer as nosas necesidades.

E vós que pensades ? Credes que a intelixencia só lle serviu a especie que deu lugar ao ser humano para sobrevivir ou pensades que pode ocorrer o mesmo noutra especie?

Saquei a información dun artículo de El Universal e dunha páxina sobre o P. robustus de electrónica fácil.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

Primeiras teorías evolucionistas: A xeración espontánea.

Na antigüidade, críase que na materia orgánica en descomposición podían producirse seres vivos de forma espontánea. A observación indicaba que da lama xurdían vermes, moscas da carne podre ou cochinillas dos lugares húmidos. A idea de que a vida estaba a orixinarse permanentemente na Terra denominábase xeración espontánea.

Diversos experimentos realizados ao longo dos séculos XVll e XVlll revelaron que os vermes, as moscas ou as cochinillas só aparecían se había ovos deses animais.

Sen embargo, aínda se pensaba que os microorganismos podían xurdir de forma espontánea sobre os alimentos ou caldos nutritivos.

Na segunda metade do século XIX , Louis Pasteur (1823 - 1895 ) realizou unha serie de experimentos  que probaron , definitivamente , que tamén os microorganismos se orixinan a partir doutros microorganismos .

A información saqueina da enciclopedia vox e dunha páxina de internet chamada biografias y vidas.

imagen

Esta entrada foi elaborada por Laura Castro no curso 2010-11

 

De onde vén a vida ?

 

A orixe da vida na Terra é unha cuestión moi difícil de determinar, xa que non se puido demostrar con total certeza ningunha das súas teorías.

Unha das que houbo foi a teoría da xeración espontánea, defendida entre outros por Aristóteles. Esta teoría sostiña que os organismos vivos complexos se xeraban a partir da descomposición de substancias orgánicas. Por exemplo, dicía que os crocodilos procedían da descomposición dos troncos do fondo do río. Esta teoría foi aceptada ata o ano 1861, no que Pasteur demostrou, a partir dunha serie de experimentos, que mesmo os máis pequenos microorganismos só podían orixinarse a partir doutros, os seus antecesores, por reprodución.

Unha vez que a teoría da xeración espontánea foi  rexeitada, a teoría  da orixe da vida baseouse en investigar como se puido formar a primeira célula nas condicións que tiña a Terra primitiva. Foi Oparin, en 1924, quen propuxo unha teoría da orixe da vida totalmente científica. A súa hipótese baseábase na posibilidade de que se producisen reaccións químicas espontáneas entre os compoñentes da atmosfera primitiva, das cales se puideron formar substancias orgánicas. As fontes necesarias para producir estas enerxías serían : as descargas eléctricas producidas polas numerosas tormentas que había, debido a existencia de grandes cantidades de vapor de auga; as radiacións solares (moi intensas ao non haber capa de ozono) e a enerxía xeotérmica procedente de actividade volcánica.

Esta teoría de Oparin dicía que o vapor de auga se condensou, ao descender a temparetura, e se produciron chuvias torrenciais. Estas orixinaron os océanos primitivos, nos que as reaccións deron lugar aos compostos orgánicos simples. Logo, todas as moléculas se agruparon progresivamente no que Oparin denominou “caldo primitivo”, que constituía mares cálidos con materia orgánica. Estes compostos illáronse do medio e formaron unhas estruturas denominadas coacervados. A última condición necesaria para que se orixinase vida sería a capacidade de reprodución, este sistema denominouse proxenota. Este é a orixe de todas as células.

Esta primeira célula sería procariota; se outra célula (tamén procariota, pero de maior tamaño) a “come” e esta consegue vivir en simbiose, producirase a formación de orgánulos como as mitocondrias e os cloroplastos ou os cilios e flaxelos. Unha invaxinación da membrana celular dará lugar ao núcleo e formaranse así as células eucariotas (células cun núcleo diferenciado ). Unha vez que se asocien estas células eucariotas formaranse os organismos pluricelulares.

Hai outras teorías sobre a orixe da vida , como a da procedencia extrarerrestre ou as das relixións, que din que foi creada por Deus. A min paréceme que a de Oparin é a máis importante: trinta anos despois da súa exposición foi estudada por numerosos científicos, que fixeron experimentos e conseguiron demostrala. Pero que pensades vós?

Saquei a información da páxina de wikipedia sobre a orixe da vida e da páxina de educared.net sobre a teoría de Oparin.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

O Homo antecessor

Na serra de Atapuerca acháronse xacementos dunha nova especie de humanos de hai uns 800 000 anos, que foron os primeiros europeos.

Coñécese ben a súa dieta: ademais de ser cazadores/recolectores e a súa gran variedade alimenticia de vexetais tamén se alimentaban doutras especies animais xa que se atoparon restos nas súas covas.

Crese que xurdiu en África , a partir de Homo ergaster que desde alí emigrou, vía Asia, ata Europa e chegou a Península Ibérica, onde evolucionou e deu orixe o Homo heidelbergense, antecesor en Europa dos Neandertales.

A poboación que quedou en África foi evolucionando ata dar lugar o Homo rhodesiense e posteriormente ao Homo sapiens.

O Homo antecessor polas súas características podería ser o ancestro común dos Neandertales e da nosa especie.

Foi unha especie moi similar a nosa, con unha estatura e proporcións corporais moi similares aínda que, o seu volume corporal era un pouco maior xa que tiña un tronco máis ancho.

Eran altos e fortes, ademais tiñan resgos arcaicos e modernos: cellas abultadas con dobre arco, fosa canina, mandíbula delgada, dentes pequenos, grandes incisivos con forma de pala e por último tiñan menor capacidade cranial e a súa memoria era menor que a do Homo sapiens.

Utilizaron a madeira para facer utensilios que tiveron múltiples aplicacións como para caza.

imagen

Elixín este tema xa que me parece interesante saber de onde vimos

Credes que inda houbo algún homínido máis cos que coñecemos agora??

Eu non sabería que dicir xa que o noso pasado está cheo de incógnitas.

Esta información foi sacado do libro de CCMC de 1º de bacharelato e das páxinas slideshare e atapuerca

Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11

 

O que Darwin nunca dixo..

imagen

A Charles Darwin, que o ano pasado cumpriría 200 años, acusóuselle de inspirar a euxenesia e o xenocidio nazi, e tanto o capitalismo como o marxismo reivindicárono para si tirando de diferentes fíos, xa sexa o da competición pola supervivencia ou o do materialismo ateo. Poucas figuras manipuláronse tanto como a deste científico, e poucas doutrinas deformáronse tanto por ignorancia ou coa intención de servir a intereses alleos á ciencia. O que sigue é un repaso dalgúns dos erros, falacias e imprecisións máis frecuentes sobre a vida e a obra do naturalista inglés que inaugurou a bioloxía evolutiva.

1. O home descende do mono

Esta crenza, repetida ata a saciedade, non forma parte do darwinismo. Na súa obra de referencia, El origen de las especies, Darwin non abordou a liñaxe humana, pero “ao día seguinte de publicalo, a xente xa dicía que o home ven do mono”, afirma o codirector de Atapuerca, Juan Luis Arsuaga. Os detractores de Darwin ridiculizárono en caricaturas que mostraban ao eminente científico convertido nun simio peludo.

imagen

Posteriormente, en El origen del hombre, Darwin planteou a hipótese de que humanos e simios descenden de proxenitores comúns, non uns de outros. En realidade, a idea non era nova para a ciencia de mediados do XIX, senón que aparecía suxerida en traballos de outros científicos, como Thomas Henry Huxley.

2. A evolución é unha escaleira que conduce ao ser humano

O do home e o mono é un caso particular dun erro máis xeral, entender a evolución como unha carreira de relevos na que unha especie cede a testemuña a outra. A esta confusión contribúe un recurso gráfico mil veces utilizado: un simio camiñando tras unha fila de antropoides con rasgos cada vez máis humanos ata chegar ao home.

 imagen

Pero nin o ser humano descende do mono, nin ningunha especie viva detívose a medio camiño da evolución para dar o relevo a outra. Soe equipararse o máis evolucionado ao mellor, como nas xeracións sucesivas de teléfonos ou de coches. pero un chimpancé no es menos evolucionado que un humano

3. Os organismos evolucionan para adaptarse ao medio

O francés Jean Baptiste Lamarck propuxo que os organismos se adaptaban ao medio e legaban esas adaptacións á súa proxenie. O modelo de Darwin revelou que é o medio o que selecciona aos mellor adaptados á supervivencia e reprodución.

4. Darwin inventou os conceptos de evolución e de supervivencia do máis apto

As ideas de antepasados comúns e de transmutación de unhas especies en outras aparecen xa nos escritos de Anaximandro, filósofo grego do s. VI a.C., así como de outros pensadores en Occidente e Oriente. Algúns destes autores  basábanse na observación dos fósiles. Incluso unha noción primitiva de selección natural aparece xa na Grecia clásica. Nin sequera o termo evolución aparece unha soa vez en El origen; este vocábulo popularizouse máis tarde e tamén Spencer foi un dos primeiros en empregalo.

Que vos parece esta información, e sobre todo, os que pensabades que Darwin si crera que evolucionabamos dos monos? E vos? Credes que evolucionamos dos monos, ou non estades de todo seguros? Eu creo que si, pero tampouco podo afirmalo, xa que este tema é moi confuso, debido a escaseza de información na que podemos investigar e en ningún momento se pode afirmar nada, porque como xa sabesmos dende o descubrimento do xacemento en Atapuerca as liñas evolutivas que se crían correctas modificáronse e polo tanto nalgún outro momento poderíase descubrir outro xacemento que nos acercase máis á verdade. Por todo isto, creo que nós tamén debemos reflexionar sobre o noso planeta e sobre especies que estiberon nela moito máis tempo do que a nosa leva nel, e causando moito menor dano a este.

Se queredes saber dalgunha que outra mentirixilla que se dixo sobre Darwin podedes consultala nesta paxina de madrid i+d de onde eu o saquei a información.

Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11