Un pequeno ¿real? paso para o home

imagen

20 de Xulio de 1969, 600 millóns de persoas observaban polos seus televisores como un home norteamericano, Neil Armtrong, se convertía no primeiro home en pisar a Lúa. Moita xente non se cría que isto fose certo e, despois de corenta e un anos despois, aínda segue sen crerse que isto realmente ocorrera.

A miña dubida é : ¿ Chegou ou non chegou o home a Lúa ?

Hai moitas teorías sobre este tema. Unha delas conta que realmente o home non foi a Lúa, que os americanos inventáronse este logro para superar os rusos na súa carreira espacial. Esta teoría di que os científicos da NASA, coa axuda dos produtores da  Fox, utilizaron un gran estudo de cine para poder gravar toda a falsa chegada do home a Lúa. Como podedes ver neste video : VIDEO

Moitas persoas de diferentes especialidades de traballo analizaron as imaxes que a NASA deu como probas de que o home realmente estivo na Lúa. Algunhas das mais comentadas, que seguro que todos vos coñecedes, foron as da bandeira dos Estados Unidos ondeando, cousa que resultaría imposible de crer porque na Lúa non hai atmosfera, polo tanto non existe corrente de aire; e a outra é a das estrañas sombras que crean os corpos dos dous astronautas, debido a que só existe a luz que proxecta o Sol sobre a Lúa, ¿ como é que as sombras son tan distintas ?

Vela aquí vos deixo o link para que vexades as foto que une estas dúas incógnitas : FOTO

Outra teoría é a que chegan a crerse os menos escépticos, que di que o home chegou a Lúa, pero que non o puideron gravar e polo tanto montaron esa farsa do vídeo e as imaxes. Porque cren que o home realmente chegou ? Polas rocas lunares que supostamente, se trouxo do viaxe. Miles de científicos puideron analizar estas rocas e ver que realmente non correspondían a rocas pertencentes a Terra.

Ademais de estas dúas, existe outra teoría mais : A teoría oficial.  Esta teoría é a que os científicos da NASA  quixeron que nos crésemos para así eles poder levar o mérito de gañar os rusos na carreira espacial.

 E eu pregúntome, cal das tres é certa ? Que opinades vós ?

 Esta entrada foi elaborada por Gloria Perez no curso 2010-11

 

A auga, un ben relativo.

    A auga, é un ben esencial sen o cal non poderiamos vivir. Moita xente cre que a auga é moi abundante. A verdade é que teñen razón xa que cubre as 3/4 partes da superficie terrestre. É abundante si, pero a auga potable ,a que precisa o ser humano para a vida, non o é.

A súa distribución é moi desigual tanto en países como en rexións dentro dun mesmo país. Un exemplo claro de desigualdade na súa repartición acontece en Canadá. Alí contan cunha poboación que representa o 2.5 % da chinesa, sen embargo, teñen o mesmo consumo. En África, a media de consumo de auga é de 10 litros diarios por persoa, mentres que en EUA a media é de 300 litros. En Galicia o consumo medio é duns 155 litros.

    No seguiente mapa móstrasenos a distribuición da auga potable no  mundo:

  Acceso a auga potable no mundo

A escaseza e maila contaminación da auga no mundo converteuse nunha ameaza para a humanidade e a causa de diversos conflictos. A falta de auga estase cebando principalmente con África e con Asia occidental. O consumo descontrolado de auga xunto a mala xentión do recurso provocan un gran despilfarro. A súa contaminación débese principalmente aos pesticidas e á industria (entre un 93% das augas residuais e un 70% de desfeitos industrais vertense sen tratar). O consumo desta auga contaminada da lugar a datos escalofriantes como que entre catro e seis millóns de nenos morren cada ano por enfermidades ligadas á auga.

Segundo a ONU, a auga potable debería ser un dereito humano universal, mesmo un dos Obxectivos do Milenio é reducir á metade en 2015 o número de persoas sen acceso á agua. Esta cifra está moi lexos de ser acadada en continentes como África ou Asia. Actualmente, estímase que ao redor de mil millóns de persoas teñen un deficiente acceso a auga potable.

Con todo isto só pretendo concienciarvos da sorte que temos de gozar da auga en abundancia, pero como todo, se non se controla o seu uso, esgótase. Para rematar, só quero plantexarbos dúas preguntas: Imaxinádesvos ter que percorrer quilómetros para conseguir unha cunca de auga? Credes que empregádela cantidade de auga necesaria ou a despilfarrades?        

Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11

 

Do Big Bang a actualidade nun ano.

imagen

Información extraída : Enciclopedia del estudiante

Sóese utilizar a analoxía cun ano para comprender as escalas de tempo na historia do Universo.

Así, si se considera que a orixe do Universo prodúxose o un 1 de Xaneiro , o Sistema Solar non apareceu ata o 9 de Septembro .

O 14 de Septembro formouse a Terra. Moi pronto, o 30 de Septembro, comezou a formación dos primeiros seres vivos. Pero, ata moito despois, non apareceron grupos de seres complexos: o 17 de Decembro aparecerían os trilobites e os peixes; o 22, os anfibios; o 23 os réptiles, e o día 30, os mamíferos. O ser humano apareceu sobre a Terra, nesta escala, as 10 da noite di 31 de Decembro.

Toda a historia documentada da humanidade ocuparía soamente os 20 últimos segundos do ano. Os últimos 5 corresponderían o tempo que pasou desde a Grecia clásica ata a actualidade.

Penso que a especie humana ocupou unha parte moi pequena na historia do universo, para o que causamos hoxe en día, que son uns efectos moi grandes.  Vos que creedes? Qué vos parece esta historia do universo contada desde outra persespectiva?

Esta entrada foi elaborada por Andrea Araujo no curso 2010-11

 

Os oito obxectivos do milenio

Os oito obxectivos do milenio foron fixados no ano 2000,é un acordo que tiveron os 192 países das Nacións Unidas e tratarán de cumprilo para o ano 2015.Os oito obxectivos son:

*Obxectivo 1: Erradicar a pobreza extrema e a fame.

*Obxectivo 2: Lograr que a ensinanza primaria sexa universal.

*Obxectivo 3: Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.

*Obxectivo 4: Reducir a mortalidade infantil.

*Obxectivo 5: Mellorar a saúde maternal.

*Obxectivo 6: Combater o VIH/SIDA,o paludismo e outras enfermidades.

*Obxectivo 7: Garantir o sustento do medio ambiente.

*Obxectivo 8: Fomentar unha asociación mundial para o desenrolo.

O que se pretende facer cos oito obxectivos e facer un mundo xusto, aínda que, segundo dixo o relator da ONU os oitos obxectivos son un fracaso, xa que se centra en abordar a pobreza pero non pero non as causas.

Recoméndovos ver este vídeo xa que nos conta o que sucede no mundo actual e o que queren ter solucionado.


Neste vídeo trata os obxectivos do milenio dunha forma real xa que é o que esta sucedendo neste momento.

Nos obxectivos do milenio atopamos os principais problemas que atopamos no mundo que se intentaran solucionar para o ano 2015.

Credes que isto pódese solucionar para o ano 2015?
Eu creo que non se conseguirá porque e imposible facer un mundo que sexa totalmente xusto e non exista ningún deses problemas.

Esta información foi sacada da páxina de wikipedia e de utopiacontaxiosa

Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11

 

A pegada ecolóxica.

imagen

- Que é a pegada ecolóxica?

É un indicador de sustentabilidade que proporciona un marco de referencia para a análise da demanda humana da bioprodutividade. Aplicado inicialmente ós territorios, está logrando recentemente unha notable difusión como indicador aplicable ás empresas e, en xeral, ás organizacións.

- Cal é a utilidade da pegada ecolóxica como indicador de sustentabilidade?

A pegada ecolóxica comeza a ser considerada como un indicador útil e a tomarse como referencia para a planificación da sustentabilidade. Non obstante, a súa incorporación oficial nas axendas dos países, rexións e cidades é, polo momento, unha entelequia.

-Cal é a pegada ecolóxica de Galicia?

Segundo os cálculos realizados, a pegada ecolóxica de Galicia é de 6,26 hectáreas por habitante, que pasarían a 7,01 coa reserva do 12% do espazo para a conservación da biodiversidade.

-Por que é tan alta a pegada ecolóxica da nosa terra?

É certo que chama a atención o elevada que é a pegada ecolóxica de Galicia. A primeira das cuestións é analizar con que datos a comparamos e que metodoloxías usan. Desde o meu punto de vista, os sistemas de cálculo a nivel global ou de países, como xa referín, empregan unha metodoloxía distinta e aínda se están a perfeccionar. Iso explica que entre dous informes do grupo de Wackernagel (que é unha referencia mundial) a pegada de España en dous anos pase de 4,6 a 5,4 hectáreas per cápita.

-Que accións considera prioritarias para reducir a pegada ecolóxica de Galicia?

Un problema como é a excepcional pegada ecolóxica do sector do transporte en Galicia é de difícil solución inmediata. Basta recordar que o 95% do movemento interior de mercadorías faise por estrada, ou que o 61% dos galegos non teñen acceso a un sistema de transporte público inmediato.

-Opinión persoal:

Penso que o uso da pegada ecoloxica como indicador sostible é un bo método para a conservacion da biodiversidade. Pareceme un tema moi interesante , sobre todo o sabes que Galicia é un dos territorios cuxa pegada ecoloxica é moi alta comparada con outros territorios.

 - Webgrafia :

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pegada_ecol%C3%B3xica

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2766833

http://www.google.es/images?hl=es&q=a%20pegada%20ecoloxica&um=1&ie=UTF-8&source=og&sa=N&tab=wi

Esta entrada foi elaborada por Eva Piñeiro no curso 2010-11

 

A PEGADA ECOLÓXICA.

imagen

A comezos do curso demos termos novos de ciencias que para nos eran estraños como por exemplo a pegada ecolóxica, pero…realmente sabemos  todos o que é?

A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu entorno expresado en número de hectáreas de ecosistemas produtivos. O obxectivo principal da pegada ecolóxica é o de cifrar o impacto que exerce sobre o planeta nun determinado modo de vida e o seu respectivo grado de sustentable.

A mediados dos anos 80 debido ao claro esgotamento da capacidade física do planeta para afrontar ó excesivo consumo por parte dos seres humanos dos recursos e de medios, os científicos vense no deber de calcular o impacto que estamos a realizar sobre o medio ambiente.  O máis utilizado e polo que máis se aposta é o da pegada ecolóxica.

¿Como se calcula?

 para calculala  convén ter en conta os seguintes aspectos:

  • Para a elaboración de calquera producto necesitase enerxía e materiais ecolóxicos ou non.
  • Para a reabsorción dos residuos xerados ao longo  da produción e o uso dos productos finais,  precisamos os sistemas ecolóxicos.
  • Debido a que ocupamos espazo con infraestructuras e demais áreas construídas, redúcese a área de ecosistemas productivos.

O cálculo da pegada ecolóxica é complicado, e para calcular esta superficie debemos ter en conta dous aspectos:

  • Os tipos de terreo produtivos.
  • E a tipoloxía de actividades vinculadas a esta conta.

Calculanse as hectáreas de terreo exactas de acordo co consumo medio por habitante dun producto determinado para o que se empregan os valores de produtividade.

 Como veño decindo dende o principio, a pegada ecolóxica indica a consecuencia dunha determinada actividade humana sobre o entorno. Polo tanto, plantexa numerosas oportunidades en relación coa sustentabilidade a pesar das dificultades que existen respecto da súa aplicación metodolóxica e da información que dela se obtén.

Webgrafía:

Por último deixovos un video bastante interesante:


E  se queredes seguir informandovos,podedes facelo desde o seguinte enlace:

http://www.cospesnaterra.info/index.php?Itemid=37&id=16&option=com_content&task=view

Esta entrada foi elaborada por Janira Nuñez no curso 2010-11

 

Historias de dragóns.

imagen

Por qué existen lendas sobre dragóns en moitos lugares do mundo, moi alonxados entre sí ? Poden ter algo que ver os fósiles de dinosaurios ?

Probablemente, os restos fósiles de dinosaurios e outros grandes animais do pasado foron atopados non só en tempos modernos, senón durante toda a historia da humanidade. Cando se atopaban algúns destes grandes ósos, normalmente atribuíanse a seres fantásticos que habitaban eses lugares noutros tempos.

Durante a Idade Media, en Europa pensabase que os ósos e os dentes que as veces se atopaban no campo correspondianse a seres mitolóxicos, coma dragóns , xigantes e unicornios. En moitas pinturas e miniaturas da época na que aparecen dragóns, parécense curiosamente, aos dinosaurios que hoxe coñecemos.

Estas ideas aparecen tamén noutros pobos.

Por exemplo : os chineses crian nos dragóns, inda que para eles eran criaturas benéficas que traían choiva aos campos. Pensaban que os ósos que atopaban no sólo eran restos de dragóns que non conseguiron unha nube adecuada para subir o ceo.

En América, os indios sioux tiñan outra teoría diferente: descubriron ósos de dinosaurios e pensaban que eran restos de serpes xigantes, mortas á mans do Gran Espíritu.

Penso que a ciencia podia haber axudado moito naquela época, xa que podia facer compreder mediante investigacións comprobadas, que os ósos eran de dinosaurios e non de dragóns, como pensaban.

Vós que opinades ? Credes que as súas crenzas, a pesar de que lle poideran demostrar que non eran ósos de dragóns , seguirían sendo as mesmas ?

Atopas semellanzas entre un dinosaurio e un dragón?

 

Información extraída : La enciclopedia del estudiante

Esta entrada foi elaborada por Andrea Araujo no curso 2010-11

 

O rastro que deixamos

A pegada ecolóxica é un indicador que mide o impacto das actividades dun grupo de seres humanos sobre o medio ambiente. Exprésase en hectáreas por persoa. O seu obxectivo principal é o de analizar a relación entre a capacidade de produción do planeta e, a demanda de recursos do ser humano.

Se seguimos contaminando como ata o de agora, no ano 2050 necesitaríamos dúas Terras para soportar o número de hectáreas que entre todas as persoas consumimos.

Aquí tedes vídeo onde en un minuto explica o concepto de pegada ecolóxica moi ben. Aconséllovos que o vexades porque seguro que entendedes mellor o que significa.


Toda esta información saqueina da páxina de wikipedia e doutra páxina que é da fundación de Vida Sostible. Nesta última fáisenos un cuestionario sobre a nosa pegada. Anímovos a que entredes nela para poder ver a vosa pegada e como podedes facer para rebaixala.

Despois de ver todo, xa sabes o que podes facer para que a túa pegada non sexa tan elevada?

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

O noso futuro común

No ano 1987 a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desarrollo presentou un informe chamado “O noso futuro común”, tamén coñecido co nome de Informe Brundtland. Neste informe empregouse por primeira vez o termo “desarollo sostible”, definido como aquel proceso que “satisface as necesidades presentes, sen ameazar a capacidade das xeracións futuras de abastecer as súas propias necesidades”.

O obxectivo da comisión fundamentábase en buscar solucións para os problemas críticos de desarollo e medio ambiente. Ademáis elaboraron unha serie de medidas, que tiñan que cumplir tódolos Estados mediante a cooperación internacional, dos diferentes temas que se trataron :

  • Poboación e recursos humanos (reducir os niveis de pobreza, mellorar a educación…).
  • Alimentación (satisfacer as necesidades dos países máis pobres…).
  • Especies e ecosistemas (protexer a biodiversidade, os ecosistemas…).
  • Enerxía (emprego de enerxías renovables, consumo responsable…).
  • Industria (mellor xestión dos recursos naturais…).
  • Reto urbano (reducir o uso de recursos non renovables…).

imagen

Pese a todos os esforzos por construír un futuro máis próspero e seguro, o noso planeta séguese a destruír e cada vez máis xente vive en condicións de extrema pobreza.Na miña opinión, paréceme ben o feito de que os países intenten pór medidas para loitar contra os problemas que hoxe en día afectan ao noso planeta mais dubido de que sexa efectivo e ti, pensas que é útil a formulación de informes internacionais para mellorar o futuro do planeta ? Que cres que poderiamos facer nós para mellorar as condicións de vida nos países menos desenvolvidos ? E para terminar coa destrución do medioambiente ?

Deixovos aquí un enlace a unha páxina moi interesante chamada “El Cambio Climático en los medios de comunicación”, onde se comentan diferentes temas relacionados co anterior.

Atopei a información na páxina do cambio climático.

Esta entrada foi elaborada por Andrea Durán no curso 2010-11

 

Os obxectivos do milenio

A declaración do milenio o que pretende é mellorar a forma de vida pola que teñen que pasar algunhas mulleres e nenos doutros países; pretende que elas poidan ter igualdade e un pouco de libertade; tamén quere que se respete a naturaleza. Para que isto funcionase, todo isto recolleuse nos obxectivos do milenio. Establecéronse co fin de garantizar a paz e a seguridade, a loita contra a pobreza, e os dereitos humanos.

Os obxectivos do milenio recóllen oito obxectivos: O primeriro dos obxectivos quere acabar ca pobreza extrema e a fame: O que se pretende, é reducir a metade a proporción de persoas que sofren fame e das que teñen ingresos menores a un dolar diario. Tamén se quere conseguir bastante empleo no que teñen dereito a trabllar tamén mulleres e xóvenes. O segundo obxectivo é lograr a enseñanza primaria universal: Asegurar que os nenos e nenas de todo o universo teñan dereito a un ciclo de enseñanza primaria. O terceiro obxectivo é promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller: Que non exístan desigualdades entre a enseñanza primaria e a secundaria. O cuarto obxectivo é conseguir que se reduza a mortalidade infantil: Que deixen de morrer tantos nenos menores de 5 anos. O quinto obxectivo é mellorar a salud materna. O sexto obxectivo é combatir o sida e outras enfermidades. O septimo obxectivo é garantizar o mantemento de medio ambienbte. E o oitavo e ultimo obxectivo é fomentar unaha asociacion mundial para o desarrollo.

192 países membros das Nacións Unidas, comprometéronse a conseguilo para o ano 2015.

A min pareceme moi ben o de establecer estes obxectivos, porque así todas esas cousas malas acabaríanse. Aquí vos deixo un vídeo para que vexades.


Que vos parece?

Si queredes máis información, podedes buscar nas páxinas que eu busquei información; déixobolas a continuación: http://es.wikipedia.org/wiki/Objetivos_de_Desarrollo_del_Milenio, e na http://www.un.org/spanish/millenniumgoals/

  Esta entrada foi elaborada por Leticia Domínguez no curso 2010-11