As condicións do terceiro mundo

A sanidade é consecuencia dos sistemas sanitarios dos países, que a súa vez, reflicte o seu nivel de desenvolvemento, e moitos gobernos non poden proporcionar un sistema público de saúde de calidade, integrado e universal.

Isto fai que máis de 1.000 millóns de persoas vivan na pobreza extrema, 800 millóns de persoas teñen unha alimentación insuficiente, 11 millóns de nenos morren o ano por contraer enfermidades que non se poden previr.

imagen

Todo isto nos leva a que a xente do terceiro mundo contraia enfermidades como o sida, e moitos millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e a servizos de saúde básicas.

 

imagen

Hai moitas organizacións que axudan a esta xente e salva moitas vidas, unha delas é MANOS UNIDAS

e vos poño un enlace para que miredes como traballa esta xente.

Tamén encontrei unha páxina onde nos falan da   sanidade en África, espero que a visitedes e comentedes que vos parece.

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

A nosa dieta… a súa dieta.

Se queremos falar de saúde, temos que falar de alimentación…. se queremos falar de alimentación, temos que falar de desnutrición, aínda que so sexa polo peso das cifras…  La pesadilla de Darwin, é un documental que nos permite ver como a globalización que nos permite comer de todo en calquera parte do mundo… faino a costa de deixar a millóns de persoas na pobreza absoluta…


Se queres, podes velo completo na páxina “terrorismo audiovisual”

Lee o comenario que se fai da película na páxina a ciencia no cine, podes atopar moitas analises máis deste documental na rede, pero tamén podes dar a túa opinión persoal…

 

Unha científica opina

O cambio climático é unha realidade que debemos afrontar, e este, terá consecuencias sobre a saúde, especialmente nos países máis desfavorecidos; esto é o que afirma Cristina Tirado , veterinaria aragonesa que formou parte del Panel Intergubernamental sobre el Cambio Climático (IPCC) dirixido polo científico hindú, Rajendra Pachauri. Cristina Tirado é tamén colaboradora da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Fai un comentario sobre os datos que aporta esta científica. Como nos afectan e como debemos actuar nos, os dos “países favorecidos”, ante estes datos.


Se pinchas no nome desta aragonesa, terás información sobre ela e o seu traballo no panel intergubernamentas(IPCC) que recibiu o premio nobel da Paz do ano 2007, compartido con Al Gore polo seu documental “La verdad incomoda”.

En xeral, a ciencia esta totalmente de acordo en que este é un problema grave para a humanidade…como se recolle no cuarto informe do IPCC. En cambio, a opinión pública e os medios de comunicación aínda debaten si é certo que o cambio climático é un problema o unha esaxeración duns cuantos…

Onde estas ti?, Cal cres que é o motivo desta diferencia de opinións entre os científicos e a población en xeral.

 

A caixa que non sempre era tonta…

imagenAquí tedes un novo enlace que pode ser moi interesante, e que vos pode dar unha idea do sinxelo que pode ser crear un post. Neste caso é un enlace con tres14 un portal televisivo, de programas de ciencias, con noticias, entrevistas, curiosidades e outras opcións de diversos temas…

Como sempre deixara de ser unha caixa tonta se as mentes que a observan non deixan de pensar…

Buscade no programa humanos a sección noticias, comenta unha información sobre o Sahara… cando non era un deserto, dura moi poquiño tempo, deixa un comentario, respecto a esta ou a outra das noticias que te parezan interesantes.

 

Para botarse a temblar…!!!

Vexo que o tema de sismos esperta interese. Pódese afondar moito máis, na rede hai información que pode aclararvos moitas ideas, ou simplemente aportar información.

imagen

Unha das vantaxes da internet, é que nos permite acceder á información case en tempo real. Neste caso, podemos saber os terremotos máis recentes e os  que acaban de acontecer en calquera lugar do planeta… A información está na páxina http://www.iris.edu/seismon/ do Servicio xeolóxico dos Estados Unidos (USGS), os terremotos en España atópanse  en http://www.ign.es/ign/es/IGN/Sismologia10Espana.jsp a páxina do Institutoxeogáfico nacional.

Entra na páxina e bótate a tremer, ou non….

No caso dos sismos é interesante distinguir entre magnitude ou forza dun sismo (mídese ca escala de Richter), e a intensidade que nos indica os efectos causados, (empregase a escala de Mercali).

Pode ser certa a seguinte frase? : “un sismo pode ter un so valor na escala de Richer, pero pode ter varios na de Mercali” Como o explicas?

 

Exame: cando o alumnado demostra o que sabe….ou non!

Fagamos algunhas reflexións:

imagen

Que é un exame? É a oportunidade do alumna/o de demostrar o que sabe, tamén e a ferramenta que temos os “profes” para avaliarvos, polo tanto é importante e hai que tomalo en serio.

  1. Como preparar un exame? Non se pode facer no día anterior e moito menos na noite anterior… mellor levar as cousas ao día e ir preguntando as dúbidas a medida que xorden. No caso de CCMC é necesario ir facendo as actividades, xa que, así, podedes comprobar, se entendedes os contidos e se sodes capaces de expresarvos correctamente.
  2. Como facer un exame… sen acabar dos nervios? É importante controlarse, tratase dunha proba na que tes que demostrar o que sabes, pouco ou moito… (cos nervios sempre parecera menos…) . Non esquezades escoitar os avisos antes de empezar, ler con atención as preguntas antes de contestar, calcular e repartir o tempo e sempre revisar o exame antes de entregar.
 

Móvese… peligro!!!

Non podemos olvidar a utilidade que ten coñecer os movementos de placas; entre outras cousas permiten explicar a distribución dos terremotos e os volcás no noso planeta. Calquera destes dous fenómenos supón un risco para a vida e os bens das persoas…

Lee está noticia sobre a falla de San Andrés, pode axudarvos a entender mellor a actividade 12 que fixemos na clase.

imagen

A tareas para este post son: buscar información sobre os terremotos en Galicia, estamos en zona de risco…?, como o explica a tectónica de placas…?, sabes que facer en caso de terremoto…?

 

Historia… para non olvidar.

Antes de deixar o tema do Universo é a Terra, non está de mais dar un repaso pola historia. Na paxina de astronomía .com tedes información sobre algúns astrónomos, de gran importancia no avance do coñecemento do Universo.

imagen

Nesta páxina, tamén podedes atopar un resumo moi sinxelo das teorías máis aceptadas da orixe do Universo e do Sistema Solar. Botádelle un vistazo, facede algún comentario e tentade localizar algún descubrimento actual e o nome das persoas relacionadas (non ten por que ser nesta páxina). Por exemplo podedes buscar información sobre o descubrimento de outros planetas fora do Sistema Solar… averiguar quen descubriu o primeiro, que paxinas interesantes atopades sobre o tema,…

 

A viaxe das placas litosféricas

Seguimos ca “tectónica de Placas”, á que se chegou ca aportación de distintos científicos. A idea inicial débese ao xeólogo alemán Alfred Wegener, quen, para defender as súas teorías tivo que enfrontarse a outras correntes xeolóxicas máis aceptadas na súa época… pero equivocadas, como se demostrou posteriormente.

Falando de placas en movemento, aquí tedes outra animación da Universidade noruega.

Tamén podedes acceder a páxina principal dende aquí, chamase Webgeology, recoméndovos a animación chamada “A dinámica do Manto e a Tectónica de Placas”. Para finalizar está “mountain building”, sen traducir ao castelán, pero podedes escoller outros idiomas: francés, inglés…, noruego, tal vez portugués.

Animo, dedicádelle un pouco de tempo, merece a pena, especialmente ca animación desa viaxe das placas ao longo da historia da Terra.

 

Como entender facilmente o difícil de entender

Hola de novo:

Imos ir entrando en materia, póñovos aquí un enlace “facíl de entender”.

As veces a Xeoloxía parece árida e difícil, pero cando as cousas se fan ben, as explicacións “estrañas”, pasan a ser razoamentos sinxelos. Facede a proba cas capas da Terra e os métodos de estudio indirectos. Pincha nas “capas da Terra” e acederas á unha animación flash da Universidade Noruega de Tromso.

Despois de ver a animación, podes comentar si entendes mellor o difícil de entender.

Na animación tamén falan dun caso de serendipia, que utilidade tivo neste caso?