Esperanza de vida

O trasplante é un tratamento médico complexo. Permite que órganos, tecidos ou células dunha persoa poidan reemplazar órganos, tecidos ou células doentes doutra persoa. Nalgúns casos esta acción serve para salvarlle a vida, noutros para mellorar a calidade de vida ou ambas cousas.
No noso país, cada persoa decide libremente se quere ser donante ou non; pero ¿un menor pode ser donante? Os menores de idade non poderán ser donantes en vida aínda que conten co consentimento dos pais ou tutores. En caso de falecer, si poden ser donantes a condición de que os seus pais ou tutores legais non fagan constar a súa oposición.

transplante_23.jpg

En España realizaronse o ano pasado un total de 3.605 trasplantes e non hai no o mundo un país con maior número de donantes de órganos por millón de habitantes que este. Estes datos falan relativamente da grande sensibilidade social existente respecto da donación de órganos. Os transplantes, e por tanto a donación de órganos, salvan cada ano a vida de miles de persoas cuxas graves enfermidades requiren, normalmente con urxencia, dun transplante.
Só durante o pasado ano, 271 persoas faleceron porque o órgano que necesitaban para o seu transplante non chegou a tempo aos hospitais que os esperaban con todo disposto para a operación. Isto, conleva a que a xente que necesita un transplante se búsque a vida fóra dun hospital; e o que fan é buscar algunha persoa que lle venda o órgano que necesita. Claramente este transplante realizaríase nunhas condicións precarias; xa que non contan co material necesario para realizar dita operación. A acción ilegal de comprar un órgano só pode realizala toda aquela persoa que teña unha boa situación económica; pero, ¿Que fan os que non teñen diñeiro? Este é o caso polo que moita xente está encontra dá donación de órganos ilegal; pero, ¿Que opinades vos respecto aos transplantes de órganos ilegais?

don1.jpg

Post elaborado por: Sheila Vidal, curso 2008-09

 

Tags: ,