A enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía recuperada a partir do vento, ou a enerxía cinética xerada polo efecto correntes de aire, e é convertida en outras formas útiles para as actividades humanas.

A enerxia eólica presenta vantaxes frente a outras fontes enerxéticas convencionais: pois é unha das fontes máis baratas, pode competir en rentabilidade con outras fontes enerxéticas tradicionais como as centrais térmicas de carbón (considerado tradicionalmente como o combustible máis baratos). As centrais de combustible e mesmo coa enerxía nuclear, se se consideran os custos de reparar os danos ambientais. Ademais a enerxía eólica evita a contaminación resultante do transporte dos combustibles; gas; petróleo; gasoil; carbón. Reduce o intenso tráfico marítimo e terrestre preto das centrais. Suprime os riscos de accidente durante estes transportes: desastres con petroleiros (traslados de residuos nucleares, etc). Non fai necesaria a instalación de liñas de abastacemento: canalizacións as refinarías ou as centrais de gas.

imagen

<!–[if gte vml 1]> <![endif]–><!–[if !vml]–><!–[endif]–>
Aínda que non todo son vantaxes desde o punto de vista estético, a enerxía eólica produce un impacto visual inevitable, xa que polas súas características precisa uns emprazamentos que normalmente resultan ser os que máis evidencian a presenza das máquinas (cerros, outeiros, litoral). Neste sentido, a implantación da enerxía eólica a gran escala, pode producir unha alteración clara sobre a paisaxe, que deberá ser avaliada en función da situación previa existente en cada localización.

Se queredes saber máis sobre este tema aquí tedes un video que vos pode aportar información interesante.

Post elaborado por: Samuel Presa Domínguez curso 2008-09

 

Tags: ,