Consumo responsable

Falar de consumo responsable é plantexar o problema do hiperconsumismo das sociedades “desenvolvidas” que seguen crecendo como se fosen infinitas. Datos estatísticos afirman que os 20 países máis ricos do mundo chegaron consumir neste siglo máis materia prima e recursos enerxéticos que toda a humanidade o longo da súa historia. Como sinalou a cumbre de Johannesburgo (2002) : “ O 15% da poboación mundial que vive nos países de altos ingresos é responsable do 50% do consumo total mundial; mentres que o 40% máis pobre o é tan solo do 11% do consumo.

imagen

Se analizamos todo o que consumimos diariamente nas nosas casas (electricidade, calefación, auga, electrdomésticos, roupa…) ademais do tranporte, ocio, saúde,etc.; o resultado mostraríanos cantidades inxentes. Sendo ¼ da poboación mundial, consumimos entre o 50 e o 90% dos recursos naturais da Terra e xeramos 2/3 das emisións de CO2 e desperdicios tóxicos. Este elevado consumo tradúcese en consecuensias gravísimas para o medio ambiente de todos, incluíndo ós máis pobres, que apenas consumen.

Outro grave problema é o do modelo alimenterio ó que se chegou a xeneralizar nos países ricos, caracterizado por:

  • Agriculturra intensiva, que emprega gran cantidade de abonos e pesticidas coa conseguinte contaminación ea degradación do solo cultibable.

  • Caída do consumo de cereais e leguminosas e o aumento das carnes e derivados de animais( unha opción de baixa eficiencia xa que, hai que producir 900Kg de comida para obter 1Kg de carne e o consumo de enerxía é maior)

  • Refinación de produtos coa correspondente pérdida de compoñentes esenciais.

 

Estamos, ademais, con estas prácticas, sobreexplotando e agotando recursos tan esenciais como a auga, que repercutirán na vida das xeracións futuras. A comisión Mundial do Medio Ambiente e Desarrollo afirma “estamos tomando prestado capital do medio ambiente das futuras xeracións sen intención de reembolso”. Por este motivo, é necesario introducir profundos cambios no estilo de vida da maior parte dos países, poñer fin á presión, guiada pola búsqueda de beneficios particulares a corto prazo, para estimular o consumo mediante unha publicidade agresiva que crea modas efímeras, reducindo a durabilidade do produto e promocionando os de gran impacto ecolóxico. Hai quen suxire que a sociedade de países dedsenvolvidos padecemos a pleonexia, o desexo por poseer máis do necesario.

 

En conclusión, é preciso evitar o consumo de produtos que danan ó medio ambiente , exercer un consumo máis responsable alleo a unha publicidade a gresiva, ademais de axustarse ás regras do comercioi xusto, que implica comprar e producir produtos con garantías de procedementos sostibles, respetuosos co medio ambiente e coas persoas.

 

imagen

Post elaborado por Inmaculada Giráldez, curso 2008-09

 

Tags: , , ,