Estrelar unha nave na Lúa para comprobar se hai auga
A NASA pon a punto a súa misión para atopar auga conxelada na Lúa por un procedemento novedoso: estrelar unha nave e analizar despois a “fumareda” provocada no satélite. Trátase do Proxecto LCROSS (Satélite para a Observación e Detección dos Cráteres Lunares), que xa foi enviado polo seu fabricante, Northrop Gruman, ata o Centro Espacial Kennedy, en Florida para o seu lanzamento esta primavera, a primeiros de abril.
A misión primordial do satélite é a procura de auga conxelada na Lúa, concretamente nun cráter permanentemente oculto preto dun dos polos. LCROSS é un satélite de baixo custo e rápida construción, que realizará a súa misión xunto ao Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO). No centro de lanzamento, os dous aparellos serán integrados nun foguete Atlas V Centauro. Trátase das primeiras misións dentro do plan da NASA para o retorno do ser humano á Lúa e iniciar o establecemento definitivo no noso satélite cara a 2020.
Segundo o previsto, tralo seu lanzamento, o LCROSS e a fase superior do foguete voarán cara á Lúa e entrarán nunha órbita que prevé o impacto contra a superficie. Na aproximación final, o satélite e o foguete separaranse. Será entón cando o Centauro se estrele xusto contra o cráter elixido para a investigación, provocando un escintileo de escombros que se elevará sobre a superficie.
Catro minutos despois, o LCROSS pasará a través desa columna de fume, recollendo e enviando datos ata a Terra antes de estrelarse tamén contra a superficie lunar e crear un segundo penacho de escombros.
Os científicos aproveitarán toda esa actividade na normalmente imperturbable superficie da Lúa para determinar a presenza ou ausencia de auga conxelada, un elemento crave para que o ser humano poida establecerse en bases permanentes.
Isto fai reflexionar sobre o futuro do noso planeta, xa que o estamos a maltratar de tal xeito e a población está a medrar tanto que é posible que nun futuro sexa preciso outro lugar para poder establecer alí colonias humanas. Chegarase a tales extremos?
Post elaborado por Andrea Correa, curso 2008-09