A nova mediciña microscópica

O novo dispositivo, de escala molecular, dirixe ao tumor os fármacos convencionais, funcionando como un “Cabalo de Troia”, e o seu efecto resulta dez veces superior ao da quimioterapia tradicional. O traballo foi difundido polo Cancer Research.

O traballo corresponde ao médico estadounidense James Baker. Trátase dun minúsculo soporte (unha nanopartícula) que leva pegado un fármaco convencional, dos habituais na quimioterapia contra o cancro, pero que entra moito mellor nas células cancerosas que nas normais.

De acordo a este novo avance, o médico asegura que o experimento multiplica por dez a eficacia anticancerosa do fármaco só, de acordo a experimentos realizados en roedores.

O sistema xa foi patentado e prevese que os ensaios clínicos se realicen dentro de dous anos.

A nanopartícula é un ovillo de polímero cun diámetro de cinco nanómetros (de aí o seu nome) e con varios adaptadores: nun pégase o metotrexato, un fármaco anticanceroso convencional, e noutro o ácido fólico (unha vitamina). As células cancerosas, que necesitan moito ácido fólico para crecer, deixan paso ao “cabalo de Troia” e tragan inadvertidamente o fármaco que as matará.

 ”Ao dirixir os fármacos especificamente ás células cancerosas”, dixo Baker, “redúcese a cantidade de fármaco que chega ás células normais, se minimiza a súa toxicidade e increméntase o seu efecto antitumoral. Con estas melloras, esperamos converter o cancro nunha enfermidade crónica e manexable”.

 Na quimioterapia convencional, os fármacos entran na célula cancerosa (e nas demais) por mera difusión a través da membrana que envolve a célula. É un proceso lento, e só funciona cando a concentración de fármaco no sangue é moi elevada.

 Pero a nanopartícula, que leva pegadas moléculas de ácido fólico, aproveita o mecanismo celular de importación desa vitamina, que está mediado por un receptor específico e xa que logo é moito máis eficaz. Moitas células normais teñen receptores de ácido fólico, pero as células cancerosas adoitan ter moitos máis.

Posiblemente este novo invento salve millóns de vidas nun futuro non moi alonxado, e aínda que o tratamento siga sendo moi desagradable polo menos as posibilidades de éxito son maiores ca antes. Pero hoxe en día hai moita xente que deixa estes tratamentos tradicionais precisamente por estas desvantaxes e segue tratamentos alternativos con plantas medicinais e outros métodos. É isto unha treta para gañar cartos por parte dos curandeiros que din ter curas milagreiras e indoloras ou son de verdade métodos efectivos alternativos aos tradicionais?

brain_tumor.jpg

Post elaborado por Andrea Correa, curso 2008-09

 

Tags: , , ,