A Terra, o noso planeta


A Terra é o terceiro planeta do sistema solar (contando en orde de distancia do oito planetas ao Sol), e o cuarto deles de menor a maior. Está situada a uns 150 millóns de quilómetros do Sol. É o único planeta no que até agora se coñece a existencia de vida. A Terra formouse ao mesmo tempo que o Sol e o resto do Sistema Solar, fai uns 4570 millóns de anos. O volume da Terra é máis dun millón de veces menor que o Sol e a masa da Terra é nove veces maior que a do seu satélite, a Lúa. A temperatura media da superficie terrestre é duns 15 ºC. Na súa orixe, a Terra puido ser só un agregado de rocas incandescentes e gases.

O 71% da superficie da Terra está cuberta de auga. É o único planeta do sistema solar onde a auga pode existir permanentemente en estado líquido na superficie. A auga foi esencial para a vida e formou un sistema de circulación e erosión único no Sistema Solar.

A Terra é o unico planeta con vida, credes que nos outros pode haber tamén vida?

imagen

Este post foi elaborado por Andrea Araujo Álvarez no curso 09-10