A evolución humana

 Os primates, o grupo de mamíferos ao que pertence o xénero humano, orixinouse no Cretáceo, e sobreviviu ó violento final do Mesozoico. Durante o Cenozoico, o grupo orixinou diferentes especies que ocuparon as extensas selvas que cubrían o continente africano, e especialiozáronse nun modo de vida arborícola.

evolución

Hai un tres millóns e medio de anos, o clima do norte de África fíxose máis seco e as selvas empezaron a reroceder, dando paso a amplas extensións da sabana. Naquelas sabanas vivían os Australopithecus, un xénero de primates que camiñaban ergueitos, aínda que probablemente rubían ás árbores con facilidade. Este xénero deu lugar ó xénero Homo.

O homínido Homo habilis era capaz de fabricar ferramentas. O seu descendente, Homo ergaster, perfeccionou a fabricación de utensilios e probablemente foi o primeiro en aproveitar o lume natural, aínda que non era capaz de controlalo.

Hai dúas especies descendentes de Homo ergaster: o Homo erectus que foi capaz de usar o lume e que saíu de África para colonizar Asia onde se extinguiu hai 200.000 anos, e o Homo antecessor, que colonizou Europa.

Este último deu lugar a dúas novas especies: Homo heildelbergensis e o Homo neanderthalensis , chamado Neandertal. Tanto o Homo antecessor coma o heildelbergensis e o neanderthalensis, deixaron pegadas da súa actividade en Europa e na Península Ibérica, en concreto na Sima de los Huesos en Burgos, onde se atopou o enterramento máis antigo que se coñece. Pero aqueles primeiros europeos non son os nosos antepasados.

En África quedaran poboacións de Homo antecessor, e delas xurdiu o Homo rodhesiensis, quen, á súa vez, deu lugar no mesmo continente africano á especie Homo sapiens, o ser humano actual. Este, abandonou África hai menos de 200.000 anos e colonizou así Asia e Europa; conviviu cos Neandertais, que se extinguiron hai apenas 25.000 anos, e quedou como única especie. Tamén se coñece que estendeu o uso de ferramentas e técnicas de caza e recolección.

Na Sima dos Osos, atopáronse fósiles perfectamente conservados de máis de 32 individuos pertencentes a Homo Heilderbergensis, e pénsase que esta acumulación podería representar a primeira práctica funeraria ritual coñecida. Esta é unha das formas de interpretar este hachado, pero vós, qué pensades?

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

Tags: ,