A primeira teoría da evolución

Lamarck formulou a primeira teoría da evolución. Propuxo que a gran variedade de organismos, que naquel tempo se aceptában, eran formas estáticas creadas por Deus, que evolucionaran desde formas simples; Apoiouse para a formulación da súa teoría na existencia de restos de formas intermedias extintas.

A teoría de Lamarck é unha teoría sobre a evolución da vida non sobre a súa orixe.

Sería 50 anos despois cando Pasteur demostrou que todo proceso de fermentación e descomposición orgánica débese á acción de organismos vivos e que o crecemento dos microorganismos en caldos nutritivos non era debido á xeración espontánea.

imagen

Formulando dúas leis:

Primeira lei: En todo animal, o uso frecuente e sostido dun órgano calquera o fortifica, dándolle unha potencia proporcionada á duración deste uso; mentres que o desuso constante de tal órgano debilítao e ata o fai desaparecer.

Segunda lei: Todo o que a Natureza fixo adquirir ou perder aos individuos pola influencia das circunstancias nas que se atoparon durante moito tempo, e consecuentemente pola influencia do emprego de tal órgano, ou polo seu desuso. A Natureza consérvao nos novos individuos, con tal de que os cambios adquiridos sexan comúns aos dous sexos, ou aos que produciron estes novos individuos.

Lamarck, con estas leis, sostivo que se unha raza estaba sometida ás mesmas condicións ambientais e estas condicións prolongásense durante moito tempo, transformaríanse adaptándose a ese ambiente.

As ideas de Lamarck non foron tidas en conta na súa época, aínda que o seu libro “filosofía zoológica”, onde plasmou a súa teoría, circulou por Francia e tamén por Inglaterra, obra á que tivo acceso o propio Darwin.

Eu penso que a teoría da evolución pode darnos moitas pistas para descubrir o noso orixe, a vós que vos parece?

Este post foi elaborado por Yolanda Bernárdez Carballo no curso 09-10

 

Tags: , ,