Creacionismo

Os creacionistas defenden que as especies foron creadas por un ser superior e que se manteñen no tempo tal e como se crearon, é dicir, non evolucionan dando lugar a outras especies.

Tradicionalmente o creacionismo estivo ligado ás relixións e cada unha tiña a súa propia explicación, recollida nas sagradas escrituras; no entanto, había pequenas diferenzas entre elas. Pero nos últimos tempos xurdiu unha nova teoría que conta cun gran número de seguidores, o Deseño Intelinxente, para os que a vida, a Terra e o universo foron intelixentemente deseñados, sen dicir quen foi ese creador. Unha das correntes máis peculiares do DI postula que a Terra foi deseñada por extraterrestres ós que os humanos adoraban e foron descritos en antiguos textos relixiosos.

Para os creacionistas, a teoría da evolución non contén máis ca erros e non pode explicar preguntas tan fundamentais como: cómo xurdiu o espazo no Universo, cómo se pasou dunha célula unicelular a outra pluricelular ou dun anfibio a un réptil. Unha das frases que reflite moi ben este pensamento é a seguinte: “A evolución non é unha boa teoría, tan só é unha relixión pagana disfrazada de ciencia”.

Algúns dos erros que o Creacionismo lle atribúe ó evolucionismo pódense ver desmentidos neste interesante vídeo.


Para rematar, un último dato: aínda que pensemos que a maioría das persoas rexeitan o creacionismo e consideran o evolucionismo como a teoría verdadeira, en América o 45% dos americanos cre que Deus creou ós humanos, o 38% que Deus guiou a evolución, o 3% que a evolución ocurriu sen guía divina e un 4% cren outra cousa ou non teñen opinión.

Se queres consultar máis información sobre o Creacionismo podes pinchar sobre estes enlaces:

http://www.antesdelfin.com/evolucionimprobabilidades.html

http://seresma.tripod.com/Spanish_CvsE.html

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Tags: , ,