A evolución do cabalo
O rexistro fósil permítenos contemplar os cambios evolutivos a través da maior escala temporal. Podemos ver ás especies aparecer e extinguirse repetidamente ao longo do rexistro fósil. Unha especie animal pode, por termino medio, sobrevivir entre un a dez millóns de anos, aínda que con moitas variacións.
Ao estudar a substitución dunhas especies por outras ou outros taxóns ao longo do tempo, obsérvanse tendencias. As tendencias son cambios orientados nos trazos característicos ou nos modelos de diversidade nun grupo de organismos. As tendencias fósiles demostran claramente o principio de Darwin do cambio perpetuo. Hai que facer fincapé en que as tendencias se observan soamente a posteriori. Non podemos predicir, a partir dos primeiros fósiles de ou grupo, cal será o aspecto ou a diversidade dos fósiles posteriores. O proceso evolutivo non contén direccións predeterminadas.
Unha tendencia ben estudada é a evolución do cabalo desde o Eoceno até o presente. George Gaylord Simpson demostrou que esta tendencia é compatible coa teoría evolutiva de Darwin.
Características de cabalo
Existen tres caracteres que demostran moi ben a tendencia na evolución do cabalo, estas son: o tamaño corporal, a estrutura das patas e a estrutura dos dentes.
O cabalo moderno pertence á orde dos perisodáctilos, os ungulados dotados de pezuñas impares (dunha a tres).
Sete adaptacións de importancia saltan á vista nos cabalos modernos:
-
O alongamento do cranio anterior aos ollos, consecuencia dos seus hábitos alimenticios. Unha cabeza longa permítelle chegar ao chan sen necesidade de alargar moito o pescozo.
-
A diastema ou espazo que existe entre os incisivos e a batería de premolares e molares. Este espazo é o que o home usa para pór o bocado con que manexa ao animal.
-
Os dentes moi longos do tipo hipsidonte, que continúan crecendo durante a vida do animal e que en adaptación á comida abrasiva están provistas de liñas de esmalte sobre unha matriz de dentina.
-
A disposición de todos os díxitos, excepto o terceiro e os rudimentos dos metacarpianos e metatarsianos do segundo e terceiro díxito que quedan como estiletes na parte de arriba.
-
A modificación do metatarsiano e metacarpiano do terceiro díxito que se converten nun óso groso e poderoso, a cana.
-
O forte ligamento que se orixina na parte posterior da cana e esténdese até os ósos sesamoideos formando unha especie de polea na rexión do menudillo.
-
Outros ligamentos conectan os ósos sesamoideos coas falanxes da pezuña, formando todos eles por un mecanismo elástico que fai que a pezuña entre en tensión (de flexión) cando esta en o chan e tenda a impulsar ao animal cara á fronte.
As radiacións adaptativas que deron orixe ao cabalo moderno que acabamos de describir incluíron, pois, os seguintes cambios: a) O alongamento do cranio desde curto e de tamaño convencional até o alargado do presente; b) A aparición da diastema; c) O alongamento dos dentes e o desenvolvemento do patrón de esmalte e dentina que existen no cabalo moderno; d) O aumento de tamaño e unha maior complexidade do cerebro; e) A modificación dunha pata con tres dedos en animais digitígrados, a unha dun só dedo e unguligrado; f) a evolución da cana e o menudillo.
O seguinte vídeo explica perfectamente a evolucion do cabalo. É recomendable velo.
Como se viu, un dos elementos esenciais no progreso dos cabalos foi a evolución dos hábitos alimentarios. Existían dous tipos os ramoneadotes, que habitaban o bosque e do mesmo xeito que os cervos alimentábanse de follas e poliñas da vexetación arbustiva; e os pacedores, que pastaban nas pradarías e alimentábanse das herbas máis duras e abrasivas. En adaptación a estes hábitos, os dentes dos pacedores eran máis altos e máis resistentes á abrasión, o pescozo e a cabeza máis longos (para alcanzar o chan), os músculos da masticación diferentes, e as patas eran mais longas e sufriran considerables modificacións nestes animais, cuxa defensa consistía, principalmente en escapar correndo. No oligoceno tardío e o mioceno temperán, os pacedores parecen dominar e a fins do terciario, todas as especies ramoneadotas extinguíronse.
¿Despois de ver este vídeo que vos parece a evolución do cabalo?
Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10